mércores, 29 de abril de 2020

🌈🎨🖌A incrible PINTURA QUE MEDRA🖌🎨🌈MÉRCORES DA CIENCIA 9

Como xa é mércores, non nos esquecemos de facer un experimento novo, e xa levamos 9 seguidos!!!
Nesta volta imos intentar un dunha pintura que "medra". 
O primeiro, coma sempre, buscar e colocar os ingredientes. Seguro que os tes todos na cociña...



Pouca cousa, verdade? Pois lembrade que ademáis precisamos uns vasiños, bolsiñas plásticas ou botes pequenos para mesturar as cores e un papel ou cartón que COLLA NO MICROONDAS!!!
O proceso que vai ter lugar é unha FERMENTACIÓN.
Ai, menudo palabro, pero iso que é?
 FERMENTACIÓN  é unha reacción química, un proceso químico no que as moléculas se descompoñen noutras máis sinxelas. Para facer iso no noso experimento nos imos utilizar LÉVEDO ou fermento.

Pois sabido isto, as mans á masa, que o proceso e moi sinxelo:



Sabes contar ata trinta 3️⃣0️⃣? Pois claro que sí, asi que podes contalos ao ritmo que 
 marca o microondas.
👀 Ollo, que se pos moita masa igual precisas ata 45 segundos 4️⃣5️⃣⏱⏳
Tamen podes meter as pinturas mesturadas en bolsas plásticas como o fai o cativo do blogue



Queres ver como queda? Pos bota un olliño a estas imaxes. 
OS RESULTADOS SON FABULOSOS!!



Ánimo, que estamos agardando  ver as túas obras de arte!!!
Sabes que para non esquecer o que fixeches podes completar esta folla de rexistro en calquera das súas versións ou na túa propia...e poñendo detrás o nome dos que o fixestes e o que che resultou máis salientable.




Se che queda ratiño aínda podes  crear a túa obra de arte nun verdadeiro museo:🎨🖌🌈
 A TATE GALLERY de Londres ( Sí,claro, de onde ven Monkey)
Podes xogar dende o ordenador, o móbil ou a tablet. E suuuuperchula!!!


Mira atentamente esta obra de arte che lembra a alguén...😂😂

Se queres ver máis aplicacións de Museos, para xogar o para facer visitas virtuais non esquezas pasar polo blogue PINTUREIRO que tamén é noso. E a gozar do Arte!!


Iso sí, non esquezas pasar polo PADLET para recoller algunha suxestión mais. 
Ánimo e a pintar a vida de cores!!🎨🖌🌈





Ningún comentario:

Publicar un comentario