martes, 31 de marzo de 2020

ESTE MES XA VAI FORA!!✔📆🌈

Adeus mes de Marzo!!📆👋 
Non dubidamos que este mes foi moi especial. Pasaron cousas que NUNCA pasaran. Historia vanlle chamar cando sexades maiores.
Ademáis servíunos para aprender a traballar dende casa tódolos días un anaquiño, non sí? Hoxe para celebralo traemos cousas supercoloridas e divertidas, alguhas casi "máxicas". Comezamos:



Hoxe tiñamos English e Mate co método ABN. Pero ademáis aproveitamos para dar cor e esperanza cunha chea de cancións, arcos da vella, flores e bolboretas que é unha toda unha locura!!  Visitaranos un amigo superespecial que temos na clase e podremos dibuxar, colorear e pensar un anaquiño..
Especialmente recomendado o xogo 71. Vaite chiflar, espero.
Atoparás todo recollido no PADLET. 
Hoxe a cor e ROSA, como moitísimas das flores que están empezando a saír no campo, a que sí?





luns, 30 de marzo de 2020

EMPEZAMOS A SEMANA A TOPE DE PRIMAVERA!!🌻🌿🌱

Chegou o Luns cargadiño de cousas divertidas. 
E que así é PRIMAVERA, rebuldeira e divertida.
 Vede que preciosa nola debuxou Mario G. É Un artistazo!! Cómo se nota que é d@s Cadradiñ@s!!
Preme nas flores e verás que SORPRESA !!!
Neste LUNS as propostas son moi primaverais e variadas: laberintos, contos, bailes e matemáticas. Ah, e xogos, claro está! Atoparás todo recollido no PADLET. 
Hoxe a cor e BRANCA, como as follas de papel antes de enchelas de cousas interesantes. 
A que che lembra ao conto do punto😉que vimos o venres?



Neste tempo no que non podemos ir visitar @s av@s e en case tódolos puntos do planeta temos que QUEDAR na casa, escollemos esta versión do conto das FABAS MÁXICAS. Tenta achegarnos un chisquiño a tod@ a xente de preto e de lonxe que está coma nós, e tamén @s nos@s maiores.
(Este é o conto da actividade 60 do PADLET)



Se queredes pintar podedes ir cara a páxina onde teñes debuxos para colorear premendo na imaxe en blanco e negro.


preme na imaxe
Falando de FABAS, hoxe imos plantar unha semente no BLOGUE, unha nova LAPELA (pestana) na cabeceira.
Está adicada á nova experiencia con FABAS


 que queremos levar a cabo contigo. Vai quedar sempre na parte de arriba así que se queres consultar as novidades só tes que premer nela.

Preme no debuxo para ir á páxina.
Leva dentro unha ficha de rexistro da experiencia.  Queremos ir completándoas coa túa axuda.

venres, 27 de marzo de 2020

2º SEMANA XA, E O FACEDES DE MARABILLA!!🌈💖

Decide que sí, que neste semana o fixechedes de marabilla!!🤗
Todos os días con tantos traballiños!!



Este venres nos deixa unha chea de cousas para facer se tedes tempo e ganas. Están, como sempre, no

Desta volta a cor do día é AZUL, por que hoxe hai moitas actividades relacionadas coa auga, a que xa o imaxinabas?


Podes premer na imaxe para entrar ou darlle ao botón superior da lapela esquerda


Aquí  queda o RECOPILATORIO desta actividades da semana. Xa sabedes que está en orde inversa (as novidades enriba).
 Podedes usar os enlaces que están dentro o ir ao lateral esquerdo e disfrutar en formato total o PADLET.




Unha última recomendación!!

Pasádevos polo Blogue  " O MUNDO ENTEIRO"  ten unha entrada que vos pode chiflar. Está pensada para vela con calma na fin de semana e facer algunha das súas recomendacións.
O Coronavirus🦠non é un príncipe (nin unha princesa)  
Xa sabedes que podedes curiosear nos demáis blogues do CRA e enviar vosas actividades a:

cadrado19@gmail.com

🤗💖🌈

xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES EN PRIMAVERA!! 🌞🌻🌿🌱

Un minutiño...Xa é xoves? 
E con sol?🌞 Incríble!
Hoxe temos unha chea de recursos que compartir. Comezamos?


O primeiro felicitarvos a tod@s os que fixeches onte o experimento


Sairon moi guai!!Grazas por compartilas!!💖

Se queredes velas máis paseniñamente podedes premer nelas. Levarante ata a entrada do experimento⚗💧 que é onde están metidas.

Tamén podedes ver o experimento con Pementa que fixeron na casa de Sabela. Está total!!
Preme na foto
Hoxe falamos da Primavera, lembramos o saúdo ao sol que coñecíamos. VISITAMOS OS BLOGUES de Orientación, Audición e Linguaxe e Biblioteca. Así que podes ler uns contos, facer unha ficha e  xogar online coas estacións.
 Casi nada!!

Para facer todo iso tedes que pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é LILA 
Esta é a flor que se chama LILA

a cor que ás veces confundimos coa VIOLETA
Esta flor chámase VIOLETA
A que xa o sabías?




mércores, 25 de marzo de 2020

🌈🖍✏BOLSA ANTIFUGAS✏🖍🌈MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪Experimento 5

Boas a tod@s!!
Hoxe é mércores e nesta ocasión non podemos estar na escola facendo o experimento. É un experimento sinxelo e con poucos ingredientes. Vos animades a facelo na casa cos maiores??
 É unha bolsa ANTIFUGAS!!
Se o facedes con coidado vai ser un ÉXITAZO, pero se non...molla un pouco!!
O máis importante é que os lápices estean BEN AFIADOS e sexan REDONDOS!! E que este experimento vai de SUPERMOLÉCULAS E POLÍMEROS. Cousa de maxia, perece, pero xa sabedes que é ciencia. As SUPERMOLÉCULAS  non se rompen, se separan e tentan xuntarse outra vez.


Molécula
PREME NESTA MOLÉCULA PARA QUE CHO EXPLIQUEN MELLOR

Imos a experimentar, vale? Pide axuda a un maior antes de nada.
Queres ver como se fai?
Preparade a bañeira ou a tina e mans á obra!!


Neste vídeo volo explican máis curtiño



Cando rematedes podedes probar a quitar os lápices amodiño para regar as macetas ou as plantas do xardín se é o caso. 🌿🌻🌿🌱
Tamén podedes investigar pola vosa conta: paliños de brochetas, pauiños de comida chinesa, poñerlle colorante, purpurina, peixes ou pequenos animais de plástico. A onde vos leve a imaxinación...

E logo A RECOLLER E SECAR TODO!⚗🧪💧🌊!

Que tal se quitades fotos para compartilas connosco?
Mandadeas ao correo cadrado19@gmail.com e as subiremos.

Aquí queda a ficha para apuntar o que fixemos. Non esquezas debuxar diante o que pasou na bolsa. Detrás debuxa o que fixeches e con quen. Estamos desexando velo!!


Xa podemos ver as fotos dos experiementos que mandáchedes.  Mirade que ben lle saíron a Sabela e a Aroa. 
CHULÍSIMO!!
Son todas unhas CIENTÍFICAS !⚗🔬🧡

Vede que ben lle quedou a Mario. Cantísimos bolis!! A bolsa case que parece un ourizo...




Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é AMARELO, a cor preferida de moitos da clase, a que xa o sabías?


GRAZAS POLO COMENTARIO no blogue, AROA!🤗💖

martes, 24 de marzo de 2020

MARTESmáticas e máis 🐰🧮

Como hoxe é martes temos moito ENGLISH que ver e moitas MATES que practicar. 


Xa están subidas as actividades que vos propoñemos hoxe. 
Acción, contos e moitos xogos, pero con sentidiño🤗
Xa sabedes: 
Tedes preparadas algunhas cousas novas no PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é verde, a cor esperanza, a que xa o sabías?

Podes premer na imaxe para entrar ou darlle ao botón superior da lapela esquerda

luns, 23 de marzo de 2020

COMEZA A SEMANA!!🌈❤

Comeza a semana. Nesta ocasión imos comezar con bo ritmo, xa veredes. Este é o temario de hoxe.


Tedes preparadas algunhas cousas novas no PADLET NON PERDAS O RITMO.
A cor deste luns é o BLANCO.
Ogallá che guste!!

Podes premer na imaxe para entrar ou darlle ao botón superior da lapela esquerda

venres, 20 de marzo de 2020

1ª SEMANA. SEN FALLO 💛🌈!!

Ola!! Cómo imos?
Esta semana pasaron cousas extraordinarias no mundo. E na nosa escola naceu un novo modo de "COLE" e un PADLET moi chusquiño: NON PERDAS O RITMO!! onde subimos cada día actividades.
Ollo, sin estrés, que hai tempo...

Este é o RECOPILATORIO desta actividades da semana. Esta en orde inversa (as novidades enriba). Podedes usar os enlaces que están dentro o ir ao lateral esquerdo e disfrutar en formato total o PADLET.




     Van enlaces a blogues doutros profes e a outros blogues do CRA que levamos dende TICS. Podedes usar os que quierades pero NON PRECISADES USALO TODO.

  Vos recomendo que botedes un olliño especial a esa entrada do PINTUREIRO
que de seguro vos vai dar moitas horas de diversión e ata podedes interactuar coas vosas caras no mundo que creedees!!


 Encantaríanos que nos comentásedes nas entradas, así saberíamos se as vedes. Se non tamén podedes enviarnos correos ás titoras, xa sabedes que serán moi ben recibidos.

mércores, 18 de marzo de 2020

💧🧼VIVA O XABÓN !! 🧼💧Mércores da Ciencia 4º experimento

Este mércores da Ciencia ven unha semana retrasado, pero foi un experimento moi especial .
Falamos de tensión superficial e de un poco de limpeza. Bonito, moi sinxelo e moi ilustrativo.
Vos animádes a facelo nas casas?

INGREDIENTES:
leite
colorante
bastonciños
xabón
Falamos da TENSIÓN SUPERFICIAL e cómo os compoñentes dun líquido están máis "apretados" na superficie. Por iso algúns animais, como os insectos ZAPATEROS o ZANCUDOS flotan camiñando sobre os ríos.


Non perdamos o fío e imos cara o noso experimento:
   Coloreamos o leite un pouquiño...


E usando o xabón nos dispuxemos a rachar esa capa invisible de forza...


 Chulísimo!!

Quedounos un leite "estrelado"

Queres vernos facéndoo paso a paso? Pois aquí vai o vídeo....


 E como non!! Fixemos a ficha de lembranza da ocasión.

Se queredes podedes imprimilo e usalo se o fagades na casa.

Relacionadísimo con este experimento está un para explicar a importancia de lavalas máns na contención do coronavirus. 
Podes botarlle unha ollada no

Aquí queda un adelanto. Cambiamos a pementa por virus e ...VOILÁ!!



E aquí tedes un experimento feito na casa.
Sabela vai ser unha estupenda científica!!!⚗🔬💖



E agora o turno de Mario, que comparte a experiencia como un reporteiro profesional!!



Moitas grazas ós dous por compartilo!! 💛🧡🌈

luns, 16 de marzo de 2020

ENTROIDO a toda cor!!! Guísamo 2020

Con tanto experimento casi olvidamos subir a entrada dunha festa fabulosa: o ENTROIDO.
Este ano estivo adicado ós animais, así que os mandados foron nesa liña:


Así de lucidiño foi o primeiro día, o luns:

Os rabechos chegaron á escola o martes:


O mércores engadimos as ás:


O xoves completamos o conxunto animal cos pezuños variados...


Saíronos animais a mar de sorprendentes, con nomes dificilísimos de pronunciar, e  mesmo de debuxar, pero o moi divertidos.
Na PDI usamos un xogo onde crear animais mesturando anacos doutros e quedaron graciosísismos!! 
Por se queredes xogar a crear animais aquí vos queda o enlace, ainda que sempre o podedes atopar no PADLET PLANETA ANIMAL.


 Por fin chegou o Venres, que foi o día de Gala!!
Xa tod@s puidemos vir co disfraz que máis nos apeteceu. Vede os resultados.
Festa rachada!!!
 Posamos de xeito individual...



E tamén agrupados. Aquí esta a "animalada" completa:


Superherois


O que quixo posar no equipo do "medo" 
e tooood@s @s persoaxes de conto...


Xunt@s somos un montón!!!


  Tanta cousa xa da fame. Compartimos a superlambonadas de Entroido que enviaron as familias . DELICIOSAS!!!!
Grazas por participar coas vosas achegas, Cadradiñ@s!!!


Queredes ver o ben que o pasamos? Pois este vídeo vos pode dar unha idea ...




E é que o ENTROIDO encántanos a tod@s!!!