Amosando publicacións coa etiqueta Letra R. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letra R. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

🖍📕💟 R-R-RICARDO CARVALHO CALERO💟📕🖍

Hoxe temos que falar de un home moi especial e dun día moi importante no ano.
Ese día é o DIA DAS LETRAS GALEGAS; e o home era RICARDO CARVALHO CALERO, todo un escritor, profe, avogado e filólogo.
E aquí volo presento, listo para que o coñezades:


Para lembrarte ben podes facer este crebacabezas. Ten pouca pezas, pero está un pouco deslabazado. Seguro que tí o amañas nun pis pas.




RICARDO naceu en FERROL. na provincia de A CORUÑA, moi preto de BERGONDO, onde está a nosa escola,  o podedes ver no mapa. E morreu de moi velliño an SANTIAGO DE COMPOSTELA , que tamén está na provincia de  A CORUÑA. Seguro que fuches a moitos deses sitios.



Se queres aprender cousas sobre él , podes premer nas fotos de abaixo e levarante ata uns LIM  con moitas actividades. O primeiro é máis doado. Anísmaste a facer os dous?




 Tes moitas máis cousas neste enlace. Chulísimo.

Propóñoche que mires  esta poesía de  RICARDO CARVALHO CALERO
Presta moita atencion que saen os nomes de moitos animais. Serás que de resolver a ficha?
Xa sabes, a podes facer online ou a podes imprimir e resolvela. Detrás poderías debuxar os animais que salen na Alborada. 😉

Alborada das pitas, an interactive worksheet by cadrado19 
liveworksheets.com

Agora que xa sabes tanto fai algo de memoria.😉📕🌈


Porfa, TES QUE IR á entrada da BIBLIOTECA.
Tod@s @s profes do CRA vos deixamos un agasallo para escoitar. Ogallá te guste.


Non esquezas pasar polo PADLET.



FELIZ 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!


xoves, 14 de maio de 2020

🌿🌍♻ R-R-Reciclamos ♻🌍🌿

Nesta entrada hai moita -R- a que sí?  E é que o -R- ten moitíiiisimo que ver co coidado da Natureza. Xa o verás se sigues lendo.


Espera que o propio planeta cho conta:



Cambiar o mundo é cousa de nen@s!! Claro que sí. En iso estamos, intentando mellorar o que poidamos.  Pero igual antes de poñernos mans á obra estaste a pregunta qué é o que lle está a ocorrir ao Planeta?
Atentísim@ a este conto e axiña o saberás.


Cantísimas cousas podemos facer para calmar os "picores" do Planeta. Nos xa empezamos onte a coidalo un pouquiño máis RECICLANDO papel, vos acordades?
Que máis cousas nos dín no conto que podemos facer para axudar? Porque non hai cousa que @s Cadradiñ@s nos guste máis que botar unha man e aprender, verdade?
Pois seguro que sabes resolver esta ficha para botarlle unha man. Podes facela de xeito interactivo e aforras papel ou podes imprimila aproveitando o papel para poder escribir e debuxar as túas propias ideas de reciclaxe detrás.


Incrible canto podemos facer xa!! E se empezamos limpando o parque entre todos? Así cando poidamos xogar nel  xa estará recollido e listo para se usar.




Pero un minutiño. Aínda non falamos nada do -R- .Botémoslle un ollo á letra -R- antes e nada, para saber cómo usala:

Este mono e total!! Sabe de todas as letras, ou bueno, estáas aprendendo.
  Repasemos nós  un pouquiño iso do R e dos animais que tanto nos gusta. Lembra que a ficha a podes facer en rede ou imprimir, facela e debuxar detrás tres animais con R . Ou todo. Ti escolles.
O R, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com

Antes de te ir escoita que canción tan marchosa para aprender a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR!! Dache moitas pistas para facer ben as cousas e ademáis non poderás parar de bailar!!!


Iso sí, non esquezas pasar polo PADLET!!

Con actividades dende a 249 ata a 255.