Amosando publicacións coa etiqueta ANIMAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMAIS. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2020

🌊 🏖🦶🏼 DESCALCIÑ@ POLA AREA 🦶🏽🏖🌊

 Sabes que é o que segue despois do estribillo da RIANXEIRA?
 Unha parte que di ...🎵 descalciña pola area parece unha rianxeira🎵 
É que, claro, a nós iso de ir descalz@s pola area vainos moito. Pero non só a nós... Unha chea de animais viven agochados na area ou nas rochas das praias. A cantos destes coñeces?

Agora, sacude axiña as areas das mans e fai este crebacabezas. Cantos animais saen nel?


Algúns xa os coñeces, algúns xa os comeches, pero sabes dicir o seu nome? Axúdoche con esta ficha interativa. Primeiro preme nos animais para escoitar os seus nomes para, despois os colocas e os copias. Pon teu nome para firmar. E listo!!





Agora que os coñeces tan ben, proba a contalos todos... Igual falta algún. Terás que debuxalo para completar. OLLO, non esquezas debuxar un de cada tipo pola parte de atrás da folla. Que tal se os debuxas na area e nas rochas? Encantaralles.


Queres velos en acción? Aquí veñes un dos novos amigos que xa coñeces a algúns máis que viven polas areas dos océanos.Como:

Algunhas Estrelas de mar

os cangrexo e ourizos de mar


cangrexos araña xigantes


Non quererás colorear estes amigos? É que estes OCTONAUTAS nos aprenden tantas cousas que merecen quedar retratados nun cuadro. Non esquezas debuxalos por tí mesm@ na parte traseira ou por diante, como ti prefiras.


Esta claro que a area ten milleiros de posibilidades, serve para pisar, vivir, e XOGAR claro!!!! Mira ben, quen anda por ahí? Unhas Esculturas de area de verdadeiro concurso. Queres ver algunhas das mellores do mundo?? Bota unha ollada premendo na foto destes persoaxes tan famosos.


Preparad@ para facer os teu propios xogos? O do cubo e da pala esta xenial para a praia, pero porpóñocre tre xogos distintos: 
O primeiro é unha mesa de area. Supersinxela. Haina de mil tipos e falta aínda por inventar o teu. Nel poderás debuxar as veces que queira, copiar ou crear. Verás. 

Xa sabes para ir ó sitio preme na imaxe.



 O podes pasar xenial poñendo todos os nomes que coñeces. Logo só haille que pasar unha regra ou cartón recto. E coma nova!! 

A segunda actividade é a AREA DE CORES, que ten un pouquiño de trampa, a verdade, porque a facemos con sal e xiz. Supersinxelo, pero NON A PODES COMER. O xiz non se pode comer nin chupar. Non o esquezas.

Frascos decorativos de tiza y sal - VIX
foto de https://www.vix.com/es/imj/hogar/5788/frascos-decorativos-de-tiza-y-sal

 Supersinxelísimo. Pos papeis de periódico, sal e frotas o xiz da cor que queiras contra o sal.

Claro que se falamos de AREA non nos podiamos esquencer da marabillosa aplicación que tantíiiiiisimo nos gusta. A terceira actividade é este XOGO NA INTERNET que @s cadradiñ@s adoramos facer isas figuras de area co seu suave son...reláxanos máis que o ioga!!! Preme na imaxe e a disfrutar...

E non esquezas pasar polo PADLET:
da 408 ata a 414


venres, 5 de xuño de 2020

🌱🌿🌍🐾BIODIVERSIDADE🐾🌍🌿🌱Dia do Medio Ambiente


Por fin chega o día do Medio ambiente. Este ano está adicado á BIODIVERSIDADE. Outra das palabras longas e interesantísimas que tanto nos gustan @s Cadrad@s. Mira cantísimas letras leva. Serás quen de contalas? Comeza pola Balea🐋Ollo que van a toda velocidade...




Sí, claro, son 1️⃣4️⃣ Un dos números "chulitos", eses que teñen o nome diferente. E agora que vexo que xa tes a mente a pleno  rendemento, imos acelerala cun...CREBACABEZAS. Non é nada doado de facer. Atención total!!😉👀


Se xa o tes listo podes comezar a aprender maís cousas do noso planeta. Lembras co que eran os ECOSISTEMAS?  Un ECOSISTEMA é un conxuto de cousas: un espazo físico grande ou pequeno: charcha, polo, praia, deserto e os animais e plantas que viven nel. Podes velo na entrada anterior premendo AQUI:

🌿🌍SEMANA DO MEDIO AMBIENTE🌍🌿



E agora voltamos á pregunta. Pero que e iso da BIODIVERSIDADE?


A UNESCO é a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. A UNESCO trata de lograr e manter a  PAZ mediante a cooperación de todos os paises do mundo en materia de educación, ciencia e cultura.

El@s son @s que fixeron este vídeo sobre BIODIVERSIDADE. A explica fenomenal.




Así que a BIODIVERSIDADE son todas as plantas e animais que viven na terra. Cada unha no seu hábitat. Este hábitat é o seu fogar. Pero que ocorre se quitamos un animal do seu fogar? Ti pensas que é boa idea? Mira os que lle pasa a estes animais e logo xa dirás.
Se tes por ahí unha máscara de león🦁, mono🐵 ou elefante🐘 é o momento de usala.



Ai, claro, e que coma na casiña en ningures, verdade? E se eres animal, tamén.
Lembras que é o que lle pasaba ós animais do conto? Seguro!! Entón xa podes facer esta ficha interactiva.

BIODIVERSIDADE Conto, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Se prefires que sexa impresa, escolle este modelo. Nesta pode colorear ti. Non esquezas de debuxar o conto por detrás..

Se queres ir á paxina onde se atopa  o conto preme na imaxe de abaixo:




E por último, bótalle unha ollada a este vídeo adicado ó día de hoxe. Quen podes ser ti, o gatiño ou o home da cidade?




 Menos mal que nós estamos xa moi concied@s coa Natureza. Coidamos o planeta dende vai mooooito tempo, verdade, Cadradiñ@s? E cantísimas cousas se nos ocorren para poder seguir facéndoo!!

Déixovos este enlace de xogos de animais, que xa o coñecedes, porque o usamos na clase e ás veces e no blogue tamén. Pero hoxe, con esto da BIODIVERSIDADE vennos xenial para lembrarnos de todos animais que xa coñecemos e máis.



E como xa sabes tanto de animais, que che parece contar algúns? Sei que agunh@s de vós sodes moi amigos das fichas. Na imaxe de abaixo tes unha chea de fichas de números con animais. Preme e poderás descargalas e imprimilas. Para cando ti queras!! Duraránche o verán!!  😉😍
 Non esquezas pasar polo PADLET 
dende a 360 ata a 367

xoves, 4 de xuño de 2020

🌿🌍SEMANA DO MEDIO AMBIENTE🌍🌿

Ainda que somentes quedan dous días da semana queremos celebrar a SEMANA do MEDIO AMBIENTE. Mañá será o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e estará adicado á BIODIVERSIDADE. Que palabras máis longas e novas, verdade? Non te preocupes que imos amodiño estes dous días para que non  perdas nada...


Comezamos? Claro, arrancamos co crebacabezas...


Un dos obxectivos principais deste DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE é motivar ás personas para que nos convirtamos en axentes activos do coidado do planeta e cooperemos para que isto suceda. É dicir; para ser GUARDIAN/@S do  MEDIO AMBIENTE. Nos xa o somos dende vai unhas semanas, lembras a canción?


Pero aínda que sabemos máis  e estamos deispostos a traballar o planeta é moi grande, grandísimo. Como facer para coidalo enteiro? Non haberá xeito de organizarnos un pouco máis? Bueno, comezamos falando  ECOSISTEMAS. A ver, cómo é iso...



Ou sexa que un ECOSISTEMA é un conxuto de cousas: un espazo físico grande ou pequeno: charcha, polo, praia, deserto e os animais e plantas que viven nel. 


Incrible!! O PLANETA TERRA é o ECOSISTEMA máis enorme que se coñece. Que marabilla!!Seguro que esta ficha a sabes facer


 Mira cantísimos tipos de ECOSISTEMA pequenos temos no PLANETA TERRA.



Serás que de desenvolver este xogo? Tedes que ler a palabra se non che sae non dubides en pedir axuda.



FABULOSO!! E este crebacabezas  de ecosistemas, cómo o ves?
Existe 4 tipos principais de ECOSISTEMAS . 

Os que teñen que ver coa AUGA e teñen que ver cos océanos, mares... chámanse 


fíxate ben: quen vive ahí? 




Os que teñen que ver coa terra chámanse...


e estes son algúns dos seus animais. Ainda que se nos colou un que vivie máis na auga que na terra. Saberías cal é?




Pois claro, é o CROCODILO!!! Cal será entón o seu ecosistema. Poi o que ven a continuación: 

Os que andan entre lusco e fusco; entre auga e terra son os chamados:

E os que nacen feitos pola man das mulleres e dos homes son os:

Alí viven unha chea de animais que xa coñecemos, verdade? A ver se adiviñas cales...


Se queres aprender moito máis podes buscar no blogue superchulo chamado ECOLOGÍA VERDE
  
Levas moito sen cantar? Eso hai que amañalo!! Escoita este Himno ó medio ambiente tan axeitado para estes días...



Antes de irte, que tal un xogo?
Este é de agudeza visual. Pensa a modo cal é diferente das cousas que che saen no vídeo. Ten moi OLLIÑO!!👀😉


Queda aquí un xogo para aprender os nomes de animais en varios idiomas. E tí, cantos sabes xa?


Non esquezas pasar polo PADLET.
do 353 ata o 359



martes, 2 de xuño de 2020

🐞🌿 Maratón de XOANIÑAS 🐞🌿


Ó parecer estas xoaniñas viñeron para se quedar. E é que teñen ese lunares tan redondiños que non poden ser máis axeitadas para un maratón matemático. Anímaste a ir a por toda nesta "olimpiada de xoaniñas"?...

Ese crebacabezas, marchando, que imos entrenando a mente..

Moita forza e empezamos. Que o X che acompañe...


 A primeira actividade é moi sinxela. Só tes que debuxar tantas xoaniñas como che pidan. Destas xa fixeches varias. Non te vas a confundir, xa verás:

Ai, o número 6   non é tan doado, verdade? Ás veces nos engañamos e o poñemos mirando cara ó outro lado. Non te preocupes, lembra que é dos poucos que vai  cara a man onde agarras a folla.A non ser que sexas zurd@!! Que che parece se o repasas nesta ficha e de paso fas grupos de 6 xoaniñas? Ollo que igual che sobra algunha...




Axúdanos a atopar as que son iguais, que aquí haiche moito lío:


   Esta serie non é tan sinxela como che pode parecer. Ollo!! 👀


Antes de iros un recopilatorio das mellores facianas da nosa amiga xoaniña que sempre fai das súas...


 Non te vaias sen xogar un anaquiño. Este xogo online da xoaniña é moi chulo e ben sinxelo. Preme na imaxe para xogar. Se queres unhas INSTRUCCIÓNS moi ban feitiñas preme  AQUI.


Aquí hai outro xogo en rede, pero este é de investigación. Canto sabes tí de bechos?


 E por se chove pola tarde, unha xoaniña moi especial que igual xa coñecías, non?
 É miragrosa, ou eso dín, haha...


Ou podes xogar a este BINGO moi chulo que ten ata o número 30. Está na páxina de Orientación Andújar. Preme na XOANIÑA para descargar o PDF e imprimir. Só tes que recortar e a PASALO en grande!! ( Leva tamén as fichas ) 


Non esquezas pasar polo PADLET!!
da 339 a 345

luns, 1 de xuño de 2020

🐞🌊🍧 XA en XUÑO 🍧🌊🐞


Novo mes e nova semana. Esto vai de estrea total!!
Xa estamos en -X-UÑO, que van sempre con moita ilusión,sardñas, praia e celebracións de todo tipo. 


Pois empezamos con bo pe e preparando a mente con ese crebacabezas. Ollo que xa non é tan doado, ou para ti sí?



Outra cousa que nos trae XUÑO é unhas letras superespeciais. Imos empezar por esa que usamos para tachar ou riscar: o -X-. A letra misteriosa. Aquí encántanos esta letra, por que pode xirar sobre sí mesma e dar voltas, poñerse patas abaixo e sempre se pode ler igual. Que cousa máis especial, verdade?




En galego chamamos a moitas cousas con nomes que comezan por -X- e soan superdivertidas, verás como as coñeces:

 Serás quen de resolver esta ficha interactiva ? 

A letra X, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Mira de cantos xeitos o podes atopar escrito.

E aquí, cantas podes atopar?

 Seguro que xa sabes copiar os nomes destas palabras sin problema. Despois debúxaos detrás e intenta poñerlles os nomes.. Di amodiño cada unha e che será máis doado de facer.  Non pasa nada se non che saen todas as letras. A tod@s nos ocorre de cando en vez.


Non todo vai ser traballar, así que é momento de escoitar este conto da XOANIÑA ROSMONA de Eric Clarle que tan divertido é:


Estas xoaniñas como son cando se poñen, a que sí?  Ás veces a nós tamén nos pasa. E ti, cando rosmas? Podes decuxarte ou poñer a tua cara enriba da do cadradiño e escribir-con axuda- o que che fai rosmar.

o faino nesta ficha que che cabe mellor...

Teño por aquí unha canción con baile dunha creadora da que xa coñecedes moitas cousas e cancións que vos aprendeu a profe María., chámase SUSA HERRERA. Propóñovos escoitar esta que vai sobre unha Xoaniña moi salerosa.


Se queres facer a túa propia xoaniña para aumentar esa colección de animais de manualidades que tes podes escoller unha destas, duas, ou todas. Hainas de comer, de reciclaxe, de reutilización...Son chulas, chulas...



E antes de nos marchar aproveito para lembrarvos a esta xoaniña que viamos de cando en vez na clase e que sempre nos fai tantísima graza. Acórdaste dela? SEGUROOOO!!


E non esquezas pasar polo PADLET, que xa sabes que algo máis haberá...
dende a 332 ata a 338


venres, 29 de maio de 2020

🐵🦓🦁Ata pronto ÁFRICA🐘🦒🐍Ola letra K


Mágoa que xa remate a semana de África.  Aínda temos tanto que aprender... 
Alí viven unha chea de animais están desexando coñecervos. Aquí viñeron algúns deles para darnos a Benvida e a despedida á vez!! Coñécelos todos?


Tenta facer este crebacabezas para empezar a entrenar o caletre 😉💕



Mira que contentos están que che veñen animar con esta canción. Titúlase "HAKUNA MATATA", pero non é a que xa coñeces, verás:


Se queres saber máis destse animais podes premer o vídeo de abaixo. Verás como coñeces unha chea deles!!

Unha cousa que ás veces sorprende e ver que nese continente tamén teñen animais como os que temos aquí, como por exemplo galiñas e galos. E cómo canta alí o galo? Pois decindo KOKOLEKKO!!! como nesta canción, da que fixen un vídeo vai tempo. Queres escoitala?


Pero que letra e esa pola que comeza  KOKOLEOKO e está ata tres veces nesa palabra?


En galego non existe, é unha letra de lonxe, e se chama K. Na nosa clase ninguén a leva. Usámola en palabra que non propias do galego como aquela que tanta gracia vos facía cando falabamos dos POLOS. Aquelo que comían as baleas, lembrádesvos? Era o...

KRILL  !!!

Pero tamén a atopamos en cousas tan variadas como o

KIWI
e  tamén o famosísimo
KIWI
Caramba, que se escriben igual!! Sí. Pero MOITO OLLO;o animal chamado  KIWI  non é de África, está aquí de visita, coma nós. E vaise quedar escoitando estas aventuras da letra K



Que cousas lle pasan ó K, verdade? E que, bueno, os animais silvestres deben estar no seu hábitat, non atrapados. Menos mal que esa balea é de conto, se non de seguro que preferiría estar libre polos mares e mergullarse a case un quilómetro de profundidade. E comerse tres toneladas de KRILL ó día.
Aquí tedes de novo ó Mono Sílabo que vos ven cantar cousas de K. Queres escoitalo?


Agora que xa sabes tanto sobre o K. Que che parece facer unha ficha para lembralo? Mira, mira cantísimos tipos de K podes atopar. Debuxa tí dous o tres na parte traseira da ficha. E como na nosa clase non hai ninguén con K, por que non investigas se coñeces a alguén que sí a teña? Eu sí coñezo!! Houbo un Cadradiño tamén superlisto e bo debuxante que tiña a letra K no nome .Outra pista é que  empezaba por I. Aínda che dou outra más, hai un amigo na clase dos Círculos que ten o mesmo nome. A pensar!!!
 Non esquezas debuxar algun das palabras que xa vimos nas fotos ou na canción que levan K.


Vouvos presentar un león cuxo nome comeza por K, é o famoso KANDINGA. Kandinga é o protagonista dun conto popular africano que da un pouco de medo, pero é moi chulo. Serás valente dabondo para escoitalo enteiro? Seguro!!






 Boa peza este Kandinga, verdade? Así non se coidan @s amig@s!! E nós, coas ganas que temos de vel@s nestes momentos, imos ser FABULOS@S con el@s cando poidamos estar xunt@s.
Falando de amig@s, nesta ficha colóuse un amigo que non é Africano, poderías atopalo ?


O intruso na selva, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com

Que tal a fixeches? Ou prefires facela "analóxicamente" ? Agarda que cha poño aquí para que a descargues:
Tenta debuxar por detrás unha morea de Kiwis, de Kiwis e de Krill. Cantos? Pois dous animais Kiwis,  tres máis dos Kiwis de comer e catro máis de Krill. Cantos serán todos??
Xa é hora de rematar a entrada e por se queres lembrar algo de África que vimos outros días, aquí quedan os enlaces.

Déixovos unha canción para rematar esta visita por un continente tan chulísimo. SEGURÍSIMO que tooood@s vos@s familias a coñecen e vos poden contar cousas superinteresantes dela. De seguro lembran casi cada detalle, iso sí que vai ser unha batalla. Por que esto é ÁFRICA:


WAKA WAKA

E no PADLET atoparedes as actividades de hoxe.
da 321 á 331