SOMOS ARTISTAS 2012 WARHOL

Todo o que estamos a traballar con WARHOL xuntiño neste DOCUMENTO FLASH:


Free website - Powered By Wix.com

Para velo máis grande na propia páxina WIX usa o enlace premendo na foto:



E  verás OS TRABALLIÑOS FEITOS, neste GLOGSTER...





Empezamos un novo proxecto na AULA dos Cadrados; xunto coas demáis escolas escollimos un pintor para traballar sobre a súa vida e obra e poñelo en común. 
Nós imos traballar o POP ART coa figura de Andy Warhol. 

E cada día tentaremos subir a experiencia neste Blogue.
Pero o proxecto completo con recursos e xogos especiais a teredes sempre no novo blogue  PINTUREIRO.


Descubrimos moitas cousas chulas neste 
primeiro día:


Uns novos amigos dixitais


Un novo blogue e moitos pintores.



¡E mañá a explorar o poster dixital!


Na segunda sesión traballamos un pouquiño o glogster ( ese poster interactivo ) e descubrimos moitos puzzles de cuadros de pintores famosos, entroutras cousas...


Na terceira sesión convidamos a outro grupo ( Os círculos ) a ver connosco o blogue e traballamos con eles o póster .
 Aprendimos máis sobre o noso pintor.
Por certo que se portaron marabillosamente ben...








Na nosa  cuarta sesión  de Arte, aprendimos o que era a SERIGRAFÍA e vimos obras serigrafiadas. Nolo amosou un documento que fixemos:
¡Qué cousas ten o POP ART! 





Dentro de pouquiño poderemos facer nós unha, ou alomenos intentalo.


Xa levamos cinco sesións no blogue Pintureiro, e comeza a aventura de pintar. Un bo pincel, témpera, bo pulso e unha copia da famosa lata de tomate...e empeza a nosa obra de arte:






¡¡¡Xa non cabe tanta información!!!
Na sesión nº 6 tras deixar secar as latas, tivemos que recortar e decorar o mural xigante, co noso Andy "Bergondés"








Xa vai unha semana dende que naceu o PINTUREIRO, así que aproveitamos para repasar xogos no blogue e no glogster. 
E tamén comezamos a lle poñer perrucas diseñadas por nós a Andy; vede, vede...

ANDY E AS SÚAS PERRUCAS on PhotoPeach



E na sesión oitava estamos empezando a gravar o nosa propia historia de Andy Warhol. Xa pasaron polo "estudo de gravación" algúns compañeiros.