Nesta semaniña houbo moito traballo, moitas visitas e moita actividade. Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.
Tivemos a visita dos MONKEYS outra vez, pero vestidiños de Papá Noel.
Vede qué guapos estaban:
A profe COVA tamén nos trouxo uns contos moi, moi chulos aos que atenderon ata os nosos moniños favoritos.
Fixádevos a ver se os vedes na foto:
Tivemos un cumple moi desexado, o penúltimo de 5 anos, o de THEO...
¡¡¡As magdalenas de choco e crema estaban es-pec-ta-cu-la-res!!!
Antes de que se nos esqueza colocamos a foto dos encargados da semana: DANI, ALEX, CARLA e JORGE.
E no día da foto LUIZ fixo de axudante...
Traballamos moito para adornar a clase, pero aínda queremos facer máis...
A nosa árbore de bonecos de neve está feita coas pegadas dos nosos polgares e índices:
E case ao final da semana recibimos unha carta moi especial: ¡¡Incrible, os Reis magos querían falar connosco!!
E cando semellaba que xa non podían ocorrrer máis cousas emocionantes...Chegou Asun a nos visitar. Bótanos de menos e veu a desexarnos un BO NADAL.
¡Vaia sorpresa máis estupenda!, pero no foi a última...
Dende as montañas do Courel apareceu cheo de sorpresas a agasallos da Natureza o PANDINGUEIRO.
Vede qué ben o pasamos aprendendo hábitos saudables e de convivencia co contorno e a natureza...
Por último, un aviso: Vos lembramos ás familias que aínda estades en tempo de enviar as fotos da vosa árbore de Nadal para a felicitación dixital da aula. Animádevos: ¡¡Xa nos chegaron algunhas e están estupendas!!
Nesta semana tivemos novedades moi especiais, xa o veredes:
Os encargados fixeron un bo equipo, e así nolo amosan nesta foto tan chula.
El@s son JULIA, IÑAKI, MARTA e JAIRO.
O axudante o día da foto foi DANI que sempre se amosa entusiasmado cando lle toca:
A semana transcurría con traballos variados moitos deles xa están agora nas casas, seguro que alguns xa os vistes:
Pero no medio da semana ocorreron moitas cousas:
Cambiou o mes, colocáronnos as cortinas novas, comezamos a decoración de Nadal e...apareceu unha merenda riquísima da man da nai de Carla.
Trouxeron estas cousas ricas feitas por elas para compartir con tod@s.
e como agradecemento lles adicamos este recitado:
tamén tivemos outro invitado moi especial: Anxo Moure, un contacontos solidario do que podedes ver máis cousas no blogue da BIBLIOTECA. Veu ata Guísamo en PAZ-TINETE dende o Courel e contóunos un montón de contos; vede que atentos e divertidos estaban...
A profe Isa tróuxonos moitos contos. Un deles é sobre un personaxe tradicional chamado o Apalpador,
O resumo da semana daravos unha idea da MAXIA que temos no CRA de Bergondo...
Tivemos de invitado ao "Mago Antón", se queredes velo aquí vai un avance, pero haberá que esperar case ao fin da entrada para velo en acción..
O axudante o día da foto era HUGO que posa no taboeiro de axudantes da clase
Os encargados da semana foron NEREA, PAULA, ANTÓN e ARIANNA:
Os Castelos xa están rematados e, a verdade, quedaron moi, moi ben. Ollade.
As casas quedaron moi aparentes e leváronnos moito traballo. E así nos emocionamos ao amosalas.
Tivemos dous cumples; o primeiro o de
IÑAKI
Trouxo unha tarta deliciosa para compartir con todos. Ollade qué ben o pasamos:
E ao día seguinte o celebrou JAIRO, que xa empezara a festa o fin de semana coa visita a unha actuación de maxia.E unha tarta de tres chocolates, mmm...
No medio de tanta festa aínda nos deu tempo de gravar a leria de MANOLIÑO que prometeramos a semana pasada. E con coreografía e todo !!!
No taller de Mate voltou a máxia á escola.
A profe EVA amosóuno uns truquiños.
E ANTÓN foi un alumno moi aplicado, vede.
É o momento de desfrutar da actuación e dicir "ABRACADABRA"
A esta semana non fumos quen de lle sacar todo o proveito que desexabamos.
O frío, a choiva, o vento, o que quera que fose non nos deixou concentrarnos como o viñamos facendo nestes últimos tempos.
E que foi unha semana con moito movemento e pouca concentración.
Pero empezaremos polo primeiro: @s encargad@s
HUGO, LUIZ, MIRIAM E BRAIS foron os encargados dos equipos...
No primeiro día da semana facemos memoria da semana anterior "refrescando" os nosos recordos co blogue da aula.
Aproveitamos para comentar o máis destacado.
E presentar o que imos facer na semana que comeza
Nestes cinco días ademáis dos traballos de trazos, letras, lectura, mate, ... aprendemos unha leria do tempo de Outono no que estamos:
a de MANOLIÑO, que seguro que a moitos xa vola contaron...
Para a vindeira semana a saberemos tan ben que a gravaremos para que nos escoitedes.
Tamén comezamos a realizar os nosos propios castelos. Pero aínda os temos en obras...
CASTELOS NOS CADRADOS on PhotoPeach
e casas, tamén a medio construír... E que estamos dando os diversos tipos de vivenda e non damos rematado os traballos en plazo.
O encargado o día da foto foi ANTÓN:
A penúltima novidade da semana foi o CUMPLEANOS ou ANIVERSARIO de NEREA. Que xa forma parte do clube dos de 5 .
Na casa preparou unha sorpresa estupenda para todos nós, e ademáis trouxo un reportaxe da elaboración das sobremesas que preparou. Neste vídeo e co permiso da familia xuntamos as fotos coas da escola e así vemos o proceso completo. Invitámosvos a desfrutar do Cumple de Nerea.
¡¡¡ Nere, Grazas e Felicidades !!!
Tivemos unha visita moi especial: A profe ASUN veunos visitar e a pasar connosco un ratiño. Contámoslle moitas cousas e ela tamén a nós.