Pouco a pouco imos entrando nas rutinas novas do cole... O caso é vir content@s, non preocupad@s. Que cousa máis curiosa é iso das preocupacións... Pesan moito e non nos deixarían nin xogar. Que por que dicimos iso?
Lucía, a orientadora tróuxonos un conto dunha preocupación que tivera ela cando era pequena, e que recomendamos moitísimo para botarlle un ollo na casa. É de Tom Percival e a súa Editorial é SM
Axuda á preocupadísima Lucía a resolver o crebacabezas
Agarda, un minutiño, non quererás escoitar o conto?? Pois atención ó vídeo que ven agora...
O caso é que, falando, falando, descobrimos que na clase só había unha preocupación. Era unha que tiña a profe, non d@s cativ@s, porque tod@s @s cadradiñ@s din que NON TEÑEN NINGUNHA!! Pero que sorte temos...
Aínda así debuxamos na ficha unha preocupación calquera, a de Lucía mesmo...
Con pintura e paciencia foi quedando así...
Pasando os días, ós poucos, fumos descubrindo máis cousas que facer nos novos espazos da escola. Ainda que non puidemos estar tod@s porque os moquetes e as toses atacaron de novo😀.
De tódolos xeitos, podedes botarlle un olliño ó ben que o pasamos cando estamos case xuntos. Incríble!!
Vedes que ven o facemos? E por iso non temos casi preocupacións n@s Cadradiñ@s. Porque temos moito, moito sentidiño... E que nos dure!!!
Que tal se comezamos cun crebacabezas, para non perder os bos costumes?
@s Cadradiñ@s voltamos á aula e atopamos taaantas novidades que xa casi non a coñeciamos.
Con máscaras ou sen ela, os Cadradiñ@s estivemos encantad@s. Nótasenos ben. Faltaron algunhas cadradiñas, e as botamos de menos, pero a semana que ben de seguro que xa nos reunimos tod@s.
Queredes ver como vai quedando a nosa clase?
Temos tres equipos, como sempre, pero cada un de nós ten unha zona de clase SO PARA NÓS!! É sinxelo de ver se te fixas. O chan está marcado para que non nos esquezamos.
Sinalamos os sitios, as sillas, as caixas e despois de moooito lavar as mans, respectamos o sitio ata para comer.
As merendas nestas novos maletíns desinfectables parece que saben mellor e tiñamos famiña. Iso sí, antes do patio, a lavar as mans de novo. Xogamos en tres zonas diferentes, unha por equipo, que ademais hoxe fixo soliño e no patio estábase de maravilla!!
E despois do recreo.... a lavar outra vez as mans.
Un pouquiño de motricidade de dedos, que hai que volver a entenar...
Colocando o material, e debuxando cadrados pasou a mañá. Antes de irnos para casa lavamos as mans de novo.
Que vivan a auga e o xabón!! 💧🧼
Deixovos a canción de lavado de mans que mais nos gustou hoxe. Que opinades vos?
Non podía faltar nos océanos un dos animais máis comúns nos ceos deste planeta azul:
A GAIVOTA
A GAIVOTA que temos en Galicia é a GAIVOTA PATIAMARELA
Seguro que adiviñas por que...
E así se escribe nos tres idiomas que usamos no CRA:
A GAIVOTA é un AVE. Sabes o que é iso? Cóntancho aquí estupendamente:
Nesta páxina chamada PANDEANIMALES atoparás moitísimas cousas sobre as gaivotas: como son as súas crías, que comen, como é o seu carácter...
e nesta de SEO Birdlife terás aínda máis.
Ás GAIVOTAS encántalles estar en grupo; sempre están xuntas preto das praias, lagos, portos... Tamen devecen por comer calquera cousa das que comemos as persoas. Por isoNON debes darlle comida ás gaivotas: non distinguen se che sobra ou o necesitas, asi que tentarán achegarase a ti para coller máis. Ou igual invitan a algunhas amigas... It's not funny! Non che faría graza ningunha.
Non o esquezas, nada de comida...NON SON PARRULOS!!
Van tan xuntas que son difíciles de distinguir. A ver se eres quen de atopar entre todas estas as que son iguais á do modelo. Sorte!!
Aquí van 30 curiosidades máis sobre estas aves:
As GAIVOTAS actuaron en varias películas que coñeces, sabes cal é esta?
Estoutra é un pouco toleirona, verdade?
Bueno, bueno, nós sabemos as cousas un pouco mellor que esta GAIVOTA. Por exemplo, a nós dásenos estupendo o CONTEO. Propóñovos un xogo de mate para contar e repartir que ten moito que ver con este animal.
Precisas unha gaivota (se queres), que podes debuxar ou facer tí mesmo, unha oveira e ovos, tapóns, fabas, boliñas de algodón, xel ou o que queiras usar para colocar nos ocos... Só tes que tirar DOUS dados e poñer tantas unidades como che toque en sorte. Así me quedou a mín.
Podes poñer as de cada dado nunha fila e sumalas ou poñelas seguidas. Hai moitísimas posibilidades!! Se queres anotar as tiradas e resultados podes rexistralas aquí...
Queres facer a túa propia GAIVOTA? Este modelo é sinxelo, verás...O imprimes e montas como o de abaixo. Se o fas en cartolina aínda mellor.
Tamén está a posibilidade de facelo por pezas como nestas de aquí...
Se che apetece, podes IMPRIMIR unha máscara e ser ti a gaivota.
Ou coloreala online.
Antes de irnos e para facernos pensar un anaquiño, queda este conto que trata sobre axudar e ser axudad@. Que pensas que debería facer a gaivota? E o home?
Se tedes tempo invítovos a que vaiades vendo este vídeo que vos levará ata as ILLAS SISARGAS, meu sitio favorito do mundo (ou casi)💗🌍. Está en Malpica de Bergantiños. Estas illas son supersalvaxes e Zona de Especial protección para as aves (ZEPA).Por iso atoparedes milleiros de gaivotas, que forman enormes colonias. Pero non só son importantes e fermosas por iso. Botade unha ollada ó seu fondo mariño.
Un océano supervivo!!🌊💗🦀🦐🐡🐟🐙🦞🦑
Queda o PADLET para botarlle unha ollada. da 394 ata a 400
Quen se agocha no medio destas augas tan quentiñas e lonxanas?
Non teñas medo, pero son...
QUENLLAS!!!
Ánimo, se valente e resolve o crebacabezas que so están debuxadas.🦈🖍
Animaste a achegar estas quenllas unha a outra? É que isto das mates se lles da regulero.
Imos aprender cousas sobre este PEIXE.
Aquí nos contan algunhas cousiñas máis. As filas de dentes que ten, a quenlla mais enorme que existíu, como durmen...
E xa que estabas co lápis na man, que tal estes camiños para unir amig@s?
Iso si, "Punta no punto", lembras?
Serás quen de atopar as QUENLLAS iguais? Pois claro!! Váiseche dar de medo...
Non me digas que non che apetece ter o teu propio SHARK-TIBURÓN-QUENLLA? Pois claro!!! Tes aquí unha chea de modelos diferentes. Xa sabes que se premes na foto che levará á paxina coas instruccións. Con cales destes te animas?
MÁIS DE QUENLLAS
Se xa tes a túa quenlla feita podes ver algúns episodios dos OCTONAUTAS adicados a elas. Hai varios capítulos xuntos e varias quenllas diferentes. Anímaste a velos todos? Non xuntos, claro. Agora uns e nun anaco outros pouquiños.
Encántanos este conto da vella QUENLLA. O coñeces? Pois podes escoitalo aquí. É unha quenlla que parece moi abusona, pero que lle irá a ocorrer?. Escoita, escoita...aquí aparecen centos de animais do mar e todos teñen moito que aprender.
Será esta a avoa do BABY SHARK?😉🤣 Está claro que non podiamos marchar sen escoitar esta canción que lle adicamos á profe Cova que seguro que lle chifla!! E a todas as nosas familias para celebrar que xa por fin podemos saír de paseo tod@s xuntos como a familia dos SHARKs 😉🦈
Mira que ven por alí, resoprando e cantando. Son unha familia de...
Aquí as tes. É o teu turno de volver xuntalas.
As Baleas non están soas, sabes cantos animais viven baixo o mar? E incríble a cantidade deles que podemos atopar. Alguns mergúllanse quilómetros!!! Podes velo nesta páxina de abaixo. Preme na imaxe e te levará ata a páxina. Só tes que facer "scroll" coa roda do rato e baixar ata as profundidades nesta páxina.
Aqui verás varias especies mariñas. Seguro que coñeces casi todas...
Estes aínda son máis sinxelos...
Cantos deles saen na ficha de abaixo?
Un dos nosos animais mariños favoritos é a Balea supercoñecida amiga d@s Cadradiñ@s. Lembras cando vimos o vídeo no que se achegaban @s buzos? Que susto e que risa todo xunto!!Aquí o tes de novo.
Aunque para saber un pouquiño máis sobre elas, podes facer unha visita con Alex polo fondo do mar.
Aqui tes a ficha da Balea . Lembras cando a fixeches na clase? Non esquezas debuxar a túa propia.
Neste capítulo dos OCTONAUTAS ides recoñecer algunhas Balea e animais que viramos cando visitamos os polos. Vos lembrades?
Temos estas alguns animais fichas a man, queres volver facelas?
Cantísimo sabes xa de CETÁCEOS!! Queres comprobar se eres que de atopar as parellas?
No esqueas que no PADLET PLANETA ANIMAL tes moitísimas cousas máis dos aimais mariños.
Tempo de bailar un pouco. Mira se recoñeces alguén nesta canción da BALEA LOLA!! Claro, son @s Circuliños de Guísamo, bailando coa profe María!!
Antes de nos ir, que che parece se fas a túa propia balea?
Sí, son as mascotas do primeiro trimestre, que saen a saudar. Que non as lembras ben? Non pasa nada. Fai este crebacrabezas para entrenar a mente e verás que axiña estarás máis concentrad@.
Pero iso da DÍA MUNDIAL dos OCÉANOS quen o convoca?
O convocan as NACIÓNS UNIDAS, tamén chamadas ONU
Se queres saber máis sobre este organismo e o que van facer hoxe preme nas fotos:
E ti, sabes o que é un OCÉANO e que o distingue do mar ? Son o mesmo? Escoita, escoita:
Asi que OCÉANOS somentes hai 5, e tres xa os coñeciamos: ATLÁNTICO,que é onde vivimos nós , ÁRTICO que é onde vivían os osos polares e ANTÁRTICO onde o fan os pingüíns.
Só nos faltan por aprender o Pacífico e o Índico e listo!!
gif realizado con imaxes de Happy Learning
E tí, que fas polo mar? Eres coidados@ ou o deixas todo ciscado? Estás atent@ a deixar as cousas como che gusta atopalas a tí? Presta atención ao conto das Tartarugas MARVIN e TITO
Que lle pasaba a tartaruguiña TITO? Quen a liberou do perigo? Cres que debemos tirar lixo ó mar? Cómo podes facer tí para evitar que cousas como estas ocorran? Axuda a apañar as bolsas en grupos de 6 na seguinte ficha.
Pois sí, non tirar as cousas fora do seu lugar e recoller o lixo das praias, é moi boa idea. Queres ver cómo o fai este amigo. Bota un ollo.
Chulada de reciclaxe!! Outra idea chachi para coidar dos océanos é reciclar esas cousas que rematan flotando neles para facer as nosas propias TARTARUGAS ou SAPOCONCHOS. Anímaste a facer algunha destas? Pois mans á obra.
Cun plato de plástico ou de cartón: Se premes na imaxe levarate ó blogue onde teñen plantillas e todo!!
cunha cunca verde neste vídeo.
Cunha funda de ovos
A MIÑA SUPERFAVORITA por que flota e é superguai...
E se o teu é facelo con papel ou cartón, aquí tes este vídeo de como facelo e a plantilla para imprimir. é da páxina Krokotak
Como che gustaría a ti que estivesen os OCÉANOS? Podes debuxalo nesta ficha.
Agora un pouco de xogo. Non todo vai ser traballar:
Relaxémonos un anaquiño, que mañá quedamos de novo para aprender máis cousas do mar. Que tal esta sesión de ioga coas tartarugas? Sentiraste superben...
E non esquezas pasar polo PADLET... da 366 ata a 372