Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de decembro de 2014

Apalpador, xa se achega o Nadal...

Veu o Apalpador ao CRA e nos deixou cousas ricas: noces, mazas, castañas... e uns xoguetes tradicionais moi chulos...
O recibimos en Guísamo con esa ansia que temos xa de que se achegue axiña o Nadal...
Agardamos con moitos nervios e expectación.
 E escoitamos historias moi chulas sobre a vida na montaña...


Deixounos uns agasallos preciosos, sobre todo a lousa de pintar que imos poñer no patio para podela disfrutar tod@s!!


Ata o vindeiro ano!!!

luns, 24 de decembro de 2012

¡¡BO NADAL DENDE OS CADRADOS!!

Cargadiños de bos desexos rematamos o ano 2012. Con múltiples visitas, traballos, festas e sorpresas.
Estivemos moitos días
 CREANDO NADAL...


¿Queres ver cómo o fixemos? Aquí deixamos unha mostra...
ou fai doble clic na pantalla cando abra 




Xunto cos compañeiros da Aula dos Círculos e baixo a dirección da profe Julia realizamos o OBRADOIRO de COCIÑA. 
¡DELICIOSO!


Cando xa estabamos emocionados chegounos unha sorpresa INCRIBLE ao correo dos CADRADOS:
¡¡UN VÍDEO DOS REIS MAGOS PARA NÓS!!

Se o queres ver facede clic na imaxe, pero ten paciencia que tarda un pouquiño en cargar...



Ese momento tan especial no que os Reis nos falaban está recollido no seguinte vídeo. 
¡¡Non te perdas as nosas caras!!



Prometimos portarnos ben e así o estivemos facendo. Entre adornos, traballos e diversión chegou o último día de clase cunha 
VISITA REAL





Grazas a TOD@S as familias 
pola vosa colaboración na festa de NADAL. 
Mención especial a Patry, nai de Estela, que trouxo unha xerra xigante de chocolate quentiño para convidar a tod@s.
E por último, antes da despedida ata o ano que ven, unha nova entrega do 
FALADOIRO dos CADRADOS:
A pregunta era ¿quen veu de visita? 
Non perdas as respostas!!




AVISO AS FAMILIAS DOS CADRADOS
Con tanta festa e emoción olvidóuseme meter as carpetas de ENGLISH que deixara preparadas a profe COVA con tanto cariño. 
Se queredes pasar a buscalas durante os días non festivos a GARDERÍA vai estar aberta, e as profes da mesma faranme o favor de volas dar.
Sorry, COVA!!



Non esquezades visitar os demáis blogues nestas datas. No de TICS atoparedes xogos moi divertido e axeitados para vós.
¡¡¡¡ Bo Nadal a tod@s!!!!

sábado, 14 de xaneiro de 2012

RECUPERANDO O 2011

Antes de dar por rematadas as experiencias do 2011 no blogue, os Cadrados querémosvos contar o que nos ocorreu o último día na Escola de Guísamo; primeiro chegou un Ratiño de Biblioteca, amigo do noso a nos contar uns contos, vede, vede...







Claro que despois desta actuación aínda quedaba outro momento máxico: a chegada dos REIS MAGOS á nosa Escola...



e nos deixaron LIBROS de regalo para a aula...

Tras estes momentos repuxemos forzas cunha merendola,












e voltamos a casa para agardar o Nadal, a entrada do novo ano 2012 e chegada das Súas Maxestades e os seus agasallos.

sábado, 17 de decembro de 2011

VISITAS, CUMPLES, SORPRESAS E MÁIS VISITAS...

Nesta semaniña houbo moito traballo, moitas visitas e moita actividade.
Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.



Tivemos a visita dos MONKEYS outra vez, pero vestidiños de Papá Noel. 
Vede qué guapos estaban:




A profe COVA tamén nos trouxo uns contos moi, moi chulos aos que atenderon ata os nosos moniños favoritos.
Fixádevos a ver se os vedes na foto:






Tivemos un cumple moi desexado, o penúltimo de 5 anos, o de THEO...


¡¡¡As magdalenas de choco e crema estaban 
es-pec-ta-cu-la-res!!!


Antes de que se nos esqueza colocamos a foto dos encargados da semana: DANI, ALEX, CARLA e JORGE.



E no día da foto LUIZ fixo de axudante...



Traballamos moito para adornar a clase, pero aínda queremos facer máis...




A nosa árbore de bonecos de neve está feita coas pegadas dos nosos polgares e índices:




E case ao final da semana recibimos unha carta moi especial: 
¡¡Incrible, os Reis magos querían falar connosco!!




E cando semellaba que xa non podían ocorrrer máis cousas emocionantes...Chegou Asun a nos visitar.
Bótanos de menos e veu a desexarnos un BO NADAL.



¡Vaia sorpresa máis estupenda!, pero no foi a última...
Dende as montañas do Courel apareceu cheo de sorpresas a agasallos da Natureza o PANDINGUEIRO.
Vede qué ben o pasamos aprendendo hábitos saudables e de convivencia co contorno e a natureza...




Por último, un aviso:
Vos lembramos ás familias que aínda estades en tempo de enviar as fotos da vosa árbore de Nadal para a felicitación dixital da aula. Animádevos:
 ¡¡Xa nos chegaron algunhas e están estupendas!!

mércores, 7 de decembro de 2011

MINISEMANA FESTIVA

Nesta minisemana tivemos algúns acontecementos destacados:

A visita da FAMILIA MONKEY caseque ao completo:


E semellaban sentirse como na casa...



A profe COVA amosounos un conto moi especial, que contou deste xeito tan navideño!!


 E así de atentos estabamos...

Podedes ver máis cousas sobre os Monkeys e sobre English no blogue CRAinENGLISH 

Coa profe MARISOL, de Relixión, algúns de nós fixemos traballos moi chulos e ata puidemos xogar co pesebre que está no BLOGUE DE TICS 





Como o día 6 é o do Aniversario da Constitución @s cativ@s levaron a súa propia onde constan tres dos dereitos fundamentais:








Para saber máis da Constitución para os cativos podedes ver esta publicación tan chula que aparece no Blogue do CEE Terra de Ferrol ,
en formato libro


ou en formato vídeo






A nós non nos deu tempo de moito máis agás de desfrutar dun recreo moi, moi, moi especial. Mesmo parece un agasallo de Nadal adiantado . 
¿ O vemos ?