sábado, 30 de junio de 2012

CHEGOU A DESPEDIDA

Despois de tantos días xuntos, o curso rematou.
E con él a andaina dos primeiros Cadrados da Escola de Guísamo.
Foi unha semana cargadiña de cousas: de despedidas, de traballos, de lembranzas e de diversión.



Os ENCARGADOS nesta semana tan, tan especial foron ANTÓN, IÑAKI, ALBA e ALEX, que posaron xa fora da aula.


O axudante foi THEO que estaba así de contento 
de ser o último en ter esa "honra"


Non nos esquecemos de amosarvos a evolución do noso horto que, pouco a pouco, comezou a darnos alegrías, vede, vede:



Por fin puidemos encher as cápsulas do tempo con todas as cousas deste ano que merecen ser lembradas: fotos, retratos, libros de leiras, tapóns coa abella Pepa, o caderniño de mate, libros de cancións e un CD estupendo con HITs deste curso. Así que, xa sabedes, Cadradiños, ata dentro duns anos as tedes que gardar para volver a abrilas logo, como fixo Andy Warhol.






























































Experimentamos cunha das adquisicións máis desexadas da aula dos Cadrados: os copos de millo coloreados, que deixaron voar a nosa imaxinación 







Non podemos esquecer o último cumple do ano: o de PAULA, que pechou o curso soprando a súa candea de 6!!!!



A festa máis agardada, a máis desexada polos cativos eran sin dúbida esta última, a de fin de curso. E así foi na Escola de Guísamo, cun desfile e un "paseillo" que lles fixeron os seus compañeiros máis pequenos, meredola ofrecida polas profes, piñata de chuches e, como non, o baile cos "top six" do curso por cortesía da profe María. 
Non podemos esquecer tampouco as galletas tan chulas que enviaron as nais de DANI e ALEX.




Vede neste vídeo qué orgullosos estaban do paso tan importante que ían dar, e da festa que lles organizaron e compartiron cos compañeiros das aulas dos Triángulos e dos Círculos.



Antes da despedida definitiva neste blogue tres avisos moi especiais para os meus cadradiños:


Primeiro: todas as entradas deste blogue van QUEDAR como entradas antigas no blogue.
Así que as poderedes ver sempre que queirades nesta mesma lapela.


Segundo: non vos esquezades dos trucos que aprendimos neste curso para facer as cousas estupendamente ben. 
Aquí vos deixo un recordatorio do que tedes que facer.


Terceiro: agora que casi todos sabedes ler ou vos falta un pouquichiño, esperamos recibir os vosos comentarios neste blogue, e que nos contedes cómo os van as cousas nese cole tan estupendo que é o CPI Cruz do Sar.
¡¡¡Biquiños, Cadradiños!!!


viernes, 15 de junio de 2012

¿So cinco días?

¿ De certo que só quedan cinco días para que remate o curso?
 Pero se en cinco días non da tempo a nada. 





Iso pensarán algúns pero no Cadrados sabemos que cinco días 
¡¡¡¡dan para moito!!!!
E se non védeo por vos mesmos:

Nestes cinco días desta semana traballamos rematando os libros, cadernos e a nosa propia adaptación das obras de Luis Seoane. Agora temos na clase as "18 irmás" de Luisiño, segundo din @s nen@s...



Os membros de PROTECCIÓN CIVIL de BERGONDO viñeron ata a nosa escola para falaros da prevención de riscos varios. 
Foi superdivertido ver os vehículos en funcionamento e ata nos deixaron facer puntería coas mangueiras, probamos traxes, cascos...
Pero mellor é que vexades o vídeo para vos facer unha idea do ben que o pasamos e o que aprendimos del@s: 






¡¡Moitísimas grazas por todo!!


Andando a semana a profe Dolores, de AL, gravounos e montou uns contos superdivertidos creados por nós mesmos. Tedes aquí un avance, pero para velo completo deberedes ollar o blogue de AL




Como aos Cadrados nos encanta a Arte, traballamos un pouquiño con Pintureiro e unhas artistas moi especiais , PIP&POP, que expoñen cousas moi doces, e sobre todo divertidas.
Nas imaxes de abaixo atoparedes sorpresas e xente coñecida, a ver se adiviñades quen son.













Estamos con moitas cousas á vez, pero sempre temos un minuto para recibir a persoas queridas. Para @s cadrad@s, unha das máis importantes é a profe Asun, que non quixo perder a ocasión de achegarse ata onde nós e desexarnos unha boísima entrada na primaria.




¡Grazas por todo, Asun!


Unha entrada non pode quedar conclusa sen mencionar ós encargados e axudante da semana.
Nesta tan cargada de emocións e de remate de tarefas,  estiveron como encargados 
JORGE, THEO, LUIZ e ARIANNA aos que xa se lles nota a responsabilidade da graduación próxima, non sí?




Como axudante (emocionadísimo) no día da foto estivo DANI.



¡Ata a próxima ¿e última? entrada deste curso!

domingo, 10 de junio de 2012

ARTISTAS QUE SOMOS. EXPOSICIÓN NO CRUZ DO SAR.

Nesta semana vivimos o acontecemento máis importante, ou case, do curso.
A exposición da nosa obra de arte na galería especial do 
CPI Cruz do Sar
onde imos estar o vindeiro ano .


Aqui nos vedes a todos "warholeados" e feitos unha sopa nos botes de "Bergondo soup" da nosa propia marca: Guísamo.


Compartimos sala de exposición co resto de Escolas do CRA e cos artistas do CPI.
Estamos desexando compartir convosco a visita ao noso centro de referencia, onde, como sempre,
¡¡¡ tratáronnos fenomenalmente ben !!! 

Sentade e desfrutade deste vídeo que é un pouquiño longo pero moi revelador...







Se queredes ver máis vídeos e fotos sobre a saída tedes entradas máis curtiñas e moi chulas nos blogues de AL, Son do CRA e Biblioteca. Pero de seguro que ao longo da semana irán aparecendo máis.
No blogue da Biblioteca tamén está o vídeo do conto que nos contou Loli, que leva a Biblioteca do  Cruz do Sar.






Nesta semana de emocións e prisas, os encargados dos equipos foron os seguintes:
HUGO, JAIRO, DANI e CARLA.


E, de novo no día da foto lle tocou como Axudante  a JULIA.


Antes de rematar non queremos esquecer o conto que sobre un artista galego xenial nos contou a profe Isa: Luis Seoane.
 na vindeira semana tentaremos facer unha obra caseque igual cunha súa. 
Estamos convencidos de que nos ha quedar estupenda.




domingo, 3 de junio de 2012

¿COMO QUE K?

Nesta semana de días moi, pero que moi calurosos, estivemos avanzando no camiño das letras e nos topamos cunha moi especial e difícil de ver na nosa língua: a K.
 Así que lle pedimos axuda ás KOKESHI cos seus KIMONOS para que nola explicaran.


Por suposto podedes facer o puzzle da K premendo na KOKESHI

Tamén coloreamos a nosa propia.
Na hora da Biblioteca limos un libro moi chulo sobor destas bonecas de madeira, podedes ver a reseña premendo na seguinte imaxe.



Pero o máis emocionante da semana foi o día no que JORGE entrou no clube de 6 anos.
Vede a celebración:




Coa profe María, estamos a preparar o contido de música que vai ir na nosa cápsula do tempo.
 Vai ir taaaan cargada que non sabemos se pechará...




Fáltanos o apartado máis importante, o dos cargos da clase, eses nenos e nenas que, tan formáis eles, axudaron ao bo desenvolvemento do día a día da clase:
BRAIS, MIRIAM, PAULA e MARTA.




Non pode faltar no cadro de honra o AXUDANTE o día da foto: 
ANTÓNque posa así de "natural"...