Amosando publicacións coa etiqueta EDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDI. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de outubro de 2015

PDI NOS CADRADOS: QUE CHULO O NOSO ENCERADO DIXITAL

Na clase dos Cadrados comezamos a ver a vida dende unha enoooorme ventá: 
a do noso EDI ou PDI.
(Encerado Dixital Interactivo ou Pantalla Dixital Interactiva) 
E é que nos Cadrados mesturamos case que maxia e novas tecnoloxías.
Pódelo comprobar premendo no noso Cadradiño, 
verás que estupenda sorpresa atopas...

Foi marabilloso descubrir cantas cousas nos pode ofrecer a nosa amiga:

Cada un de nós lle pedíu que nos amosara algo que nos gustaba moito, e acertou toooodas as veces. 

 
 

E cando xa vimos o doado que era compartir a información, comezamos a usala a cotío para axudarnos en moitas cousas diferentes, como aprender as cores dos nosos grupos:

Primeiro os buscamos pola aula

despois os xuntamos entre todos








e por último puxemos as nosas fotos coas nosas cores na PDI e as asinamos persoalmente!!




 Cada día engadimos algo máis na nosa folla da Pizarra, xa lle puxemos a nosa voz, a nosa inicial...e xogos nos que os protagonistas somo nós mesmos.
Toda unha achega ao noso xeito de aprender!!


Como remate unha nova ferramenta para podermos ver os contidos das entradas do blogue en calquera sitio cos teléfonos o tablets que usamos maiores e pequenos do xeito máis rápido: 
Os códigos QR de cada entrada. 
Este foi noso primeiro QR que xa te mos na casa para lembrar a entrada anterior e en breve levaremos o seguinte, o desta mesma:

 
Ata a vindeira entrada, Cadradiños!!!

martes, 18 de novembro de 2014

Partindo con LUCÍA, rumbo a outras latitudes...


A Capitana da mariña mercante, Lucía, foi tan amable que nos veu visitar para contarnos moitas cousas sobre os barcos...

Cousas superemocionantes de luces, rumbos, hospitais no mar, bombeiros...
 E aínda por riba trouxonos un agasallo:
Quérelo ver?
Pois sí, un CADERNO de Bitácora para anotar as nosas viaxes dixitais a das outras tamén...



Non puidemos menos que agradecerllo con agasallo para ela...
Prometimos investigar moitas cousas do mar que nos deixou

 E como imos ser uns mariñ@s fabulosos xa fumos quitando un retrato coa súa gorra de capitán.


 Quedamos un rato guap@s, non sí?
GRAZAS A MILLEIROS, LUCÍA!!!

mércores, 20 de novembro de 2013

RECICLANDO QUE É XERUNDIO...

Coa profe ALBA fixemos seguimos adiante coa experiencia da reciclaxe. Fixemos cousas tan chulas que parece mentira que sexan feitas con material de refugallo.

 O primeiro un pouquiño de papel para aproveitar a prensa, papeis e revistas que nos sobran na casa.
Compartindo experiencias c@s outr@s compañeir@s da Escola de Guísamo ...

Troceamos moitísimos papeis que remollamos na auga. Agora teremos que "pescalos" para batelos e facer unha pasta:



  Logo de meter os papeis na batidora precisamos escurrila masa que se crea. Nos usamos unha peneira superchula que trouxo a profe ALBA feita polo avó SUSO para esta ocasión:

Logo estivemos vendo a unidade de traballo e xogo que fixo coa PDI para nós. 


Quedámonos todos engaiolados coa canción de reducir, reutilizar e reciclar dos moniños. 



Ainda que este RAP das tres erres non este nada, nada mal...



O caso é que á profe ALBA, que sempre está a argallar cousas para nós, ocurríuselle facer algo coas botellas de vidro. 

Algo máis que metelas no seu contenedor, claro :
Un CRISTALÓFONO 
Todos colaboramos para enchelas.






¡¡Compuxemos a nosa propia MÚSICA con elas!!

¡¡Pasámolo xenial!!Ésta é unha idea moi divertida e tamén podemos facela na nosa pizarra. ¿O vemos? Preme na imaxe de abaixo e busca no apartado de facer música con botellas, ou outro que tí queras...

¡¡Grazas, profe ALBA!!
Agora todos sabemos un pouquiño máis sobre a reciclaxe. E imos reducir, reutilizar e reciclar moitísimo máis.