xoves, 11 de xuño de 2020

💗🦈🌊QUENLLAS🌊🦈💗


Quen se agocha no medio destas augas tan quentiñas e lonxanas? 
Non teñas medo, pero son...

QUENLLAS!!!
Ánimo, se valente e resolve o crebacabezas que so están debuxadas.🦈🖍



Animaste a achegar estas quenllas unha a outra? É que isto das mates se lles da regulero.



Imos aprender cousas sobre este PEIXE. 


Aquí nos contan algunhas cousiñas máis. As filas de dentes que ten, a quenlla mais enorme que existíu, como durmen...



E xa que estabas co lápis na man, que tal estes camiños para unir amig@s?
Iso si,  "Punta no punto", lembras?



Serás quen de atopar as QUENLLAS iguais? Pois claro!! Váiseche dar de medo...



Non me digas que non che apetece ter o teu propio SHARK-TIBURÓN-QUENLLA? Pois claro!!! Tes aquí unha chea de modelos diferentes. Xa sabes que se premes na foto che levará á paxina coas instruccións. Con cales destes te animas?


Make these happy little "shark mark" bookmarks! Great for celebrating Shark Week or for any time you're diving into a particularly delicious book.
 MÁIS DE QUENLLAS


Love sharks? Can't get enough of Shark Week? Check out these fun paper shark crafts and party ideas!

Printable Shark Cootie Catcher
 Se xa tes a túa quenlla feita podes ver algúns episodios dos OCTONAUTAS adicados a elas. Hai varios capítulos xuntos e varias quenllas diferentes. Anímaste a velos todos? Non xuntos, claro. Agora uns e nun anaco outros pouquiños.




a vella quenlla perde os dentes-xabier lopez lopez-9788496352254

Encántanos este conto da vella QUENLLA. O coñeces? Pois podes escoitalo aquí. É unha quenlla que parece moi abusona, pero que lle irá a ocorrer?. Escoita, escoita...aquí aparecen centos de animais do mar e todos teñen moito que aprender.



Será esta a avoa do BABY SHARK?😉🤣 Está claro que non podiamos marchar sen escoitar esta canción que lle adicamos á profe Cova que seguro que lle chifla!! E a todas as nosas familias para celebrar que xa por fin podemos saír de paseo tod@s xuntos como a familia dos SHARKs 😉🦈


  Non esquezas pasar polo PADLET... da 387 ata 393




2 comentarios:

  1. Moitísimas grazas por adicarme esa canción tan marchosa e que tanto nos gusta. Un feixe de bicos para tod@s Silvia e Cadradiñ@s.

    ResponderEliminar
  2. E que non podía ser doutro xeito, Cova !! Esa enerxia que lles trasmites co English é moito!! Biquiños virtuais!!!

    ResponderEliminar