🌿🌱SEMENTANDO🌱🌿

Animaste a comezar unha experiencia chulísima na casa? É moi sinxela e moi vistosa. Que non o cres? Verás...
Imos sementar FABAS NA VENTANA!!!
Precisamos os seguintes materiais:




Bolsa zip, algodón ou papel de cociña, un pouco de auga, cinta adhesiva, fixo ou cinta de carrocero
e unha ventana na que haxa luz pero NON moito sol ⛅(queremos ver como xermola, non cociñar unha fabada, hehe). 

Non esquezas poñer dentro as FABAS. 





Hainas de moi diversos tipos, escolle as que teñas na casa ou se tes varias podes poñer varias bolsas e en cada unha distintas variedades.
Ponlle o nome da variedade se é que o sabes










Cando teñas metida na bolsa o algodón e as fabas que queres, bótalle unha pouca auga. Que quede o algodón mollado, pero non coma unha peceira, non as queremos afogar!! 💧🌱
Pecha a bolsa pero non de todo, deixa un anaquiño para que entre o aire e suxeita a bolsa á fiestra con cinta aislante.Ademáis terás que poñerlle auga cada certo tempo.

Por qué non lle quitas unha foto? Podemos sacarlle unha cada semana ou cada día, para ver cánto medra.   
 Qué pensas que pasará? Van medrar todas as fabas? O farán todas á vez? Canto tempo tardarán?  Cómo vai ser a planta? Son moitas preguntas, pero seguro que a tí aínda se che ocorren máis.

Se sacas as fotos non esquezas compartirlas, vale?

Para lembrar este momento podes facer esta ficha ou unha parecida...


Xa temos a primeira aportación ó noso experimento:
Mario G ten dous tipos de fabas a xermolar: unhas de caldo e outras das asturianas. Cal será a que medre máis rápido? 🌠Serán semellantes as plantiñas? 🌿🌾Canto tardarán en medrar?
Esperamos ter axiña as respostas.


Grazas por compartir, Mario!!🤗
Aquí temos tamén a aportación de AROA. Ela plantou LENTELLAS, que tamén son riquísimas.


Queredes ver cómo lle van medrando ? Unha pasada...


Mirade, estas xa están para meter na terra...


Ningún comentario:

Publicar un comentario