Amosando publicacións coa etiqueta MERCORES DA CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MERCORES DA CIENCIA. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2020

💡📀🌈🌞As cores da LUZ 🌞📀🌈💡Mércores da ciencia 16


 Este é o último MÉRCORES DA CIENCIA deste curso, e imos celebralo ó grande. Falaremos de algo que ven de fora do noso planeta. A LUZ !!
 Veremos cales son as súas cores cun experimento chulo e supersinxelo.
Asi que 3, 2, 1 e a resolver o crebacabezas para ir entrenando a mente...


Imoslle pedir axuda e información ó CSIC: Consello Superior de investigaciones científicas do MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN E UNIVERSIDADES. Que son os que máis saben de ciencia no pais.
Vannos contar unha historia sobre a luz blanca. Nos sabemos que coa cor branca non podemos pintar casi nada e coa cor negra cubrimos todas as demáis. Non podemos facer cor branca con rotus, pero podemos conseguir negra se pintamos con todos, Uis, entón é a branca unha cor? E de que cor é a luz branca? Si? Segur@? Atende, atende...


UAUU!! Que curioso, verdade? Se queres ver o experimento de NEWTON na  realidade, é este. Se esperas ata o final verás cómo separan cada unha das cores.


 Moi sinxelo de ver é a través deste prisma



Queres probalo tí mesm@?  Se tes un priema na casa ou unha lágrima dunha lámpara podes facelo cando dea o sol. Pero outro xeito de facelo é cun disco. Como? Propoñoche crear este DISCO DE NEWTON caseiro




Como podeches ver,  ó contrario que cos rotuladores de cores, cando falamos da luz, a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella e a cor negra é a ausencia de tódalas cores. Se  xiramos o CD a moita velocidade as cores confúndense, xa que as imaxes van a moitísima velocidade para o ollo humano. Así que vemos o disco branco. Animaste a facelo teu?

Para facer o teu propio DISCO DE NEWTON podes imprimir este

ou imprimir e colorear estoutro...


A min encántame este xeito de usar o DISCO DE NEWTON a modo de TAUMÁTROPO. O vídeo está sinxelo de entender, só mirade que chulo queda. É doado de facer, pero precisamos de adult@s que piquen os furados se non temos punzóns na casa. O certo e que así comezaron as películas, con imaxes pintadas ou fotos que se movían a moitísima velocidade,


A ver que tal che quedou? Non esquezas apuntar recoller o que fixeches nesta folla de rexistro ou outra semellante:
E xa que estamos descompoñendo a luz, vos propoño descompoñela a través dun CD ou DVD vello que teñan as familias na casa. Estes CD e DVD sempre semellan ter dentro un arco da vella . Sabes por qué? 


Por un fenómeno que se chama DIFRACCION. Os discos teñen unhas miniminiminiperforacións ou furadiños que apenas vemos. Pero se lles da a luz,esta rebota nos furados e cambia de dirección, Así que volta a formarse un arco da vella de cores. 
Podes comprobalo tí mesm@ poñendoo ó sol  como aquí, ou enfocándoo cunha lanterna.


Xa postos, que che parece se preparas unhas "trampas" para a luz e deixas que só se freflicta unha parte? Mira qué sinxelo de facer é  premendo na foto.
https://buggyandbuddy.com/rainbow-science-create-light-patterns-with-a-cd/
Agarda, antes de que sigas a experimentar, proba a facer esta ficha interactiva. Preme nos  nomes para lelos se non es quen de facelo aínda tí.



Agora que viches tantas cores, non che apetece poñerte en modo artista? Propoñote copiar teu propio arco de vella usando un cd ou DVD. Debes poñelo de tal xeito que reflexe contra a parede ou papel onde vaias a pintar e tentes copiar cor a cor xusto onde se ve. Que tal? Anímaste?


Lembras en que máis cousas aparecen os arcos da vella ás veces? Douche unha pista son redondiñas e estalan... Que son? Claro, as burbullas de Xabón!! 


O podes ver polo miudo neste MEMORY que estaba no experimento das burbullas, 
Xa o coñeces, pero podes volver xogar premendo na foto.

 Tamén se crea esa irisación cando a luz branca do sol atravesa a auga da mangueira ao regar...so hai que ter un pouco de sol e a paciencia de buscar o ángulo onde este se vexa.
.

Que maís cousas se che ocorren onde poda sair ? 
Preme na foto de enriba e mira se os que alí están coinciden cos que tí pensaches.Incribleo que sabes xa sobre a luz e os Arcos da vella. Serás quen de atopar os que son igual co modelo? 




Queres colorear a NEWTON?


Este exame é para nen@s máis maiores, pero por se o queredes facer xuntos, queda aquí o enlace. Hai que ler as preguntas, pero de seguro que sabes moitas das respostas.


Un arco da vella xa o sabes facer, verdade? Pero que che parecen esta variedade tan chula deles? Se premes na imaxe levarache ata a páxina do blogue.

Pero tes máis propostas para crear arcos da vella aquí. (Non lles mandedes correos)



Non esquezas pasar polo PADLET: 
da 415 at a 421



mércores, 10 de xuño de 2020

🌞🔜➡FRECHAS que VEÑEN E VAN⬅🔙🌞Refracción. Mércores da Ciencia 15


Por fin Mércores da Ciencia!! 
Nesta ocasión vai parecer que é mércores de maxia. Non o ides crer.
Dígoche de verdade, non vas saber se a cousa vai ou ven. É moi divertido e ten que ver coa FÍSICA. É cuestión de ÓPTICA.
 Esas frechas semella que veñen e van. 


Para este experimento non precisas casi nada. Auga, un vaso ou xerra e un debuxo que ti queiras, pero pequeno, eh? 



Pero que ocorre coa frecha de abaixo? 
Non eran as dúas iguais antes de poñer auga? Como é que ocorriu isto? Aquí cho explican usando ademáis UNHA BALEA!!


Por se che quedan dúbidas...



 O importante é atopar a distancia na que podas velo ben. Cada vaso ou xerra precisa dunha distancia diferente. Tes que atopar a túa.

Aquí che deixo os que usamos para probar o experimento. Algúns dos debuxos xa os ceñeces... Tes que cortar as tiras verticais para que che quede unha por riba do nivel da auga e outra por baixo.



Hai unha chea de variantes con este experimento óptico. A min este pareceme xenial. Podes pintalo con rotus. Se premes na imaxe de abaixo levaráte ata o blogue onde o explican. Está en inglés pero podes cambiar o idima para que cho traduza o navegador.

Reversing Pic Illusion | Light Refraction Trick Step 1

Pois agora que xa sabes tanto. Mans á ciencia!!! Quedan aquí as follas de rexistro do experimento:

e a baleira, por se te animas, xa sabes...


 Que foi o que máis che gustou do experiemento? Fixeches o debux das frechas? E chulísimo ver cómo viran!! Serás que de darte conta agora de cal está para cada lado? Non perdas ollo. Que ademáis hai moito que contar. Ahí vai...



Apetecete xogar un anaquiño, verdade? Pois a ver se eres quen de atopar as parellas destas frechas que veñen e van.









Se ainda quere un pouquiño máis preme nesta imaxe e che levará cara outro xogo de atención.


E non esquezas pasar polo PADLET
da 380 ata a 386




mércores, 3 de xuño de 2020

🌈⛓🧲MAGNETISMO no CRA🌈⛓🧲 Mércores da Ciencia 14

Con este tempo revolto toca quedar na casa. O tempo pasa un pouco aburrido, ás veces semella que sentamos no sofá  e este tira de nós para que non nos levantemos!! 
Parece que tivera un imán!!
Pois diso nada. A poñerse en marcha: comeza a festa do MAGNETISMO. 
Comezamos por un crebacabezas, quizais? Pois claro, marchando!!


 Imos ver que é iso do MAGNETISMO, que seguro que xa te está a intrigar...


Nesta ocasión imos experimentar con imáns. Seguro que tes algún pola casa adiante. Na neveira, na pizarra do teu cuarto... Pide consello ós maiores, porque non debes achegar os imáns ós móbiles, brúxulas, tablets, DVDs ou aparatos de música.
Lembra que os imáns teñen un POLO NORTE MAGNÉTICO e un POLO SUR MAGNÉTICO. Teñen uns campos de atracción moi fortes. No medio apenas teñen forza de atraer ou repeler cousa algunha. É a liña neutra.
E ti, tes algún a man? Colleo e mírao ben. Igual é redondo e entón ten unha cara norte e outra sur. Non perdas o seguinte vídeo para saber algo máis. É un pouco difícil, pero seguro que aprenderás cousas.



Cantas cousas pensas que hai na túa casa que levan imáns? O da neveira xa cho din no vídeo, pero, onde mais? Busca e pregunta na casa. De seguro levas máis dunha agradable sorpresa.
Depende dos que teñas podes facer diferentes experimentos. Podes escoller un ou todos. E inventar os que ti queras!!

1️⃣🧲 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲OS TAPÓNS MÁIS LISTOS DO MUNDO🧲🧲

 Para este experimento precisamos só de IMÁNS iguais e 9 tapóns de botellas. Un barreño ou recipiente con auga. Redondo, cadrado ou como ti teñas. Aproveitamos para reutilizar os tapóns, que iso das 3Rs xa o sabemos facer!!

🌿🌍♻ R-R-Reciclamos ♻🌍🌿

Pegamos nos tapóns os imáns, con coidadiño de que estéan todos co polo norte cara o mesmo lado. (É  sinxelo de ver, porque se poñen en filiña un enriba doutro, se atraen.)
Se tes imáns como estes da foto xa o podes facer directamente. Ollo, que teslle que dar a volta!! Serán como barquiños...

Logo tes que soltalos amodiño, un a un na tina de auga. Verás qué ocorre. Non queres esperar? Pois mira o video.


Parece MAXIA!! Pero xa sabemos que é ciencia, verdade? Agora, cando realices teu experimento podes recoller a información nesta folla. Nesta ocasión a ficha é un pouco distinta das outras. Terás que recoller os DATOS como número de tapóns, nº de imáns, tipo de recipiente...UAUUU! Cantas cousas.

 Se escolleches un recipiente rectangular ou cadradiño, usa esta ficha para rexistrar as formas que fixeron os tapóns ao flotar na auga...

Detrás debuxa con quen o fixeches e todo o que che pareza importante para lembrar deste experimento.


Se usaches unha tina circular emprega mellor esta outra folla para rexistrar os resultados:



2️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 INVESTIGANDO O MAGNETISMO🧲🧲🧲


Imaxe de https://www.prekinders.com/magnets/
 Que tal se investigas as pequenas cousas que tes pola casa para ver se os imáns as atraen ou non? Busca cousas pequenas como algodón, porquetas, clips, moedas, bonecos, imperdibles,chaves, cunchas... 
 Aquí ves imaxes de diversos mateirais que podes usar. 

Para ser un/ha b@ científic@ primeiro tes que facer unha HIPÓTESE: é dicir, intentar "adiviñar" o que vai pasar baseándote no que xa sabes. Lembras cando falabamos no terceiro experimento de se a auga era máis ou menos densa que o aceite? Pois eso.

REMUIÑOS DE AUGA!! Mércores da Ciencia 3º Experimento

Pensa que pasará con cada unha das cousas que vas a poñer preto de teu imán. E ponte máns á obra para comprobar se o que pensabas é o que en realidade ocorre.
Imaxe de https://www.prekinders.com/magnets/

Apunta os resultados nesta folla de rexistro. A ver se atopas alo menos 5 de cada!! Deixote un exemplo en cada lado.




3️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 XOGANDO na auga con IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲
Hora de Xogar!!

 Os AXOUXERES interactuando con imáns son superdivertidos. Podes metelos nunha botella de plástico transparente e achegarlles o imán para que sucede. Obedecen ó movemento do imán? E soan? 
E que sucede se engadimos auga á botella? Flotan, afúndense, soan? Seguen obedecendo ó imán?
foto de https://lalymom.com/3-christmas-activities-kids-jingle-bells-fun/
Podes facer o mesmo con CLIPS, moedas, arandelas, anacos de limpapipas...a ver qué o ocorre.

foto de https://frugalfun4boys.com/preschool-play-with-magnets-and-pipe-cleaners/
con e sen auga...
 Magnetic water sensory play with pipe cleaners for preschoolers from Modern Preschool

Podes recoller os resultados aquí:



4️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 XOGANDO no ESPAZO🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲

Neste caso precisas de 2 imáns. Mellor pega un imán a un pau, culler de pau, etc, porque precisas que se poida mover lonxe da túa man. Necesitas tamén un prato de cartón ou cartulina. Debuxa o teu propio espazo exterior. Bótalle un ollo ó PADLET: "A ESCOLA DAS GALAXIAS"  do ano pasado se queres ideas. E non esquezas debuxar a nave espacial e pegarlle o outro imán!!

Imaxe de https://mamiexperimentos.com/experimentos-cientificos/primaria/descubriendo-el-espacio-ciencia-con-imanes/
Podes ver a experiencia completa aquí:

Seguro que a tí se che ocorren outras paisaxes: Unha selva e os seus animais? Unha estrada e un coche/tractor? Un mar con icebergs e unha balea? Hai milleiros de posibilidades!

Aínda tes tempo para outra variante de imáns?

5️⃣🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 ARTE CON IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲

Que che parece se experimentas a ARTE axudad@ polo imáns? Podes facer as variantes que ti queiras. Aquí che propoñen usar todos estes recursos. Ou os que ti teñas:
A páxina está en Inglés, pero vemos en calquer idioma, non sí?
Podes utilizar o mesmo imán con pau da actividade anterior, ou facer un novo. Tamén metelo dentro dunha lata para que a imante enteira e poder "pegar" máis cousas.

magnet activities

Verás que DIVERTIDÍSIMAS cousas che saen.
Preme nas imaxes para ir á páxina.

Podes usar a ficha do apartado 3️⃣ para debuxar os teus resultados.
E tí, cantos dos experimentos vas probar? E cantos inventarás?

Non te vaias sen escoitar a canción dos imáns. 


E se lle damos unha alegría á profe Cova e o vemos tamén en English? Why not? Vai ser ben divertido.


No PADLET agárdate algunha cousa máis. Non esquezas botarlle unha ollada.
da 346 á 352