Benvid@s a un novo MÉRCORES DA CIENCIA!! Vai ser redondo e brillante⚪✨
Nesta ocasion imos facer un experimento que mestura dúas das cousas científicas das que xa falabamos en anteriores experimentos: as moléculas e a tensión superficial. Imos facer:
BURBULLAS IRROMPIBLES!!
Ou case, porque se as apretas moito...Xa imaxinas.
O ser humano leva facendo burbullas dende fai séculos, para xogar e disfrutar do incríblemente bonitas que son. Se resolves este crebacabezas verás un cuadro superantíguo é do século XVII. Vaite sorprender o que está a facer o home.
Incrible, verdade? Xa choveu dende entón, pero a nós gústanos facer burbullas tamén. Cos anos a cousa foi mellorando e aquí imos aprender unha fórmula xenial para facer burbullas que se poden coller sen estalar.
Imos aló. Como sempre, o primeiro: os INGREDIENTES. Desta volta sólo son tres. Pouca cousa para tanta diversión, xa verás.
Imos aló. Como sempre, o primeiro: os INGREDIENTES. Desta volta sólo son tres. Pouca cousa para tanta diversión, xa verás.
O truco vai estar en remexer amodiño sen que saia escume. Remexe mooooi coidadosamente e sen bater, para que non levante ningunha escuma.
Agarda que no vídeo cho explican divinamente:
Pero non notas nada raro? Sí, ese rapaz leva guantes!! E porque o fará se vai calor? Pois ese é o truco, digo a ciencia do experimento. Espera que este científico cho explica e máis cousas aínda:
Como podes ver para facer as burbullas podes usar unha palliña, un "pompero" ou ata un funil dado a volta se e que tes unha tina grande dabondo para facela mestura. Na imaxe de abaixo hai moita máis información. Pica e che levará á páxina.
Se te animas a dar o paso científico, aquí quedan as fichas de rexistro: a chea e a baleira. Escolle a que máis che apeteza. Non esquezas de usar a parte de atrás para facer o debuxo de cómo resultou e con quen a fixeches. Con tooodos os nomes que poidas, que cada vez han ser máis.
Agora que tes o lápiz na man non o soltes. Facemos unhas contas? Pos aló van dúas fichas de burbullas. Na primeira conta, repasa e rodea a solución correcta:
Nesta terás que ter máis ollo e memoria. Conta cantas burbullas hai, repasa e rodea o número SEGUINTE á que contaches, é dicir UNHA MÁIS. Mira atent@ ó exemplo.
Detrás non esquezas aproveitar para facer máis exercicios mentais. Che parece tirar uns dados e debuxar tantas burbullas como che saia en cada tirada?🎲🎲 Tira a lo menos tres veces 😉😉
Unha canción despois de tanto esforzo matemático non viría nada mal, verdade? Esta é ben pegadiza. Xa verás como en nada a cantas...
E cómo vas de memoria? Teño aquí un reto. Este MEMORY de burbullas é ben difícil. Atentíiiisim@!!
Antes de irte propóñote un xogo on line. Porque non sempre temos o tempo bo, nin o material para facer as burbullas, pero sí un anaquiñño para estoupar estas. Hai que estoupalas por colores. Verás que guai! Cantas poderás dunha soa tirada?
Axudando ó Pegaso |
O esquío e seus amigos Non esquezas o PADLET. Ten algunhas cousas máis. de 269 a 275 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario