Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2020

💡📀🌈🌞As cores da LUZ 🌞📀🌈💡Mércores da ciencia 16


 Este é o último MÉRCORES DA CIENCIA deste curso, e imos celebralo ó grande. Falaremos de algo que ven de fora do noso planeta. A LUZ !!
 Veremos cales son as súas cores cun experimento chulo e supersinxelo.
Asi que 3, 2, 1 e a resolver o crebacabezas para ir entrenando a mente...


Imoslle pedir axuda e información ó CSIC: Consello Superior de investigaciones científicas do MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN E UNIVERSIDADES. Que son os que máis saben de ciencia no pais.
Vannos contar unha historia sobre a luz blanca. Nos sabemos que coa cor branca non podemos pintar casi nada e coa cor negra cubrimos todas as demáis. Non podemos facer cor branca con rotus, pero podemos conseguir negra se pintamos con todos, Uis, entón é a branca unha cor? E de que cor é a luz branca? Si? Segur@? Atende, atende...


UAUU!! Que curioso, verdade? Se queres ver o experimento de NEWTON na  realidade, é este. Se esperas ata o final verás cómo separan cada unha das cores.


 Moi sinxelo de ver é a través deste prisma



Queres probalo tí mesm@?  Se tes un priema na casa ou unha lágrima dunha lámpara podes facelo cando dea o sol. Pero outro xeito de facelo é cun disco. Como? Propoñoche crear este DISCO DE NEWTON caseiro




Como podeches ver,  ó contrario que cos rotuladores de cores, cando falamos da luz, a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella e a cor negra é a ausencia de tódalas cores. Se  xiramos o CD a moita velocidade as cores confúndense, xa que as imaxes van a moitísima velocidade para o ollo humano. Así que vemos o disco branco. Animaste a facelo teu?

Para facer o teu propio DISCO DE NEWTON podes imprimir este

ou imprimir e colorear estoutro...


A min encántame este xeito de usar o DISCO DE NEWTON a modo de TAUMÁTROPO. O vídeo está sinxelo de entender, só mirade que chulo queda. É doado de facer, pero precisamos de adult@s que piquen os furados se non temos punzóns na casa. O certo e que así comezaron as películas, con imaxes pintadas ou fotos que se movían a moitísima velocidade,


A ver que tal che quedou? Non esquezas apuntar recoller o que fixeches nesta folla de rexistro ou outra semellante:
E xa que estamos descompoñendo a luz, vos propoño descompoñela a través dun CD ou DVD vello que teñan as familias na casa. Estes CD e DVD sempre semellan ter dentro un arco da vella . Sabes por qué? 


Por un fenómeno que se chama DIFRACCION. Os discos teñen unhas miniminiminiperforacións ou furadiños que apenas vemos. Pero se lles da a luz,esta rebota nos furados e cambia de dirección, Así que volta a formarse un arco da vella de cores. 
Podes comprobalo tí mesm@ poñendoo ó sol  como aquí, ou enfocándoo cunha lanterna.


Xa postos, que che parece se preparas unhas "trampas" para a luz e deixas que só se freflicta unha parte? Mira qué sinxelo de facer é  premendo na foto.
https://buggyandbuddy.com/rainbow-science-create-light-patterns-with-a-cd/
Agarda, antes de que sigas a experimentar, proba a facer esta ficha interactiva. Preme nos  nomes para lelos se non es quen de facelo aínda tí.



Agora que viches tantas cores, non che apetece poñerte en modo artista? Propoñote copiar teu propio arco de vella usando un cd ou DVD. Debes poñelo de tal xeito que reflexe contra a parede ou papel onde vaias a pintar e tentes copiar cor a cor xusto onde se ve. Que tal? Anímaste?


Lembras en que máis cousas aparecen os arcos da vella ás veces? Douche unha pista son redondiñas e estalan... Que son? Claro, as burbullas de Xabón!! 


O podes ver polo miudo neste MEMORY que estaba no experimento das burbullas, 
Xa o coñeces, pero podes volver xogar premendo na foto.

 Tamén se crea esa irisación cando a luz branca do sol atravesa a auga da mangueira ao regar...so hai que ter un pouco de sol e a paciencia de buscar o ángulo onde este se vexa.
.

Que maís cousas se che ocorren onde poda sair ? 
Preme na foto de enriba e mira se os que alí están coinciden cos que tí pensaches.Incribleo que sabes xa sobre a luz e os Arcos da vella. Serás quen de atopar os que son igual co modelo? 




Queres colorear a NEWTON?


Este exame é para nen@s máis maiores, pero por se o queredes facer xuntos, queda aquí o enlace. Hai que ler as preguntas, pero de seguro que sabes moitas das respostas.


Un arco da vella xa o sabes facer, verdade? Pero que che parecen esta variedade tan chula deles? Se premes na imaxe levarache ata a páxina do blogue.

Pero tes máis propostas para crear arcos da vella aquí. (Non lles mandedes correos)



Non esquezas pasar polo PADLET: 
da 415 at a 421



venres, 12 de xuño de 2020

🌊⛱⛅ GAIVOTAS ⛅⛱🌊

Non podía faltar nos océanos un dos animais máis comúns nos ceos deste planeta azul:
A GAIVOTA
A GAIVOTA que temos en Galicia é a  GAIVOTA PATIAMARELA 
Seguro que adiviñas por que...



E así se escribe nos tres idiomas que usamos no CRA:


A GAIVOTA é un AVE. Sabes o que é iso? Cóntancho aquí estupendamente:



Nesta páxina chamada PANDEANIMALES atoparás moitísimas cousas sobre as gaivotas: como son as súas crías, que comen, como é o seu carácter...


e nesta de SEO Birdlife terás aínda máis.



Ás GAIVOTAS encántalles estar en grupo; sempre están xuntas preto das praias, lagos, portos... Tamen devecen por comer calquera cousa das que comemos as persoas. Por iso NON debes darlle comida ás gaivotas: non distinguen se che sobra ou o necesitas, asi que tentarán achegarase a ti para coller máis. Ou igual invitan a algunhas amigas... It's not funny! Non che faría graza ningunha.
Non o esquezas, nada de comida...NON SON PARRULOS!!
Van tan xuntas que son difíciles de distinguir.  A ver se eres quen de atopar entre todas estas as que son iguais á do modelo. Sorte!!

Aquí van 30 curiosidades máis sobre estas aves:


As GAIVOTAS  actuaron en varias películas que coñeces, sabes cal é esta?



Estoutra é un pouco toleirona, verdade?



  Bueno, bueno, nós sabemos as cousas un pouco mellor que esta GAIVOTA. Por exemplo, a nós dásenos estupendo o CONTEO. Propóñovos un xogo de mate para contar e repartir que ten moito que ver con este animal.
Precisas unha gaivota (se queres), que podes debuxar ou facer tí mesmo, unha oveira e ovos, tapóns, fabas, boliñas de algodón, xel ou o que queiras usar para colocar nos ocos... Só tes que tirar DOUS dados e poñer tantas unidades como che toque en sorte. Así me quedou a mín.


 Podes poñer as de cada dado nunha fila e sumalas ou poñelas seguidas. Hai moitísimas posibilidades!! Se queres anotar as tiradas e resultados podes rexistralas aquí...


Queres facer a túa propia GAIVOTA? Este modelo é sinxelo, verás...O imprimes e montas como o de abaixo. Se o fas en cartolina aínda mellor.

Tamén está a posibilidade de facelo por pezas como nestas de aquí...





Se che apetece, podes IMPRIMIR unha máscara e ser ti a gaivota.

Ou coloreala online.


Antes de irnos e para facernos pensar un anaquiño, queda este conto que trata sobre axudar e ser axudad@. Que pensas que debería facer a gaivota? E o home?


Se tedes tempo invítovos a que vaiades vendo este vídeo que vos levará ata as ILLAS SISARGAS, meu sitio favorito do mundo (ou casi)💗🌍. Está en Malpica de Bergantiños. Estas illas son supersalvaxes e Zona de Especial protección para as aves (ZEPA).Por iso atoparedes milleiros de gaivotas, que forman enormes colonias. Pero non só son importantes e fermosas por iso. Botade unha ollada ó seu fondo mariño.
Un océano supervivo!!🌊💗🦀🦐🐡🐟🐙🦞🦑




Queda o  PADLET para botarlle unha ollada.
  da 394 ata a 400

xoves, 11 de xuño de 2020

💗🦈🌊QUENLLAS🌊🦈💗


Quen se agocha no medio destas augas tan quentiñas e lonxanas? 
Non teñas medo, pero son...

QUENLLAS!!!
Ánimo, se valente e resolve o crebacabezas que so están debuxadas.🦈🖍



Animaste a achegar estas quenllas unha a outra? É que isto das mates se lles da regulero.



Imos aprender cousas sobre este PEIXE. 


Aquí nos contan algunhas cousiñas máis. As filas de dentes que ten, a quenlla mais enorme que existíu, como durmen...



E xa que estabas co lápis na man, que tal estes camiños para unir amig@s?
Iso si,  "Punta no punto", lembras?



Serás quen de atopar as QUENLLAS iguais? Pois claro!! Váiseche dar de medo...



Non me digas que non che apetece ter o teu propio SHARK-TIBURÓN-QUENLLA? Pois claro!!! Tes aquí unha chea de modelos diferentes. Xa sabes que se premes na foto che levará á paxina coas instruccións. Con cales destes te animas?


Make these happy little "shark mark" bookmarks! Great for celebrating Shark Week or for any time you're diving into a particularly delicious book.
 MÁIS DE QUENLLAS


Love sharks? Can't get enough of Shark Week? Check out these fun paper shark crafts and party ideas!

Printable Shark Cootie Catcher
 Se xa tes a túa quenlla feita podes ver algúns episodios dos OCTONAUTAS adicados a elas. Hai varios capítulos xuntos e varias quenllas diferentes. Anímaste a velos todos? Non xuntos, claro. Agora uns e nun anaco outros pouquiños.




a vella quenlla perde os dentes-xabier lopez lopez-9788496352254

Encántanos este conto da vella QUENLLA. O coñeces? Pois podes escoitalo aquí. É unha quenlla que parece moi abusona, pero que lle irá a ocorrer?. Escoita, escoita...aquí aparecen centos de animais do mar e todos teñen moito que aprender.



Será esta a avoa do BABY SHARK?😉🤣 Está claro que non podiamos marchar sen escoitar esta canción que lle adicamos á profe Cova que seguro que lle chifla!! E a todas as nosas familias para celebrar que xa por fin podemos saír de paseo tod@s xuntos como a familia dos SHARKs 😉🦈


  Non esquezas pasar polo PADLET... da 387 ata 393




martes, 26 de maio de 2020

🗺🌿🦒AFRICA🦒🌿🗺 Xirafas🦒.

Hoxe á nosa visita por África  acompañannos uns animais espectaculares.
Os coñeces?


Claro que sí, son  XIRAFAS 🦒💛🦒!!
Proba a facer o crebacabezas a ver cantas saen.



Neste vídeo aprenderás moitísimo sobre ela:


 Permíteme que hoxe fagamos unha pequena "trampiña". Xa sabes que sempre traballamos en galego, pero a Xirafa é a mascota dunha das nosas Cadradiñas. De JULIA, claro. E por que? Porque a usamos na súa versión castelá: JIRAFA🦒. En galego non temos a letra J, asi que hoxe, en honor a Julia imos chamala JIRAFA🦒.. Bueno, tamén cambiamos o idioma e non chamamos a MONKEY mono🙊 . Ainda que e monísimo🐵💖 Queres escoitar como se di en cada un dos tres idiomas que usamos no CRA? Dalle á ficha!!


Giraffe xirafa jirafa, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com




Xa que estás coa orella posta , pois a escoitar unha canción da JIRAFA🦒.

Ese pescozo tan longo que ten a é o que a fan tan diferente ós demáis animais. A que non que non a confundes con ningun outro animal?? Pois o mesmo lle pasa á súa letra: a J  de  JIRAFA🦒. 


Ten un pescozo longuísimo. Mira cantas versións diferentes podes atopar. Non esquezas colorealas e debuxar por detrás a túa propia versión da letra, a túa propia xirafa, a e a Julia, claro, que seguro que ha estar encantada. Se coñeces a alguén máis cuxo nome empece por J, adiante...tes moito espazo por encher.


Xa que estamos, que che parece se facemos un pouquiño máis de man e resolves esta ficha de sombras e imaxes. Podes facelo a man e debuxar detrás os animais, on line ou as dúas versións. Canto máis mellor che sairá!!


Animais africans, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Canto lío hai embaixo. Cal xirafa chegará ata a árbore? Segue o camiño sen perderte.


Quere facer a túa propia? Pois mira cantísimas ideas hai polo mundo!! Escolle unha, dúas ou todas...





Manualidades para niños con platos desechables | Manualidades

preme na imaxe 

Milleiros, a que si? Pois agora xa podes xogar un anaquiño con esta xirafa. Teslle que dar de comer as, pero ollo, que non e faga un lío co pescozo... 


Non esquezas pasar polo PADLET: Algo máis haberá para ti.
dende a 301 ata a 307