Amosando publicacións coa etiqueta CANCIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CANCIÓNS. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

🐞🌿 Maratón de XOANIÑAS 🐞🌿


Ó parecer estas xoaniñas viñeron para se quedar. E é que teñen ese lunares tan redondiños que non poden ser máis axeitadas para un maratón matemático. Anímaste a ir a por toda nesta "olimpiada de xoaniñas"?...

Ese crebacabezas, marchando, que imos entrenando a mente..

Moita forza e empezamos. Que o X che acompañe...


 A primeira actividade é moi sinxela. Só tes que debuxar tantas xoaniñas como che pidan. Destas xa fixeches varias. Non te vas a confundir, xa verás:

Ai, o número 6   non é tan doado, verdade? Ás veces nos engañamos e o poñemos mirando cara ó outro lado. Non te preocupes, lembra que é dos poucos que vai  cara a man onde agarras a folla.A non ser que sexas zurd@!! Que che parece se o repasas nesta ficha e de paso fas grupos de 6 xoaniñas? Ollo que igual che sobra algunha...




Axúdanos a atopar as que son iguais, que aquí haiche moito lío:


   Esta serie non é tan sinxela como che pode parecer. Ollo!! 👀


Antes de iros un recopilatorio das mellores facianas da nosa amiga xoaniña que sempre fai das súas...


 Non te vaias sen xogar un anaquiño. Este xogo online da xoaniña é moi chulo e ben sinxelo. Preme na imaxe para xogar. Se queres unhas INSTRUCCIÓNS moi ban feitiñas preme  AQUI.


Aquí hai outro xogo en rede, pero este é de investigación. Canto sabes tí de bechos?


 E por se chove pola tarde, unha xoaniña moi especial que igual xa coñecías, non?
 É miragrosa, ou eso dín, haha...


Ou podes xogar a este BINGO moi chulo que ten ata o número 30. Está na páxina de Orientación Andújar. Preme na XOANIÑA para descargar o PDF e imprimir. Só tes que recortar e a PASALO en grande!! ( Leva tamén as fichas ) 


Non esquezas pasar polo PADLET!!
da 339 a 345

luns, 1 de xuño de 2020

🐞🌊🍧 XA en XUÑO 🍧🌊🐞


Novo mes e nova semana. Esto vai de estrea total!!
Xa estamos en -X-UÑO, que van sempre con moita ilusión,sardñas, praia e celebracións de todo tipo. 


Pois empezamos con bo pe e preparando a mente con ese crebacabezas. Ollo que xa non é tan doado, ou para ti sí?



Outra cousa que nos trae XUÑO é unhas letras superespeciais. Imos empezar por esa que usamos para tachar ou riscar: o -X-. A letra misteriosa. Aquí encántanos esta letra, por que pode xirar sobre sí mesma e dar voltas, poñerse patas abaixo e sempre se pode ler igual. Que cousa máis especial, verdade?




En galego chamamos a moitas cousas con nomes que comezan por -X- e soan superdivertidas, verás como as coñeces:

 Serás quen de resolver esta ficha interactiva ? 

A letra X, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Mira de cantos xeitos o podes atopar escrito.

E aquí, cantas podes atopar?

 Seguro que xa sabes copiar os nomes destas palabras sin problema. Despois debúxaos detrás e intenta poñerlles os nomes.. Di amodiño cada unha e che será máis doado de facer.  Non pasa nada se non che saen todas as letras. A tod@s nos ocorre de cando en vez.


Non todo vai ser traballar, así que é momento de escoitar este conto da XOANIÑA ROSMONA de Eric Clarle que tan divertido é:


Estas xoaniñas como son cando se poñen, a que sí?  Ás veces a nós tamén nos pasa. E ti, cando rosmas? Podes decuxarte ou poñer a tua cara enriba da do cadradiño e escribir-con axuda- o que che fai rosmar.

o faino nesta ficha que che cabe mellor...

Teño por aquí unha canción con baile dunha creadora da que xa coñecedes moitas cousas e cancións que vos aprendeu a profe María., chámase SUSA HERRERA. Propóñovos escoitar esta que vai sobre unha Xoaniña moi salerosa.


Se queres facer a túa propia xoaniña para aumentar esa colección de animais de manualidades que tes podes escoller unha destas, duas, ou todas. Hainas de comer, de reciclaxe, de reutilización...Son chulas, chulas...



E antes de nos marchar aproveito para lembrarvos a esta xoaniña que viamos de cando en vez na clase e que sempre nos fai tantísima graza. Acórdaste dela? SEGUROOOO!!


E non esquezas pasar polo PADLET, que xa sabes que algo máis haberá...
dende a 332 ata a 338


venres, 29 de maio de 2020

🐵🦓🦁Ata pronto ÁFRICA🐘🦒🐍Ola letra K


Mágoa que xa remate a semana de África.  Aínda temos tanto que aprender... 
Alí viven unha chea de animais están desexando coñecervos. Aquí viñeron algúns deles para darnos a Benvida e a despedida á vez!! Coñécelos todos?


Tenta facer este crebacabezas para empezar a entrenar o caletre 😉💕



Mira que contentos están que che veñen animar con esta canción. Titúlase "HAKUNA MATATA", pero non é a que xa coñeces, verás:


Se queres saber máis destse animais podes premer o vídeo de abaixo. Verás como coñeces unha chea deles!!

Unha cousa que ás veces sorprende e ver que nese continente tamén teñen animais como os que temos aquí, como por exemplo galiñas e galos. E cómo canta alí o galo? Pois decindo KOKOLEKKO!!! como nesta canción, da que fixen un vídeo vai tempo. Queres escoitala?


Pero que letra e esa pola que comeza  KOKOLEOKO e está ata tres veces nesa palabra?


En galego non existe, é unha letra de lonxe, e se chama K. Na nosa clase ninguén a leva. Usámola en palabra que non propias do galego como aquela que tanta gracia vos facía cando falabamos dos POLOS. Aquelo que comían as baleas, lembrádesvos? Era o...

KRILL  !!!

Pero tamén a atopamos en cousas tan variadas como o

KIWI
e  tamén o famosísimo
KIWI
Caramba, que se escriben igual!! Sí. Pero MOITO OLLO;o animal chamado  KIWI  non é de África, está aquí de visita, coma nós. E vaise quedar escoitando estas aventuras da letra K



Que cousas lle pasan ó K, verdade? E que, bueno, os animais silvestres deben estar no seu hábitat, non atrapados. Menos mal que esa balea é de conto, se non de seguro que preferiría estar libre polos mares e mergullarse a case un quilómetro de profundidade. E comerse tres toneladas de KRILL ó día.
Aquí tedes de novo ó Mono Sílabo que vos ven cantar cousas de K. Queres escoitalo?


Agora que xa sabes tanto sobre o K. Que che parece facer unha ficha para lembralo? Mira, mira cantísimos tipos de K podes atopar. Debuxa tí dous o tres na parte traseira da ficha. E como na nosa clase non hai ninguén con K, por que non investigas se coñeces a alguén que sí a teña? Eu sí coñezo!! Houbo un Cadradiño tamén superlisto e bo debuxante que tiña a letra K no nome .Outra pista é que  empezaba por I. Aínda che dou outra más, hai un amigo na clase dos Círculos que ten o mesmo nome. A pensar!!!
 Non esquezas debuxar algun das palabras que xa vimos nas fotos ou na canción que levan K.


Vouvos presentar un león cuxo nome comeza por K, é o famoso KANDINGA. Kandinga é o protagonista dun conto popular africano que da un pouco de medo, pero é moi chulo. Serás valente dabondo para escoitalo enteiro? Seguro!!






 Boa peza este Kandinga, verdade? Así non se coidan @s amig@s!! E nós, coas ganas que temos de vel@s nestes momentos, imos ser FABULOS@S con el@s cando poidamos estar xunt@s.
Falando de amig@s, nesta ficha colóuse un amigo que non é Africano, poderías atopalo ?


O intruso na selva, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com

Que tal a fixeches? Ou prefires facela "analóxicamente" ? Agarda que cha poño aquí para que a descargues:
Tenta debuxar por detrás unha morea de Kiwis, de Kiwis e de Krill. Cantos? Pois dous animais Kiwis,  tres máis dos Kiwis de comer e catro máis de Krill. Cantos serán todos??
Xa é hora de rematar a entrada e por se queres lembrar algo de África que vimos outros días, aquí quedan os enlaces.

Déixovos unha canción para rematar esta visita por un continente tan chulísimo. SEGURÍSIMO que tooood@s vos@s familias a coñecen e vos poden contar cousas superinteresantes dela. De seguro lembran casi cada detalle, iso sí que vai ser unha batalla. Por que esto é ÁFRICA:


WAKA WAKA

E no PADLET atoparedes as actividades de hoxe.
da 321 á 331

martes, 26 de maio de 2020

🗺🌿🦒AFRICA🦒🌿🗺 Xirafas🦒.

Hoxe á nosa visita por África  acompañannos uns animais espectaculares.
Os coñeces?


Claro que sí, son  XIRAFAS 🦒💛🦒!!
Proba a facer o crebacabezas a ver cantas saen.



Neste vídeo aprenderás moitísimo sobre ela:


 Permíteme que hoxe fagamos unha pequena "trampiña". Xa sabes que sempre traballamos en galego, pero a Xirafa é a mascota dunha das nosas Cadradiñas. De JULIA, claro. E por que? Porque a usamos na súa versión castelá: JIRAFA🦒. En galego non temos a letra J, asi que hoxe, en honor a Julia imos chamala JIRAFA🦒.. Bueno, tamén cambiamos o idioma e non chamamos a MONKEY mono🙊 . Ainda que e monísimo🐵💖 Queres escoitar como se di en cada un dos tres idiomas que usamos no CRA? Dalle á ficha!!


Giraffe xirafa jirafa, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com




Xa que estás coa orella posta , pois a escoitar unha canción da JIRAFA🦒.

Ese pescozo tan longo que ten a é o que a fan tan diferente ós demáis animais. A que non que non a confundes con ningun outro animal?? Pois o mesmo lle pasa á súa letra: a J  de  JIRAFA🦒. 


Ten un pescozo longuísimo. Mira cantas versións diferentes podes atopar. Non esquezas colorealas e debuxar por detrás a túa propia versión da letra, a túa propia xirafa, a e a Julia, claro, que seguro que ha estar encantada. Se coñeces a alguén máis cuxo nome empece por J, adiante...tes moito espazo por encher.


Xa que estamos, que che parece se facemos un pouquiño máis de man e resolves esta ficha de sombras e imaxes. Podes facelo a man e debuxar detrás os animais, on line ou as dúas versións. Canto máis mellor che sairá!!


Animais africans, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Canto lío hai embaixo. Cal xirafa chegará ata a árbore? Segue o camiño sen perderte.


Quere facer a túa propia? Pois mira cantísimas ideas hai polo mundo!! Escolle unha, dúas ou todas...





Manualidades para niños con platos desechables | Manualidades

preme na imaxe 

Milleiros, a que si? Pois agora xa podes xogar un anaquiño con esta xirafa. Teslle que dar de comer as, pero ollo, que non e faga un lío co pescozo... 


Non esquezas pasar polo PADLET: Algo máis haberá para ti.
dende a 301 ata a 307


luns, 25 de maio de 2020

🌍🗺🦁Día de ÁFRICA🐘🗺🌍

Hoxe é un día moi especial, é o DIA de ÁFRICA. Por iso esta semana é a SEMANA DE ÁFRICA tamén na aula d@s Cadrad@s. Seguro que a moitos xa vos soa o nome deste lugar. A que sí?
 Pois esta é a bandeira da UNIÓN AFRICANA



Son 55 paises os que forman esa unión. Moitísimos. Cantos eres capaz de contar? Toooodos? 








  • Bandera de Angola Angola
  • Bandera de Argelia Argelia
  • Bandera de Benín Benín
  • Bandera de Botsuana Botsuana
  • Bandera de Burkina Faso Burkina Faso
  • Bandera de Burundi Burundi
  • Bandera de Cabo Verde Cabo Verde
  • Bandera de Camerún Camerún
  • Bandera de la República Centroafricana República Centroafricana
  • Bandera de Chad Chad
  • Bandera de Comoras Comoras
  • Bandera de República del Congo República del Congo
  • Bandera de República Democrática del Congo República Democrática del Congo
  • Bandera de Costa de Marfil Costa de Marfil
  • Flag of Egypt.svg Egipto
  • Bandera de Eritrea Eritrea
  • Bandera de Etiopía Etiopía
  • Bandera de Gabón Gabón
  • Bandera de Gambia Gambia
  • Bandera de Ghana Ghana
  • Bandera de Guinea Guinea
  • Bandera de Guinea-Bisáu Guinea-Bisáu
  • Flag of Equatorial Guinea.svg Guinea Ecuatorial
  • Bandera de Kenia Kenia
  • Bandera de Lesoto Lesoto
  • Bandera de Liberia Liberia
  • Bandera de Libia Libia
  • Bandera de Madagascar Madagascar
  • Bandera de Malaui Malaui
  • Bandera de Malí Malí
  • Bandera de Marruecos Marruecos
  • Bandera de Mauricio Mauricio
  • Bandera de Mauritania Mauritania
  • Bandera de Mozambique Mozambique
  • Bandera de Namibia Namibia
  • Bandera de Niger Níger
  • Bandera de Nigeria Nigeria
  • Bandera de Ruanda Ruanda
  • Bandera de República Árabe Saharaui Democrática Sahara Occidental
  • Bandera de Santo Tomé y Príncipe Santo Tomé y Príncipe
  • Bandera de Senegal Senegal
  • Bandera de Seychelles Seychelles
  • Bandera de Sierra Leona Sierra Leona
  • Bandera de Somalia Somalia
  • Bandera de Suazilandia Suazilandia
  • Flag of South Africa.svg Sudáfrica
  • Bandera de Sudán Sudán (suspendido)
  • Bandera de Sudán del Sur Sudán del Sur
  • Bandera de Tanzania Tanzania
  • Bandera de Togo Togo
  • Bandera de Túnez Túnez
  • Bandera de Uganda Uganda
  • Bandera de Yibuti Yibuti
  • Bandera de Zambia Zambia
  • Bandera de Zimbabue Zimbabue

  • Incrible!! Cantísimos había. E agora, serás quen de completar a bandeira da UNIÓN AFRICANA  neste crebacabezas?


    Agora que o penso. Sabes por ónde está Africa? Por se non o lembras, aqui cho contan rapidiño.


     A nos  África quédanos lonxe para ser preto e preto para ser lonxe.
     Vede ónde estamos nós e onde está ese apaixoante CONTINENTE.


    Neste video tan chulo poderás aprender moitísimas  máis cousas de AFRICA. Cantas destas xa sabiades?


    Seguro que xa case que eres un/ha expert@ no mapa de África. Ou casi. Colle o lápiz e as cores que poderás colorealo nesta ficha:

    Cada día da semana vainos levar de visita por África un animal diferente. Que vos parece se desta volta nos acompaña un rei na nosa viaxe? Xa vos imaxinades quen? Seguro que Martina e Sofía se lembran, pois é o seu conto favorito. Bueno, e sobre todo Laura, que o seu nome comeza pola misma letra.


    Observa cantísimos tipos de L hai. Seguro que tí aínda podes inventar máis. E con paus, paliños, palliñas, pasta, telas, plastilina, boliñas, o que queiras...Podes aproveitar para debuxar detrás da ficha@s compañeir@s que levan L no nome. Sabemos que Laura o leva de primeiro. Pero, que máis o ten?


    Pero a que animal os referiamos antes? Cal era a mascota de Laura? SÍ, ADIVIÑACHES!! Era o LEÓN!!!!

    Menos mal que nos só os vemos na pantalla!! Agora PRESTA ATENCIÓN. Podes atopar os leóns IGUAIS ao modelo? Están sin colorear, iso sí.Así que aínda é máis dificil. Ou non?


    Para evitar sustos imos ver unha aventura de leóns dende a nosa propia casa. 


     Que che parecería colorear estes leóns? Non esquezas copiarlle debaixo o nome:
    Detrás terás que debuxar a túa propia versión deste animal. 🦁🦁


    Así ordenadiño non é tan difícil, pero. Atreveste a ordear as letras desta parella? Adiante...


    Un xogo nunca ven mal, e se ademáis aprendes cousas, pois moitísimo mellor. Mira que chulete!!




    Aquí agochadas están as etras do abecedario. Non as sabemos todas, claro que non, pero están escritas abaixo e podes xogar a atopalas. A música do xogo é divertidísima.




    Que tal se te animas a facer o teu propio león? Podes escoller dentro das estupendísimas ideas que verás a continuación. Seguro que na casa atopas algúns destes materias para facelas. A min encántame esta. É moi parecida á do xogo que fixeste antes.E ademáis haberíase que pintar as mans, co que nos gusta a nos!!

    Por se aínda che apetece facer mási, deixoche estas que tamén están xenial!! Elixe as túas.


    vistas no https://www.craftymorning.com/lion-crafts-kids-make/

    Antes de vos ir propoño escoitar esta canción que nos amosa uns leóns mooooi calmadiños. Este é un vídeo que fixen vai moito tempo, e xa sabedes que @s Cadradiñ@s encántanos facer as cousas divertidas, así que seguro que vos anima 😉😉 Xa veredes. É unha das miñas cancións favoritas dende que era coma vos. Ogallá tamén vos guste.
    Prohibido NON bailala. 💖💖!!!


    Eh, pero non esquezades pasar polo PADLET. Eu vos espero mañá con máis cousas de África e cun novo animal de protgonista. Esperamos que estéa máis desperto que este 🦁😉!!!

     Actividades da 290 a 300