viernes, 28 de octubre de 2011

OUTUBRO REMATA DE MEDO...

O mes de Outubro está rematando. 
Esta é a última semana e deu para moitas cousas.
Cambiamos diariamente o axudante, e o día da foto tocóulle a Hugo, que xa acusaba o cansanzo dos días na escola...


 E que despois de " nomear aos encargados" un queda canso...






A verdade é que os encargados aproveitaron que estabamos a calebrar o Samaín para meter un pouquiño de medo:


A nós non nos asustaron moito porque levabamos preparando o Samaín varios días...



 E máis cousas, como veredes:









 A abella Pepa trouxonos un panal para ver cómo e de ónde sale o mel que tomamos na casa. Estaba rico, rico...



Como remate de celebración de Samaín un conto chamado Samaín que nos contou  a profe Isa


E agora preparádevos para pasar moooito medo véndonos en acción cantando a canción do Halloween que nos aprendeu a profe Cova, á que lle adicamos esta canción para que mellore pronto.

video

 A reportaxe fotográfica que ven a continuación vaivos deixar sen palabras. Pasaredes moito medo e veredes as cabazas que Luiz, Carla, Dani e Alex nos trouxeron para "ambientar" o Samaín dos Cadrados:











¡¡¿¿ A que estamos de medo??!!
Pois se queredes seguir xogando con cousas de medo xa sabedes que podedes ir á páxina de TICs do CRA onde atoparedes cousas de OUTONO e do SAMAÍN.

¿Queredes ver o noso resumo de actividades do mes de Outubro? 
Pois, poñédevos cómodos que ahí vai...

viernes, 21 de octubre de 2011

MOITO TRABALLIÑO TIVEMOS...

Non queremos olvidarnos esta semana de presentar a unha figura que leva connosco moito tempo: O AXUDANTE
O traballo de axudante é moi completo, así que rotamos cada día. No día da foto tocáballe o turno a Iñaki. Vede con qué soltura e saber estar posa ante a cámara.


Tamén presentamos aos encargados desta semana. Posaron para a foto xa algo cansos, pero satisfeitos polo traballo realizado.



Nesta semana tocáballe a reportaxe fotográfico á clase de Educación Física. O profe Ricardo fíxonos traballar arreo, pero pasándoo moi, moi ben. Non hai más que ver as fotos.






 Á espera das consignas do profe




Amodiño repartimos o traballo




 Con moita paciencia esperamos turno
 




 ¡¡Menuda velocidade!!




 Pero isto non é nada comparado cos vídeos que ides ver agora: Os cadrados cruzando o río cheo de "ostráculos" como comentaba un dos cadradiños. 
Hai que os ver...


video

"Dándolo todo", ¿ a que sí?

video

E, claro, despois de tanto traballar, necesítase un tempo de relaxación e descanso...


Para celebrar a chegada do  OUTONO preparamos unha leria coa profe DOLORES no tempo do Proxecto de Estimulación da Linguaxe.
Primeiro nas nosas mesas:




E despois na PDI . Vede qué ven nola sabemos:


video
Podedes ver a leria e máis cousas que traballan en Audición e Linguaxe no seu blogue. Facendo clic enriba deste ENLACE AO BLOGUE DE AL.

Durante toda a semana traballamos nos equipos en cousas ben diversas. 








E non podemos olvidar os preparativos do noso mural de cabazas. Alex trouxo unha moi chula e nela nos inspiramos para decorar a nosa con pintura e esponxa. Polo de agora vainos quedando así...Xa veredes qué ben vai a estar o mural pero teredes que agardar ata a semana que ven.
Grazas á profe Eva pola axuda!




Tamén dimos a benvida á nosa nova compañeira de clase, e mascota, a ABELLA PEPA.





Con PEPA quixo quitar as fotos de Cumple a nosa compañeira CARLA, que xa pertence ao clube dos de 5 anos.
Convidounos a todos a unhas tartas riquísimas, tanto que algún larpeiro quería tomar o cuarto trozo !!!!
Grazas de parte de tod@s e MOITAS FELICIDADES.


E antes de rematar a semana, falta o conto. Desta volta a profe ISA contounos un moi axeitado a este tempo: Xaime e as landras. 

Podédelo escoitar nos blogues da BIBLIOTECA e no de TICs somentes facendo clic enriba dos nomes xa que é un traballo colaborativo das dúas dinamizacións.
Desfrutádeo.


viernes, 14 de octubre de 2011

¡ Unha semana moi activa !

Cantas cousas pasaron esta semana. 
Comezamos por vos presentar aos 
encargados semanais.
Veredes qué emocionados posan para as cámaras




 Amosamos o noso calendario de quendas para encargados. Xa sabemos a quen lle toca a vindeira semana ¿ E vós, o adiviñádes ?


Tivemos un Taller de Matemáticas moi especial coa profe Eva . Xogamos e fixemos series cos tapóns que traemos á escola para reciclar. 










Na clase de Música coa profe María xogamos cos ritmos e cos tempos. Pasámolo estupendo. Botade unha ollada...



Fáltanos o momento lector coa profe Isa. Ahí a vedes contando un conto dos que nos trouxo da Biblioteca do CRA. Era moi, moi chulo...








Por último, vede cómo ordeamos a roupa sin nos confundir nos noso percheiro.
Ten truquiño, sí, pero vainos moi ben...




E para disfrutar da semana en movemento, ahí vai unha montaxe dinámica. 



Ata pronto!!