lunes, 15 de diciembre de 2014

Apalpador, xa se achega o Nadal...

Veu o Apalpador ao CRA e nos deixou cousas ricas: noces, mazas, castañas... e uns xoguetes tradicionais moi chulos...
O recibimos en Guísamo con esa ansia que temos xa de que se achegue axiña o Nadal...
Agardamos con moitos nervios e expectación.
 E escoitamos historias moi chulas sobre a vida na montaña...


Deixounos uns agasallos preciosos, sobre todo a lousa de pintar que imos poñer no patio para podela disfrutar tod@s!!


Ata o vindeiro ano!!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

CUNCHAS, Que fermosura nos cadradiños!!!

Estrelas e Cunchas viñeron adornar a clase dos cadradiños neste outono tan mariñeiro.
Desta volta as as trouxo a profe Isa, e contounos uns contso moi chulos que as tiñan de protagonistas.






miércoles, 10 de diciembre de 2014

Por Newton, de que vai o da mazá?



Nesta ponte aproveitamos para investigar por que enriba da porta da casa das ciencias hai unha mazá, e  moitos atopamos a resposta...


Era algo realmente de "gravidade":
 O científico Isaac Newton deuse conta ao lle caer unha mazá. Porque caía e non saía voando?
Si, queredes saber máis podédelo ver no blogue de TICS...premendo na imaxe.




martes, 9 de diciembre de 2014

UNHA TAPIÑA?

Menos mal que Cristovo, a nosa mascota da Biblioteca non andaba polos Cadradiños...E é que estivemos de pulpeira. 
Coas mans ben preparadas, e coa inestimable axuda de GUILIANA, como, non!!!


E agora xa estamos list@s para tocalo, máis ou menos...




Máis difícil aínda...












E a da profe Gui que non falte!!!
Agora que xa sabemos tanto de cefalópodos podemos debuxalos con esponxas e  corchos, veredes que chulos...




miércoles, 3 de diciembre de 2014

Vivir na Coruña que bonito é...visitamos a cidade da Torre de Hécules

O pasado 19 de Novembro fomos de visita á Coruña e o que vimos foi 
ES-PEC-TA-CU-LAR. 
Pasámolo xenial e vimos unha morea de cousas das que escoitaramos falar pero algúns de nós non coñeciamos en "directo".

Baixamos do bus abraiados, nos esperaban esculturas familiares...Breogán, Carlos III, a mesmísima Torre de Hércules...
SUUUUPER!!!


                          Con Carlos III
 Na Rosa dosVentos 



A Ara Solis no fondo
Na Guitarra homenaxe a Picasso


Tiñamos que comprobar se viamos todo o que nos poñía na nosa folla de visita guiada, houbo que prestar moita atención...
Pero o conseguimos!!
Aínda nos quedaba por facer unha visita moi artística...Cara ao MUSEO de BELAS ARTES.
Se queres ver o que alí fixemos podes velo máis polo miúdo premendo na imaxe.