xoves, 30 de abril de 2020

✨🌼 Oooh!! 🌼✨ Que bonita letra🐶!

Paseniño, paseniño imos avanzando co repaso das letras. Nestes días tócalle á letra -O- que nos encanta. Redondiña como é ela, sinxeliña de debuxar e de recoñecer. Non ten confusión!! Bueno, sí, un pouquiño co número 0, pero así aprendemos a trazar dúas cousas á vez, verdade?

 Para que lembres ben como é fai, resolve este crebacabezas. E doado de facer, a que sí?




Cantos nomes de compañeir@s de clase coñeces que teñan a letra -O- ? Ainda hai alguns, verdade? 
Pois podes intentar debuxar es@s compañeir@s na parte de detrás desta ficha. Iso sí, xa sabes cómo dicimos:
PUNTA no PUNTO para saber onde comezar a repasar


Nesta fíxate ben, tes que completar os ocos e logo copiar.
Queres escoitar unha canción da o bastante divertida? Pois prepárate que esta farate bailar....


Un repasiño de todas, que che parecería?
Esta canción é de C-O- L-O- MBIA, un pais que como ves leva moitos -O- 


Tamén a palabra C-O-NT-O leva moitas . Éste é un dos meus favoritos, non somentes porque o nome do seu protagonista leva o -O-, senon porque ao pobre lle pasa unha cousa moi curiosa. 
E o marabilloso e único can N-O-N!!, bueno, N-O-, porque está en castelán. É de Marta Altés.


Leer más publicaciones en Calaméo

Meu pobre🤦‍♀️🐶 Que é o que realmente esta a facer N-O-N!? Esta facendoo tan ben como cre? Por que pensa que se chama así? Cres que hai xente que lle sucede ó que a N-O-N!, que pensan que o que fan está ben pero os demáis o ven doutro xeito diferente? Como poderías resolver algo así?
Puff, cantas preguntas saen dun libro, pero a máis importante é...Gustouche?
Pois se é así anímate a completar esta ficha:


No Blogue da BIBLI-O-TECA podes atopar unha entrada moi chula sobre este C-O-NT-O.
 Se premes en BIEIT-O,  xa che leva el mesmo.



E non esquezas pasar polo PADLET para atopar máis suxestións para este día. Deixamos alí uns xogos para disfrutar coas letras:


Son as actividades dende a 191 ata a 197 😉🌈



Ningún comentario:

Publicar un comentario