venres, 3 de abril de 2020

🌈💖SEMANA SUPERADA💖🌈

 Fixéstelo!!
Pasou a semana a toda cor. Como Arco da Vella  que mandou Mario G para animarnos a tod@s un pouco!!

Veña, veña que xa é venres!! Temos moitas cousiñas por que nos estamos preparando para deixarvos diversión en vacacións. Pero antes. Cómo vai o noso 

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6?

Temos novas recentes do experimento do OVO SALTÓN. Hoxe teríades que quitalo do frasco os que o puxestes o mércores. Os demáis aínda estades en tempo 😉.Polo de pronto aquí está a primeira achega notificada:

Se queres saber máis preme na foto.
 Non esquezades enviar os resultados dos vosos!!
E que tal van as FABAS de 🌿🌱SEMENTANDO🌱🌿?
 Algúns xa as puxeron na ventana o mesmo día. Qué tal medrarían?
 
preme nas fabas e verás as fotos novas Abaixo

Pois, veña, mans á obra. P
ropoñémosvos profundizar nas vosas emocións nestas datas. Xa sabedes que os demáis prefeiren que esteamos contentos, pero non semre pode ser así, claro. Temos unha chea de emocións no noso corpo:


Como no PADLET non cabía todo aquí quedan algúns recursos máis. Empezamos polo conto para que non teñas que ir buscalo de cada vez😉




No PADLET tes moitos recursos colgados para que podas pasar varios días xogando e divertíndote mentras aprendes a descubrir que sentes ti e os demáis da casa. E cómo podes facer para sentirte mellor.  


Non esquezas facer de cando en vez unha ficha, que precisamos ter a man entrenada para poder crear o que nos gusta. Deixovos algunha para non perder os bos costumes. 
Marchando  unhas de mates de monstros confusos:


 A estes mellor ponlle tí as cores. Sabes cal é cal?



Animaste a xogar con este dado de emocións? Podes descargalo e imprimilo ou pegarlle tí os mostros a un que xa teñas feito.
A este lle podes por tí a cor

 Quedan aquí os debuxos para poder imprimilos e pegar no dado ou onde queras.

Antes de deixarvos ir tranquiliñ@s de vacacións, unhas recomendacións. Ademáis de para bicar, apertar, e mimar a tódolos que vos arrodean...Aproveitade para botarlle unha ollada ós  outros blogues do CRA, teñen cousas moi chulas tamén. Pero sobre todo...Desfrutade!!!!
Á volta, con sorte, algúns xa teredes unha chea de desexos nos botes, unhas fabas medrando e o recordo dos ovos saltaríns. Compartide connosco o que queirades...

Moitísimos bicos virtuais  !!
🌈🤗💖✨🧡💛💚💙💜🤎🖤






Ningún comentario:

Publicar un comentario