Éste é moi sinxelo pero supercolorido. Baséase nun fenómeno que se chama CAPILARIDADE, menudo nome máis curioso, verdade?? Olla o que precisas para facelo.
Pouca cousa, verdade? Agora vexamos que é a famosa
CAPILARIDADE
A capilaridade é unha propiedade dos líquidos que fai que, debido á súa forza intermolecular, suban ou baixen por un tubo capilar. Un exemplo é o das plantas, que chuchan a agua dende o terreo mediante capilaridade. Neste experimento, a agua está coloreada para que se poda ver a súa traxectoria e os tubos capilares son os ocos que teñen dentro os papeis de cociña.
Preme para ver a explicación paso a paso |
Agora que xa sabemos todo o que precisamos, déixovos uns vídeos de como se fai. Antes unha cousa super importante: NON empecedes o experimento ata que teñades todo os papéis dobrados!! Conselliño de Cadrad@s 😉😉
A versión curta é ista...
Apúntate á que máis che guste e ADIANTE!!Manda fotos e vídeos par que os podamos compartir, pero sobre todo DISFRUTA de facelo.
Se queres lembrar o que fixeches aqui tes a ficha para recoller a información. Xa sabes, diante os ingredientes e cómo quedou. Detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, eh? Se non podes imprimila, podes copiar algo parecido o mellor aínda!!!
Por se o queres debuxar tí todo...
Esas mesturas de cores alégrannos a vida!! A que sí? Pois se queredes podedes practicar coas mesturas que preparei neste xogo. A ver se lembras que cores precisas para crear un novo...
NON TIRES A AUGA DE CORES!!!
Aínda podedes facer máis cousas se non tirarades a auga das mesturas de cores. Collede unhas flores blancas: margaridas, crisantemos, claveisou calas e probade a tinguilas.
Hai que esperar e ver se temos sorte!!
Hai que esperar e ver se temos sorte!!
E aquí vos deixo o enlace a 3 vídeos de Cadradiñ@s que tiveron exitazo co seus experimentos:
Pica na foto e che levará a entrada correspondente. Están colocadas ao final...
Non vos esquezades de pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO.
Pica na foto e che levará a entrada correspondente. Están colocadas ao final...
Tamén hai novidades ao final da lapela
preme aquí para velo. |
Non vos esquezades de pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario