Como aínda non chegaron todos os vosos vídeos imos agardar para ver a peli completa dos contos favoritos d@s Cadrad@s ata o luns, a ver se tod@s se animan!! Aproveitamos para usar un dos vosos contos favoritos para rematar a semana. Cal será?
Pois claro que é E LM E R!! 🐘
Non só e un dos vosos contos favoritos senon que é dun E L E FANT E 🐘 cuxo nome leva varias E ...
Cantas dis que son? Esas mismas!!
Aquí temos un debuxos moi chulos de Mario G que puidechedes ver tamén no vídeo da biblioteca. Chachis!! Son un antes e un despois
Aquí temos un debuxos moi chulos de Mario G que puidechedes ver tamén no vídeo da biblioteca. Chachis!! Son un antes e un despois
Se pasaches antes polo PADLET verás que ten xa varias actividades colgadas, pero aquí atoparás moitas máis...Adiante!!
Primeiro escoita o conto, que está moi chulo, ademáis con PICTOGRAMAS, unha palabra rariña que quere dicir que son debuxos que representan as cousas, igual que o fan as palabras, pero máis sinxelo de ver cunha ollada.Tod@s sabemos ler PICTOGRAMAS, xa o verás...
Queres velo en plastilina feito por nen@s ? Queda chulo, chulo.
Agora ven a canción. Xa sabes, podes cantala canto queiras!!! Tamén usa PICTOGRAMAS para que a podas intentar ler ti.
Agora que xa casi o sabes todo sobre E LM E R 🐘 que che parece se fas as actividades. Pide axuda se a precisas, iso sí, pídea POR FAVOR, que sempre cha dan máis content@s.
Pero ti eso xa o sabías, verdade?
Este sí é dificil, pero o ides facer guai.
Ánimo, quedan unhas fichas e dous xogos.
Seras quen de facelo durante esta fin de semana?
Esta ten códigos
E despos de tanto traballiño. Que tal unhas manualidades moi sinxelas de elefantes para estirar os dedos e o maxín?
A manualidade orixinal era gris, pero que che parece cómo me quedou un E LM E R 🐘de cores? Xa ves que só se precisa un plato de cartón ou un cartón redondo para a cara, cartón ou papel para as orellas e un calcetín o máis longo posible!!!
E para facer un xogo con máis movemento e puntería aquí vai esta foto na que se ve cómo facer un elefante🐘 para encestar. Temén podedes usar platos de cartón ou o que atopedes por casa.
A ver que tal vos queda a vós!!!
Mans á obra!!
🐘📕🐘📗💖🐘📘🐘📒
e non esquezas pasar polo PADLET
Ningún comentario:
Publicar un comentario