mércores, 16 de outubro de 2019

Novas mascotas n@s CADRADIÑ@s !!!

Neste curso imos aprender moito sobre o noso PLANETA ANIMAL

E qué mellor xeito que comezar polos animais que máis preto viven de nos: os da contorna do Bosque atlántico.
Saberedes atopar quen anda  por ahí?
Buscamos ás nosas tres mascotas que viven pola Fraga de Cecebre. De seguro que se temos paciencia as vemos asomar tralas matogueiras, bións e vimbieiras e demáis plantas do rio.


Xa as atopaches? Nós tamén!!

Estaban a xogar con nós ás agochadas. E é que non é doado ver a alguns animais na Natureza, por que son tímidos e teñen medo dos humáns.

De entre os animais que viven preto de nos escollimos unha mascota para cada equipo: a mascota que viva na terra será o RAPOSO, a que viva preto da auga o PINTAFONTES e  a que sabe ir polo ar será a BUBELA.


Cada encargado de equipo xa leva oficialmente durante a semana a insignia da mascota do equipo.
Unha honra para @s cadradiñ@s!!



Vede que cheos posaron para a foto oficial:


E é que levar a chapa do noso equipo é unha responsabilidade moi especial!!