Amosando publicacións coa etiqueta CANCIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CANCIÓN. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de xullo de 2021

🧡UNHA NOVA ERA N@S CADRADIÑ@S🧡

Tres anos que pasaron voando n@s Cadradiñ@s, e aínda por riba o COVID roubounos  uns meses xunt@s, e complicounos  moito as apertas e a vida na aula. Pero aínda así... GRADUÁMONOS!!! 

Maila todo iso, deunos tempo a ducias de festas, miles de ratos xuntos e divertidísimas experiencias únicas, aquí n@s Cadradiñ@s de Guísamo. 

Para despedirme de tod@s vos e desta etapa taaan xenial e memorable, queda este vídeo que é unha escolma dalgúns dese momentos que sempre, sempre, sempre irán connosco onde queira que  vaiamos.l


Aquí deixo tamén algunhas fotos do 22 de Xuño, Día da Graduación d@s Cadradiñ@s da Promoción 2018-2021. Tiveron ocasión de ver este vídeo e facer moitísimas cousas máis. Ollade que ben o pasamos ese día.

Decoramos as caixas de material

Tivemos a imposición da insignia de Cadradiñ@s



Reparto de carnets e doces personalizados
e USB de fotos  para as familias

Tivemos unha videoconferencia de clausura de curso co resto de alumnado de CRA. Unha actuación de fin de curso na rede. E como era de agardar cantamos de MARABILLA!!!

A falta de togas e birretes tivemos pulseiras conmemorativas:



Gozamos cos XOGOS da AUGA
A caza do tapón




das burbullas

e botelliñas dun mar de Cadrados das que non tivemos tempo de quitar ningunha foto. 

@s Cadradiñ@s e familias sonche moi pillabáns e vede que sorpresa tan xenial fixeron cando íamos para casa. Con canción e todo. 

Sen dúbida son @s mellores.

Dese momento tan emocionante son estas fotos. 

Vos si que sodes cousas preciosas!!!

Aiii, que traballiño me deu non chorar...


GRAZAS A VOS, CADRADIÑ@S!!!

🧡💛💚💙💜🤍

Pero aínda que @s graduad@s se fosen para as súas casas na procura dun merecidísimo descanso, a min aínda me quedaban máis sorpresas nestes últimos días como profe d@s Cadrad@s. No ultimísimo día de Xuño as miñas compañeiras e compañeiro agasalláronme un vídeo preciosísimo do que quero compartir un anaco. E é que nel saen @s cadradiñ@s dicindo unhas cousas que me "chiflaron" e cantando unha canción que teredes que xulgar vós mesm@s. 

Inesquecible.

Grazas a Mónica García (profe da Biblio) que fixo as gravacións a a montaxe) e a María Rivera (profe de Música) por ensaiar os cánticos d@s meus peques... 



SORTE na vosa futura etapa. O ides facer incríble.
BIQUIÑOS por sempre, Cadradiñ@s.
MUAKSSSSSS!!!!!!

domingo, 25 de abril de 2021

🌍📚Día Internacional do Libro 2021📚🌍

O día Internacional do Libro sempre é unha data moi sinalada n@s Cadradiñ@s.

Nesta ocasión estivemos a falar de por que celebramos este día. E falamos de  Miguel de Cervantes Saavedra. Aquí vos deixamos o crebacabezas deste escritor tan importante.  


Estivemos a aprender unha chea de cousas sobre a súa obra e sobre outros escritores que tamén finaron nese día e que tiñan tanta sona coma el. Ou casi. Para iso fumos ata o blogue  Ssissimonea onde nos contaban todo o que hai que saber sobre o día do libro. 

Preme na imaxe

Fixemos un libro onde recollimos o máis salientable destes datos. Elaborado totalmente por nós!! Mirade como era antes de que o rematáramos...


Tamén nese blogue atopamos un Genially onde nos falan da obra máis importante de don Miguel:

 

Mirade que "posado" tan chulo  fixemos coa nosa medalla do día do libro e o libro que realizamos. 
Detrás das máscaras están os nosos risos coa satisfacción do traballo ben feito. Claro que si !!!



                                       💗Encantounos DON QUIJOTE!!!💗 
        Tanto que non puidemos evitar disfrazarnos de cabaleiro andante. Coa lanza, escudo e ata bacía (o sombreiro tan curioso que o fidalgo levaba).  Mágoa que houbo algunhas baixas entre nós e non saímos tod@s na foto, pero de seguro que outro día hanos dar tempo a voltar sobre o tema.
 

Queres vernos máis polo miúdo? Adiante, intenta recoñecernos no gif de abaixo.



 Para rematar gustaríanos compartir unha das cousas que máis nos encantou: 
a canción de "Don Quijote". Esta é a verión con pictogramas para aprendela aínda máis axiña...

venres, 11 de setembro de 2020

Comezamos!

Que empece o curso n@s Cadradiñ@s! 

Que tal se comezamos cun crebacabezas, para non perder os bos costumes?

@s Cadradiñ@s voltamos á aula e atopamos taaantas novidades que xa casi non a coñeciamos. 

Con máscaras ou sen ela, os Cadradiñ@s estivemos encantad@s. Nótasenos ben. Faltaron algunhas cadradiñas, e as botamos de menos, pero a semana que ben  de seguro que xa nos reunimos tod@s.

Queredes ver como vai quedando a nosa clase? 

Temos tres equipos, como sempre, pero cada un de nós ten unha zona de clase SO PARA NÓS!! É sinxelo de ver se te fixas. O chan está marcado para que non nos esquezamos.

Sinalamos os sitios, as sillas, as caixas e despois de moooito lavar as mans, respectamos o sitio ata para comer.


As merendas nestas novos maletíns desinfectables parece que saben mellor e tiñamos famiña. Iso sí, antes do patio, a lavar as mans de novo. Xogamos en tres zonas diferentes, unha por equipo, que ademais hoxe fixo soliño e no patio estábase de maravilla!!




E despois do recreo.... a lavar outra vez as mans. 
Un pouquiño de motricidade de dedos, que hai que volver a entenar... 

Colocando o material, e debuxando cadrados pasou a mañá. Antes de irnos para casa lavamos as mans de novo.

Que vivan a auga e o xabón!! 💧🧼

Deixovos a canción de lavado de mans que mais nos gustou hoxe. Que opinades vos?



venres, 19 de xuño de 2020

🧡💛🌈🖤💙Eu teño ALGUÉN NO MEU 💜💚🌈🤎💗

Queridísim@s Cadradiñ@s, este é o último día de cole na casa deste curso tan diferente. E unha das cousas que máis nos aprendeu a tod@s nós esta corentena é a darnos conta de verdade da boa, do que levamos no noso 💗, do que realmente queremos.


E sabedes que?
Pois que @s profes do CRA sabemos moi ben o que levamos nos nosos 💗💛💚💙💜🤎🖤🤍💗 Sí, como dí a canción de María Fumaça. E que será?

Mira este vídeo tan chulo prepararon Eva e Bieto e o sabrás.


 Pois claro!!! A quen levamos nos noso corazón? Sí, sí, a vós, Cadradiñ@s!!👏🏿👏🏾👏🏼👏🏽👏

E vós, a quen levades nos vosos 💗ademáis da familia e d@s profes? Seguro que máis dunha e dun nolo conta no seguinte vídeo. Da gusto ter un corazón tan grande onde cabe tanta cousa!! Grazas por compartilo connosco.


Pero que maiores estades e que ben o fixéchedes todo este tempo, chic@s!! Non me quero despedir deste curso se un último crebacabezas. É o máis difícil de todos, pero seguro que che sae se o intentas con coidado. 
Pasade un VERÁN MARABILLOSO e non esquezades que podedes consultar os blogues e os PADLET tantas veces como queirades, que el@s non se van de vacacións,
do 439 ata o 432 

Tamén nos podedes deixar comentarios ou saudiños se de cando en vez pasades por aquí.
Estamos desexando vervos!!

🌞🌈⭐🧡


xoves, 18 de xuño de 2020

🌈🔥🐟🌿No San Xoan🌿🐟🔥🌈


A noite do 23 de XUÑO celebramos con moitísima ilusión unha festa moi especial. Facemos cacharelas, fogueiras, lumeiradas e comemos sardiñas. Sabes como son?

Serás quen de ordear este crebacabezas?
Pois claro que sí, aínda que é moi difícil seguro que poderás.

Aquí en Galicia as sardiñas pequenas chámanse de dous xeitos distintos: PARROCHAS nas Rías Altas, que é onde estamos nós, e XOUBAS nas Rias Baixas .Que graciosos nomes teñen, verdade?  Polo San Xoan comemos as sardiñas gordiñas, gordiñas, cunha graxa moi saborosa que empapa o pan quentiño. Por iso existe este refrán :


Vai pouco tempo Pablo Díaz fixo unha canción superchula con ese dito.
Proba a resolver ti a ficha de debaixo. Leva a canción incluída. A podes facer de xeito interactivo ou a podes imprimir e facer en "analóxico".

NO SAN XOAN Refrán, an interactive worksheet by cadrado19 
liveworksheets.com

Se queres escoitar a canción mentras a fas usa o QR.


Queres escoitar a canción na páxina do seu autor Pablo Díaz?


As sardiñas adoitan nadar en grupos enooooormes. Chámanse BANCOS ou CARDÚMENES. Queres velas nadando? Son preciosas as figuras que forman movéndose na auga.



Cantos peixes dixo @ cativ@ que viran?  Millóns!!!
Quen pensas que nos pode aprender algo sobre as sardiñas? Pois claro, o equipo dos OCTONAUTAS! Vannos contar por que van xuntos estes peixes prateados,



Aquí na Coruña, no AQUARIUM FINISTERRAE ás veces hay tamén milleiros de sardiñas. Non te podes perder visitalo!!  Déixoche unha entrada do blogue "O MUNDO ENTEIRO" que subin con moita información sobre este museo científico coruñes.
Queres ver cómo capturaron as sardiñas para levalas ata a Sala Maremagnum?

 
Que non podes ir visitar o AQUARIUM aínda? Non te preocupes, deixote dúas vistas á sala para ver se atopas as sardiñas ou coñeces algunha outra especie. XIRARÁS  da emoción!!!


e



Que tal se nos axudas ti a pescar sardiñas? Bota as túas redes e péscaas de 7 en 7!! 
Cantos grupos de 7 che saen? Cantas che sobran? Anótao nas etiquetas.

Parecen todas tan iguais que serás quen de atopar as idénticas entre estas?



Pois xa que o fas tan ben, mereces esta canción. Verás como che gusta...




Podes crear o teu propio xogo de pescar sardiñas. Tes que premer no enlace. Aínda que se lle pos no fío da cana un dos imáns que utilizaches para o experimento nº 14, igual che queda máis sinxeliño e divertido. Debuxa tí as sardiñas como queiras. Que che parece se lle pos purpurina ou as forras de papel de aluminio? Vanche brillar un montón.



 Podes facer a túa propia lata de sardiñas que aquí tamén somos de tradición conserveira 😉


modificado de http://ahorrarencrisis.com/manualidades-divertidas-pascuas-imprimibles-gratis/


Antes de ir, non perdas a ocasión de colorear algúns dos peixes que podes atopar polos océanos ou no AQUARIUM FINISTERRAE, só preme na imaxe e elixe!!



«No día de San Xoán, baila o sol pola mañán».

NON ESQUEZAS O PADLET
da 422 ata a 428