Amosando publicacións coa etiqueta XORNADAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XORNADAS. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de febreiro de 2021

😁😊XORNADA DE INFORMACIÓN ABERTA 😊😁

 XORNADA DE INFORMACIÓN TELEMÁTICA PARA O VINDEIRO CURSO

Este ano non pode ser. Quedamos sen poder abrir as portas da escola e da aula para que as familias interesadas en incorporarse á aventura deste CRA poidan entrar e velo desde dentro. 

Asi que esta xornada de portas abertas a cambiamos por unha xornada de información telemática.

Só tedes que pedir cita telemática para o día 23 de febreiro ao correo escrito debaixo e solicitar a información que precisedes.

cadrados21@gmail.com

Pero se tes ganas de ver o cole por dentro e a aula d@s Cadrad@s en particular, mira este vídeo que deixamos. Non se pode esquezcer  que nestes momentos están os espazos artellados para cumplir as medidas antiCOVID vixentes: con alumnado de máis de 10, precisamos facer grupos burbulla, espazos separados, etc. E así resolvimos as aulas: 

Agardamos que vos guste e esperamos vervos axiña. Pero non esquezas que no CRA temos máis escolas con prazas libres que podes consultar na páxina oficial do CRA.



xoves, 28 de maio de 2020

🌈✨🎈A XOGAR!!🎨🏀🛶

Hoxe á o DÍA INTERNACIONAL do XOGO, así que imos xogar a xogar !!!!

Este día é tan, tan especial que che propoño xa o primeiro xogo de hoxe:1️⃣  DISFRÁZATE !! antes de seguir lendo.
Non fai falla que sexa un traxe completo, podes usar unha gorra, unha diadema de orellas, a capa de superheroe/superheroína, unha máscara ou que ti  queiras.
 🦸‍♀️🦸‍♂️ 
Agora que xa estás vestid@ para a ocasión, adiante. Un crebacabezas que é ximnasia para o cerebro!!



O xogo é un dereito de todalas nenas e nenos do mundo. Con él aprendemos a nosa cultura, espabila a nosa imaxinación e o nosos músculos,  danos risas, matemáticas, música, arte... e amig@s. Que máis se lle pode pedir? pois es, xogar máis.

  • Como estamos na semana de África, que vos parece comezar por uns xogos africanos? Propóñovos este: 2️⃣


Podes ver máis premendo na imaxe de abaixo:
no blogue anaismammabear

  • Que cousas máis divertidas fan @s nen@s de África. Tamén nós temos xogos populares moi chulos... Escolle un dos que verás a contiuación 3️⃣ :


MARIOLA OU "RAYUELA"
A mariola ou peletre é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
 Olla este vídeo para ver cómo se xoga. Ainda que ten publicidade, está moi ben explicadiño. Os teus pais poden paralo cando queran 😉


Agora lle toca ó CHOCO-LALA
No vídeo o explican estupendo. Axudarate a traballar a memoria e a coordinación. E sobre todo a pasalo xenial!! Lembra parar cando termine o xogo. Non necesitas velo enteiro.


  • Que tal agora uns xogos 4️⃣ ou de taboeiro? Noutra entrada xa falamos da OCA, agora invitámoste a probar tamén o PARCHÍS Seguro que tes un moi semellante a este na casa:
   Comeza o xogo o que saque o número máis alto ou o primeiro que saque un cinco. Cas catro fichas na casa (onde se inicia o xogo) o primeiro cinco permite sacar dúas fichas ao taboleiro de xogo. Se sae un seis no dado cóntase coas fichas e vólvese tirar. Se saen tres seises seguidos a última ficha que foi movida ten que volver á posición inicial do xogo, a casa. Se ao mover ficha cae nunha cuadrículas ocupada que non sexa o seguro a ficha que alí estaba está morta e debe volver á casa da súa cor



  • Toca outro xogo de mesa: xogo de cartas.5️⃣Seguro que na casa coñecen un montón. Sirve calquera que che amosen. Quizais este non o coñezan , pero é moi da selva:


A Xungla no teu salón

Para este xogo precisarás una baralla de cartas e algún tapons, legumes, ficha, canicas...o que ti prefiras para contar. Cada xogador elixe o son dun animal distinto. Unha vez decidido repartiredes as cartas unha a unha. Cando dous xogadores teñan naipes iguais –dúas sotas, dous setes ou dous ases– cada un deles terá que facer o son do contrario. O que o faga antes colle un tapón ou ficha ó outro. Gañará o que máis tapóns teña cando non queden máis cartas .

  • Case rematamos. É o turno dun xogo de AUGA!! 6️⃣Con esta calor que vai, tiña que ser. Podes o das pompas que che propuxemos os pasados mércores  

🌈✨🧪INVASIÓN de BURBULLAS🧪✨🌈

  ou  ben animarte a probar algún destes que che propoño , como esta batalla de barcos. 
 Preme na imaxe para ver máis.
A verdade e que os xogos que máis nos gustan son bañarnos na praia e na piscina sin hora de saída, a que sí?
Para non levar só media ducia de xogos antes de descansar deixote o último tipo de xogo que podes facer hoxe. Xa o coñeces, pero nos da sempre moita "vidilla". Son os xogos educativos en rede. Non hai dia que non te rescomende un7️⃣ Hoxe vai este  de animais .Hai que estar ben atent@, e ter coidado. Só debes coller da especie que che dín!!!

E xa sabes que hai milleiros de xogos inventados e milleiros de tipos más. Pero aínda faltan os que ti inventarás.
 Así que, máns ó xogo ...
🎨🎈✨🎵🛶🌈

E se che cadra, pasa polo PADLET que algo novo atoparás
do 314 ata o 320


luns, 8 de maio de 2017

PROTEXIDOS QUEDAMOS


Estupenda visita tivemos esta semana:

As voluntarias e voluntarios👧👦 de Protección Civil de Bergondo  viñeron ata a nosa escola a amosarnos cousa interesantísimas sobre seguridade, Tráfico e Primeros Auxilios.
Faláronos da importancia do número 112, o número de EMERXENCIAS, dende onde nos mandan a axuda que precisemos cando temos unha situación grave, ou mesmo nos perdemos.
Amosáronnos cómo facer unha RCP: reanimación cardiopulmonar. 
¡¡Con unha canción!! 
¿Queredes vela?


Foi moi divertido e mesmo fixemos a nosa cos nosos bonecos, xa case que sabemos reanimar, ollade ben...



Esta é a maniobra axeitada



Trala teoría pasamos a ver a sorpresa que nos esperaba no exterior:
O CAMIÓN de BOMBEIROS
Nel levan materiais para todo tipo de emerxencias
Moi atentos estivemos...tanto que nos vestiron co traxe reglamentario, casco incluído.


Tamen falamos polo camión e fixemos sonar a serea e as alarmas



Por último¡¡¡puidemos entrenar coa mangueira para poder apagar incendios!!! Foi XENIAL








Moitísimas Grazas @s voluntari@s de Protección Civil de Bergondo pola visita, pola información, polo cariño con que nos trataron e, como non, polos diplomas e agasallos😁

E por se queredes aprender algunha cousiña máis sobre seguridade, tedes esta app da CRUZ VERMELLA, onde hai vídeos tan chulos coma estes:


mércores, 4 de setembro de 2013

¡¡¡OLA A TOD@S!!!

¡¡OLA A TODA A 
COMUNIDADE DOS CADRADIÑ@S!!


Temos xa tantas ganas de vervos que temos xa fixada a data do devandito acontecemento.


Será unha reunión curtiña, onde comentaremos as expectativas do curso.
Adiántovos a relación de material para comprar en COOPERATIVA, como xa falaramos en Xuño. 


Só nos queda por engadir a lista de libros, que é breve xa que seguimos co 
que emprendemos o curso pasado:


¡¡Vémonos, familias!!



martes, 11 de xuño de 2013

PROTEXID@S QUEDAMOS.

Co gallo das Xornadas de Prevención de Riscos e Autoprotección,
 as mulleres e homes de Protección Civil de Bergondo, viñeronnos visitar á Escola de Guísamo.
Trouxéronnos moita información e estivemos moi, moi atent@s ao que nos contaron.
Vede o ben que o fixemos, tan ben, tan ben,  que nos deixaron xogar coas mangueiras e mesmo nos prestaron cascos e a roupas de verdadeir@ "protector/@ civil".


Para non esquecer este momento fixemos esta ficha onde debuxamos os nosos momentos favoritos da visita dest@s voluntari@s.



Pero se queres aprender máis, ou non esquecer o que xa sabes, preme nesta imaxe: levarate a unhas actividades moi chulas para xogar cun maior.



Pertence a SECCIÓN INFANTIL da páxina da
Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias.

Podes entrar nela premendo na imaxe.

Ten un recanto dos nenos.
Xa sabes, preme na imaxe.



A ficha para colorear é esta:

Os Riscos non só están no cole ou na rúa. Nas casas acontecen unha porcentaxe moi alta de accidentes que se poderían evitar.
Dende a Aula dos Cadrados convidámoste a ver as aventuras dun rebumbio de gato que sempre está a se meter en problemas e remata doente.



Preme no gatiño para descobrir a súas aventuras...
E tí lembra teres moitiiiiiiiiiisimo coidado, non fagas como este gato toleirón.


Se queres consultar a páxina das mulleres e homes de 
Protección Civil de Bergondo,
non o dubides, preme na imaxe.


E NON ESQUEZAS QUE PARA AS EMERXENCIAS HAS CHAMAR A