domingo, 27 de setembro de 2020

PRIMEIROS DÍAS , fora preocupacións!!

 Pouco a pouco imos entrando nas rutinas novas do cole... O caso é vir content@s, non preocupad@s. Que cousa máis curiosa é iso das preocupacións... Pesan moito e non nos deixarían nin xogar. Que por que dicimos iso?


Lucía, a orientadora tróuxonos un conto dunha preocupación que tivera ela cando era pequena, e que recomendamos moitísimo para botarlle un ollo na casa. É de Tom Percival e a súa Editorial é SM



Axuda á preocupadísima Lucía a resolver o crebacabezas

Agarda,  un minutiño, non quererás escoitar o conto?? Pois atención ó vídeo que ven agora...

O caso é que, falando, falando, descobrimos que na clase só había unha preocupación. Era unha que tiña a profe, non d@s cativ@s, porque tod@s @s cadradiñ@s din que NON TEÑEN NINGUNHA!! Pero que sorte temos...

Aínda así debuxamos na ficha unha preocupación calquera, a de Lucía mesmo...


Con pintura e paciencia foi quedando así...


Pasando os días, ós poucos, fumos descubrindo máis cousas que facer nos novos espazos da escola. Ainda que non puidemos estar tod@s porque os moquetes e as toses atacaron de novo😀. 

De tódolos xeitos, podedes botarlle un olliño ó ben que o pasamos cando estamos case xuntos. Incríble!! 

Vedes que ven o facemos? E por iso non temos casi preocupacións n@s Cadradiñ@s. Porque temos  moito, moito sentidiño... E que nos dure!!!

Vémonos!!!

venres, 11 de setembro de 2020

Comezamos!

Que empece o curso n@s Cadradiñ@s! 

Que tal se comezamos cun crebacabezas, para non perder os bos costumes?

@s Cadradiñ@s voltamos á aula e atopamos taaantas novidades que xa casi non a coñeciamos. 

Con máscaras ou sen ela, os Cadradiñ@s estivemos encantad@s. Nótasenos ben. Faltaron algunhas cadradiñas, e as botamos de menos, pero a semana que ben  de seguro que xa nos reunimos tod@s.

Queredes ver como vai quedando a nosa clase? 

Temos tres equipos, como sempre, pero cada un de nós ten unha zona de clase SO PARA NÓS!! É sinxelo de ver se te fixas. O chan está marcado para que non nos esquezamos.

Sinalamos os sitios, as sillas, as caixas e despois de moooito lavar as mans, respectamos o sitio ata para comer.


As merendas nestas novos maletíns desinfectables parece que saben mellor e tiñamos famiña. Iso sí, antes do patio, a lavar as mans de novo. Xogamos en tres zonas diferentes, unha por equipo, que ademais hoxe fixo soliño e no patio estábase de maravilla!!




E despois do recreo.... a lavar outra vez as mans. 
Un pouquiño de motricidade de dedos, que hai que volver a entenar... 

Colocando o material, e debuxando cadrados pasou a mañá. Antes de irnos para casa lavamos as mans de novo.

Que vivan a auga e o xabón!! 💧🧼

Deixovos a canción de lavado de mans que mais nos gustou hoxe. Que opinades vos?



domingo, 6 de setembro de 2020

REUNIÓN CURSO 2020-2021

Benvid@s ó curso 2020-2021, Cadradiñ@s!!

Xa non queda nada para comezar este curso SU-PER-ES-PE-CI-AL! 

Pero antes imos ter a reunión de principio coas familias. Será presencial pero respectando todas as medidas hixiénicas e de reunión de non máis de 10 persoas.

Xa sabedes: só está invitad@ un pais/nais/titor e ningún@ cadradiñ@, que queremos que as novidades do curso sexan sorpresa para @s peques.

DATA: 9 de Setembro

LUGAR: Patio exterior da Escola de Guísamo

HORA: Primeira quenda 11:30 horas.

           Segunda quenda 12:00 horas.

As familias xa tedes no correo a que quenda na  que vos corresponde vir, non esquezades a cita!!😉😉




venres, 19 de xuño de 2020

🧡💛🌈🖤💙Eu teño ALGUÉN NO MEU 💜💚🌈🤎💗

Queridísim@s Cadradiñ@s, este é o último día de cole na casa deste curso tan diferente. E unha das cousas que máis nos aprendeu a tod@s nós esta corentena é a darnos conta de verdade da boa, do que levamos no noso 💗, do que realmente queremos.


E sabedes que?
Pois que @s profes do CRA sabemos moi ben o que levamos nos nosos 💗💛💚💙💜🤎🖤🤍💗 Sí, como dí a canción de María Fumaça. E que será?

Mira este vídeo tan chulo prepararon Eva e Bieto e o sabrás.


 Pois claro!!! A quen levamos nos noso corazón? Sí, sí, a vós, Cadradiñ@s!!👏🏿👏🏾👏🏼👏🏽👏

E vós, a quen levades nos vosos 💗ademáis da familia e d@s profes? Seguro que máis dunha e dun nolo conta no seguinte vídeo. Da gusto ter un corazón tan grande onde cabe tanta cousa!! Grazas por compartilo connosco.


Pero que maiores estades e que ben o fixéchedes todo este tempo, chic@s!! Non me quero despedir deste curso se un último crebacabezas. É o máis difícil de todos, pero seguro que che sae se o intentas con coidado. 
Pasade un VERÁN MARABILLOSO e non esquezades que podedes consultar os blogues e os PADLET tantas veces como queirades, que el@s non se van de vacacións,
do 439 ata o 432 

Tamén nos podedes deixar comentarios ou saudiños se de cando en vez pasades por aquí.
Estamos desexando vervos!!

🌞🌈⭐🧡


xoves, 18 de xuño de 2020

🌈🔥🐟🌿No San Xoan🌿🐟🔥🌈


A noite do 23 de XUÑO celebramos con moitísima ilusión unha festa moi especial. Facemos cacharelas, fogueiras, lumeiradas e comemos sardiñas. Sabes como son?

Serás quen de ordear este crebacabezas?
Pois claro que sí, aínda que é moi difícil seguro que poderás.

Aquí en Galicia as sardiñas pequenas chámanse de dous xeitos distintos: PARROCHAS nas Rías Altas, que é onde estamos nós, e XOUBAS nas Rias Baixas .Que graciosos nomes teñen, verdade?  Polo San Xoan comemos as sardiñas gordiñas, gordiñas, cunha graxa moi saborosa que empapa o pan quentiño. Por iso existe este refrán :


Vai pouco tempo Pablo Díaz fixo unha canción superchula con ese dito.
Proba a resolver ti a ficha de debaixo. Leva a canción incluída. A podes facer de xeito interactivo ou a podes imprimir e facer en "analóxico".

NO SAN XOAN Refrán, an interactive worksheet by cadrado19 
liveworksheets.com

Se queres escoitar a canción mentras a fas usa o QR.


Queres escoitar a canción na páxina do seu autor Pablo Díaz?


As sardiñas adoitan nadar en grupos enooooormes. Chámanse BANCOS ou CARDÚMENES. Queres velas nadando? Son preciosas as figuras que forman movéndose na auga.



Cantos peixes dixo @ cativ@ que viran?  Millóns!!!
Quen pensas que nos pode aprender algo sobre as sardiñas? Pois claro, o equipo dos OCTONAUTAS! Vannos contar por que van xuntos estes peixes prateados,



Aquí na Coruña, no AQUARIUM FINISTERRAE ás veces hay tamén milleiros de sardiñas. Non te podes perder visitalo!!  Déixoche unha entrada do blogue "O MUNDO ENTEIRO" que subin con moita información sobre este museo científico coruñes.
Queres ver cómo capturaron as sardiñas para levalas ata a Sala Maremagnum?

 
Que non podes ir visitar o AQUARIUM aínda? Non te preocupes, deixote dúas vistas á sala para ver se atopas as sardiñas ou coñeces algunha outra especie. XIRARÁS  da emoción!!!


e



Que tal se nos axudas ti a pescar sardiñas? Bota as túas redes e péscaas de 7 en 7!! 
Cantos grupos de 7 che saen? Cantas che sobran? Anótao nas etiquetas.

Parecen todas tan iguais que serás quen de atopar as idénticas entre estas?



Pois xa que o fas tan ben, mereces esta canción. Verás como che gusta...




Podes crear o teu propio xogo de pescar sardiñas. Tes que premer no enlace. Aínda que se lle pos no fío da cana un dos imáns que utilizaches para o experimento nº 14, igual che queda máis sinxeliño e divertido. Debuxa tí as sardiñas como queiras. Que che parece se lle pos purpurina ou as forras de papel de aluminio? Vanche brillar un montón.



 Podes facer a túa propia lata de sardiñas que aquí tamén somos de tradición conserveira 😉


modificado de http://ahorrarencrisis.com/manualidades-divertidas-pascuas-imprimibles-gratis/


Antes de ir, non perdas a ocasión de colorear algúns dos peixes que podes atopar polos océanos ou no AQUARIUM FINISTERRAE, só preme na imaxe e elixe!!



«No día de San Xoán, baila o sol pola mañán».

NON ESQUEZAS O PADLET
da 422 ata a 428

mércores, 17 de xuño de 2020

💡📀🌈🌞As cores da LUZ 🌞📀🌈💡Mércores da ciencia 16


 Este é o último MÉRCORES DA CIENCIA deste curso, e imos celebralo ó grande. Falaremos de algo que ven de fora do noso planeta. A LUZ !!
 Veremos cales son as súas cores cun experimento chulo e supersinxelo.
Asi que 3, 2, 1 e a resolver o crebacabezas para ir entrenando a mente...


Imoslle pedir axuda e información ó CSIC: Consello Superior de investigaciones científicas do MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN E UNIVERSIDADES. Que son os que máis saben de ciencia no pais.
Vannos contar unha historia sobre a luz blanca. Nos sabemos que coa cor branca non podemos pintar casi nada e coa cor negra cubrimos todas as demáis. Non podemos facer cor branca con rotus, pero podemos conseguir negra se pintamos con todos, Uis, entón é a branca unha cor? E de que cor é a luz branca? Si? Segur@? Atende, atende...


UAUU!! Que curioso, verdade? Se queres ver o experimento de NEWTON na  realidade, é este. Se esperas ata o final verás cómo separan cada unha das cores.


 Moi sinxelo de ver é a través deste prisma



Queres probalo tí mesm@?  Se tes un priema na casa ou unha lágrima dunha lámpara podes facelo cando dea o sol. Pero outro xeito de facelo é cun disco. Como? Propoñoche crear este DISCDE NEWTON caseiro




Como podeches ver,  ó contrario que cos rotuladores de cores, cando falamos da luz, a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella e a cor negra é a ausencia de tódalas cores. Se  xiramos o CD a moita velocidade as cores confúndense, xa que as imaxes van a moitísima velocidade para o ollo humano. Así que vemos o disco branco. Animaste a facelo teu?

Para facer o teu propio DISCO DE NEWTON podes imprimir este

ou imprimir e colorear estoutro...


A min encántame este xeito de usar o DISCDE NEWTON a modo de TAUMÁTROPO. O vídeo está sinxelo de entender, só mirade que chulo queda. É doado de facer, pero precisamos de adult@s que piquen os furados se non temos punzóns na casa. O certo e que así comezaron as películas, con imaxes pintadas ou fotos que se movían a moitísima velocidade,


A ver que tal che quedou? Non esquezas apuntar recoller o que fixeches nesta folla de rexistro ou outra semellante:
E xa que estamos descompoñendo a luz, vos propoño descompoñela a través dun CD ou DVD vello que teñan as familias na casa. Estes CD e DVD sempre semellan ter dentro un arco da vella . Sabes por qué? 


Por un fenómeno que se chama DIFRACCION. Os discos teñen unhas miniminiminiperforacións ou furadiños que apenas vemos. Pero se lles da a luz,esta rebota nos furados e cambia de dirección, Así que volta a formarse un arco da vella de cores. 
Podes comprobalo tí mesm@ poñendoo ó sol  como aquí, ou enfocándoo cunha lanterna.


Xa postos, que che parece se preparas unhas "trampas" para a luz e deixas que só se freflicta unha parte? Mira qué sinxelo de facer é  premendo na foto.
https://buggyandbuddy.com/rainbow-science-create-light-patterns-with-a-cd/
Agarda, antes de que sigas a experimentar, proba a facer esta ficha interactiva. Preme nos  nomes para lelos se non es quen de facelo aínda tí.



Agora que viches tantas cores, non che apetece poñerte en modo artista? Propoñote copiar teu propio arco de vella usando un cd ou DVD. Debes poñelo de tal xeito que reflexe contra a parede ou papel onde vaias a pintar e tentes copiar cor a cor xusto onde se ve. Que tal? Anímaste?


Lembras en que máis cousas aparecen os arcos da vella ás veces? Douche unha pista son redondiñas e estalan... Que son? Claro, as burbullas de Xabón!! 


O podes ver polo miudo neste MEMORY que estaba no experimento das burbullas
Xa o coñeces, pero podes volver xogar premendo na foto.

 Tamén se crea esa irisación cando a luz branca do sol atravesa a auga da mangueira ao regar...so hai que ter un pouco de sol e a paciencia de buscar o ángulo onde este se vexa.
.

Que maís cousas se che ocorren onde poda sair ? 
Preme na foto de enriba e mira se os que alí están coinciden cos que tí pensaches.Incribleo que sabes xa sobre a luz e os Arcos da vella. Serás quen de atopar os que son igual co modelo? 




Queres colorear a NEWTON?


Este exame é para nen@s máis maiores, pero por se o queredes facer xuntos, queda aquí o enlace. Hai que ler as preguntas, pero de seguro que sabes moitas das respostas.


Un arco da vella xa o sabes facer, verdade? Pero que che parecen esta variedade tan chula deles? Se premes na imaxe levarache ata a páxina do blogue.

Pero tes máis propostas para crear arcos da vella aquí. (Non lles mandedes correos)



Non esquezas pasar polo PADLET: 
da 415 at a 421



martes, 16 de xuño de 2020

🌊 🏖🦶🏼 DESCALCIÑ@ POLA AREA 🦶🏽🏖🌊

 Sabes que é o que segue despois do estribillo da RIANXEIRA?
 Unha parte que di ...🎵 descalciña pola area parece unha rianxeira🎵 
É que, claro, a nós iso de ir descalz@s pola area vainos moito. Pero non só a nós... Unha chea de animais viven agochados na area ou nas rochas das praias. A cantos destes coñeces?

Agora, sacude axiña as areas das mans e fai este crebacabezas. Cantos animais saen nel?


Algúns xa os coñeces, algúns xa os comeches, pero sabes dicir o seu nome? Axúdoche con esta ficha interativa. Primeiro preme nos animais para escoitar os seus nomes para, despois os colocas e os copias. Pon teu nome para firmar. E listo!!





Agora que os coñeces tan ben, proba a contalos todos... Igual falta algún. Terás que debuxalo para completar. OLLO, non esquezas debuxar un de cada tipo pola parte de atrás da folla. Que tal se os debuxas na area e nas rochas? Encantaralles.


Queres velos en acción? Aquí veñes un dos novos amigos que xa coñeces a algúns máis que viven polas areas dos océanos.Como:

Algunhas Estrelas de mar

os cangrexo e ourizos de mar


cangrexos araña xigantes


Non quererás colorear estes amigos? É que estes OCTONAUTAS nos aprenden tantas cousas que merecen quedar retratados nun cuadro. Non esquezas debuxalos por tí mesm@ na parte traseira ou por diante, como ti prefiras.


Esta claro que a area ten milleiros de posibilidades, serve para pisar, vivir, e XOGAR claro!!!! Mira ben, quen anda por ahí? Unhas Esculturas de area de verdadeiro concurso. Queres ver algunhas das mellores do mundo?? Bota unha ollada premendo na foto destes persoaxes tan famosos.


Preparad@ para facer os teu propios xogos? O do cubo e da pala esta xenial para a praia, pero porpóñocre tre xogos distintos: 
O primeiro é unha mesa de area. Supersinxela. Haina de mil tipos e falta aínda por inventar o teu. Nel poderás debuxar as veces que queira, copiar ou crear. Verás. 

Xa sabes para ir ó sitio preme na imaxe.



 O podes pasar xenial poñendo todos os nomes que coñeces. Logo só haille que pasar unha regra ou cartón recto. E coma nova!! 

A segunda actividade é a AREA DE CORES, que ten un pouquiño de trampa, a verdade, porque a facemos con sal e xiz. Supersinxelo, pero NON A PODES COMER. O xiz non se pode comer nin chupar. Non o esquezas.

Frascos decorativos de tiza y sal - VIX
foto de https://www.vix.com/es/imj/hogar/5788/frascos-decorativos-de-tiza-y-sal

 Supersinxelísimo. Pos papeis de periódico, sal e frotas o xiz da cor que queiras contra o sal.

Claro que se falamos de AREA non nos podiamos esquencer da marabillosa aplicación que tantíiiiiisimo nos gusta. A terceira actividade é este XOGO NA INTERNET que @s cadradiñ@s adoramos facer isas figuras de area co seu suave son...reláxanos máis que o ioga!!! Preme na imaxe e a disfrutar...

E non esquezas pasar polo PADLET:
da 408 ata a 414