lunes, 23 de septiembre de 2013

DE BOAS A PRIMEIRAS

¡¡Benvid@s ao novo curso 2013-2014!
De boas a primeiras rematou o verán. 
Empezamos o Cole taaan maiores que nos apeteceu amosárvolo a todos vós. 


Comezamos con moi bo pé e un amigo novo, Dani, ao que xa tiñamos gañas de coñecer. 


Novos e apaixoantes libros agardaban por nós na biblioteca...




Lembramos as nosas vacacións e algunhas cousas do verán que nos gustaron moito. 
Axudonos nesta misión o cangrexo 
"Don Cangrejito". 
Podedes ver aquí o conto, premendo na imaxe: é curtiño e fálanos de valores que non deberiamos esquecer...


Ollade que fermosísimo quedou o que fixemos coas nosas mans:


E as areas de cores que pintamos entre todos na pantalla dixital interactiva quedaron tan feitiñas que as puxemos de fondo de escritorio do noso odenador. 
Se premes na imaxe de abaixo entrarás na páxina...


Traballamos e xogamos cos demáis, compartindo experiencias e materiais. 
Xa botabamos de menos os xoguetes da aula...
e @s nos@s compañeir@s.


Tamén comezamos coas cancións do curso.
As aprendemos con moito interese e así poder cantalas en público. Para iso empregamos a nosa propia televisión de reciclaxe:



E despois de tanto esforzo que tal se repoñemos forzas?? 

video


Xa vedes que nestes primeiros días fixemos moitas cousas. A verdade é que xa estabamos desexando sair ao patio do recreo para correr e xogar cos amigos...










Xa de volta na aula estivemos coa profe Cova. 
Con ela lembramos a unha antiga amiga: Incy Wincy Spider, unha araña moi traballadora. Podedes escoitar a canción e o vídeo no blogue de CRA in ENGLISH...
 A profe Alba, que estará uns días connosco na Escola de Guísamo, fixo una spider moi especial para xogar na aula.






¡¡MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!!

miércoles, 4 de septiembre de 2013

¡¡¡OLA A TOD@S!!!

¡¡OLA A TODA A 
COMUNIDADE DOS CADRADIÑ@S!!


Temos xa tantas ganas de vervos que temos xa fixada a data do devandito acontecemento.


Será unha reunión curtiña, onde comentaremos as expectativas do curso.
Adiántovos a relación de material para comprar en COOPERATIVA, como xa falaramos en Xuño. 


Só nos queda por engadir a lista de libros, que é breve xa que seguimos co 
que emprendemos o curso pasado:


¡¡Vémonos, familias!!