Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2020

🌱🌿🌍🐾BIODIVERSIDADE🐾🌍🌿🌱Dia do Medio Ambiente


Por fin chega o día do Medio ambiente. Este ano está adicado á BIODIVERSIDADE. Outra das palabras longas e interesantísimas que tanto nos gustan @s Cadrad@s. Mira cantísimas letras leva. Serás quen de contalas? Comeza pola Balea🐋Ollo que van a toda velocidade...




Sí, claro, son 1️⃣4️⃣ Un dos números "chulitos", eses que teñen o nome diferente. E agora que vexo que xa tes a mente a pleno  rendemento, imos acelerala cun...CREBACABEZAS. Non é nada doado de facer. Atención total!!😉👀


Se xa o tes listo podes comezar a aprender maís cousas do noso planeta. Lembras co que eran os ECOSISTEMAS?  Un ECOSISTEMA é un conxuto de cousas: un espazo físico grande ou pequeno: charcha, polo, praia, deserto e os animais e plantas que viven nel. Podes velo na entrada anterior premendo AQUI:

🌿🌍SEMANA DO MEDIO AMBIENTE🌍🌿



E agora voltamos á pregunta. Pero que e iso da BIODIVERSIDADE?


A UNESCO é a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. A UNESCO trata de lograr e manter a  PAZ mediante a cooperación de todos os paises do mundo en materia de educación, ciencia e cultura.

El@s son @s que fixeron este vídeo sobre BIODIVERSIDADE. A explica fenomenal.




Así que a BIODIVERSIDADE son todas as plantas e animais que viven na terra. Cada unha no seu hábitat. Este hábitat é o seu fogar. Pero que ocorre se quitamos un animal do seu fogar? Ti pensas que é boa idea? Mira os que lle pasa a estes animais e logo xa dirás.
Se tes por ahí unha máscara de león🦁, mono🐵 ou elefante🐘 é o momento de usala.



Ai, claro, e que coma na casiña en ningures, verdade? E se eres animal, tamén.
Lembras que é o que lle pasaba ós animais do conto? Seguro!! Entón xa podes facer esta ficha interactiva.

BIODIVERSIDADE Conto, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Se prefires que sexa impresa, escolle este modelo. Nesta pode colorear ti. Non esquezas de debuxar o conto por detrás..

Se queres ir á paxina onde se atopa  o conto preme na imaxe de abaixo:




E por último, bótalle unha ollada a este vídeo adicado ó día de hoxe. Quen podes ser ti, o gatiño ou o home da cidade?




 Menos mal que nós estamos xa moi concied@s coa Natureza. Coidamos o planeta dende vai mooooito tempo, verdade, Cadradiñ@s? E cantísimas cousas se nos ocorren para poder seguir facéndoo!!

Déixovos este enlace de xogos de animais, que xa o coñecedes, porque o usamos na clase e ás veces e no blogue tamén. Pero hoxe, con esto da BIODIVERSIDADE vennos xenial para lembrarnos de todos animais que xa coñecemos e máis.



E como xa sabes tanto de animais, que che parece contar algúns? Sei que agunh@s de vós sodes moi amigos das fichas. Na imaxe de abaixo tes unha chea de fichas de números con animais. Preme e poderás descargalas e imprimilas. Para cando ti queras!! Duraránche o verán!!  😉😍
 Non esquezas pasar polo PADLET 
dende a 360 ata a 367

domingo, 16 de febreiro de 2020

⛄🌨❄Neve no CRA!!! ❄🌨⛄ Mércores da Ciencia 2ª Capítulo.

 Cómo nos gustou o novo experimento deste mércores!!!!💖.
O tempo🌞 acompañou a experiencia puidemos saír ao xardín e xuntarmonos c@s demáis cienctífic@s que hai en Guísamo.



O primeiro foi escoitar un conto que nos emprestaron na Gardería. E é que é sobre cueiros, pañais e nos deso xa non temos, verdade??  Pero alguns sí temos o conto.  Este conto superchulísimo é
"PUEDO MIRAR TU PAÑAL?" de GUIDO VAN GENECHTEN


Encantounos!!! Queredes ver cómo é? pois ollade o vídeo...



E despois comezamos a parte divertida. Con todos eses cueiros que xa non usan os animaliños do conto fixemos:

O SEGUNDO EXPERIMENTO

 Nesta ocasión fixemos NEVE ☃☃☃ coa axuda do Poliacrilato de sodio  do que están recheos os pañais dehechables. Sabías que se inventaron para os astronautas?? Nin mais nin menos.

 Así de ben resultou todo...



Chulísimo a que si?
Vistosos resultados, estamos desexando repetir en breve.




mércores, 16 de outubro de 2019

Novas mascotas n@s CADRADIÑ@s !!!

Neste curso imos aprender moito sobre o noso PLANETA ANIMAL

E qué mellor xeito que comezar polos animais que máis preto viven de nos: os da contorna do Bosque atlántico.
Saberedes atopar quen anda  por ahí?
Buscamos ás nosas tres mascotas que viven pola Fraga de Cecebre. De seguro que se temos paciencia as vemos asomar tralas matogueiras, bións e vimbieiras e demáis plantas do rio.


Xa as atopaches? Nós tamén!!

Estaban a xogar con nós ás agochadas. E é que non é doado ver a alguns animais na Natureza, por que son tímidos e teñen medo dos humáns.

De entre os animais que viven preto de nos escollimos unha mascota para cada equipo: a mascota que viva na terra será o RAPOSO, a que viva preto da auga o PINTAFONTES e  a que sabe ir polo ar será a BUBELA.


Cada encargado de equipo xa leva oficialmente durante a semana a insignia da mascota do equipo.
Unha honra para @s cadradiñ@s!!



Vede que cheos posaron para a foto oficial:


E é que levar a chapa do noso equipo é unha responsabilidade moi especial!!