Amosando publicacións coa etiqueta OSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OSO. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

🐶🐱🐮🐷De visita pola GRANXA 🐣🐇🐓🐴

Esta entrada vai por tod@s vos, Cadradiñ@s!!💪🌈✨
 Estádelo a facer moi, pero que moi ben e temos un montón de fotos e vídeos que o proban. 
Queredes ver algúns?


Dentro duns días poderedes ver todos os vídeos e fotos xuntos. Aínda estás a tempo de mandalos.
Só temos que agardar un pouquiño máis.

Pero antes de nada imos de festa, xa que esta semana tivemos Aniversario!! E xa son 5 anos, como 5 soletes!!! 
🌞🌞🌞🌞🌞


Por suposto non pode faltar a canción que poñemos na clase, verdade?
Vai por tí, chica maior 💖🍰🎂🥧🧁


Que ganas de celebralo xunt@s tod@s, verdade? Pois ánimo que xa falta menos!! Namentres agardamos  a reunirnos, moitos ides mandando traballiños escritos, como Carmen, Martina, ou Candela e Laura mesmo que sacaron un 10!! na ficha do oso...


Aproveitando o ben que vos quedaron esas fichas , vos propoño esta na que usamos o superdibuxo de Martina. Nela están debuxados 4 cadradiñ@s. Teñen o nome para que o leades, pero podedes tratar de recoñecelo sen o ler. O intentades? Por detrás podedes poñer a vosa propia versión d@s cadradiñ@s con -O- ou se xa o fixechedes podedes debuxar a Martina 😉 ...


Pois xa que estades traballando un pouquiño, vos propoño unhas fichas interactivas. Repasamos o -O- e ademáis as podedes mandar directamente ó buzón ó rematalas. Veña, que esta é supersixeliña... e do noso amigo o OSO. Tamén a podes imprimir sen mais e facela "analóxicamente".

https://es.liveworksheets.com/do432374lo

Nesta podes buscar as letras que lle faltan a estes animais no móbil/tablet ou ordenador...ou imprimila, xa sabes e cubrir os ocos a man. Une os animais ó seu nome.


Pero espera, non marches sen xogar un pouco...e contar unhas Ovelliñas

  
 

Na seguinte granxa falta unha pouca de orde. Nas primeiras tes que colocar os obxectos diante ou detrás segundo parezan na foto. Pero tes moito traballiño: son máis de 20 cousas que facer.


Se che sobraron folgos, pásate pola granxa de MacDonald que che trae Cova ata o seu blogue:



E non esquezas o PADLET.  Atoparás todo isto e algo máis! Do 234 ao 241



luns, 11 de maio de 2020

🐼🐻🤍Que bonita é a FAMILIA!!🤍🐻🐼

Por fin chega unha nova semana, na que, se temos sorte, poderemos ir visitar ás nosas familias. Con sentidiño, iso sí. E por iso esta entrada vai de familias. De familias de O-S-O-S. Son moi distintos entre eles, eso ás veces nos pasa ós humáns, pero eso fai que sexamos aínda máis especiais:
Coñeces os seus nomes, claro. Pero, sabes escribilios? De seguro que o O-S-O-  P-O-LAR sí. E os demáis?
Resolve o crebacabezas e che dará pistas de cómo facelo.



Se prestas atención á imaxe interactiva de abaixo atoparás máis información de cómo se escriben e cómo soan o nomes de cada un destes O-S-O-S:



A familia dos osos, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Mi madriña como gruñe!!! E por quenon te animas a escribilo por tí mesm@. Ánimo e colle un pouquiño  o lápiz, que esto vai ser suuuuperdoado. Xa xoñeces todas as letras que teñen aínda uqe igual  poucas veces as escribiches. Non te preocupes, é moi sinxelo. Primeiro téntao tí so/@. Pon a boca amodiño intentando dicir cada letra. E se non che sae...só tes que fixarte ben no cartel de arriba e copialas 😉

Listo!! Pois agora a xogar un anaquiñoa atopar as parellas. Anímate, que son poucas. Aproveita para decir seu nome e apelido en alto: O-S-O- PANDA, O-S-O- PARDO E O-S-O-POLAR. E se te lembras dío tamén en English!!


 Pero bueno, bueno. A nós nos encantan os animais casi tanto como a música. Que che parece se soltas o lápiz un anaco e escoitas esta canción? Resulta que hai unha serie que é destes tres O-S-O-S!! Pero eso ti xa o sabías, verdade? Ah, bueno, sendo así... 


A que está chula? Vouvos deixar no PADLET unha versión curtiña para que repasedes se e que vos pasades por ahí. Xa me contaredes. 
E falando de contar...que tal unha de contar O-S-O-S? Fácil non é pero sí divertida: bótalle ganas e cores e sairache PERFECTA.



E por último, apetécenche un último XOGOS de O-S-O-S?
 Tes que recoñecer seu "APELIDO": polar, panda e pardo. Por cada vez que falles caerálle un pétalo á flor, pero... seguro que o fas se case fallar. E se non, á próxima irá mellor, claro que sí. Titúlase " E tí de quen ves sendo"
Ánimo e Moita 🍀💖


Non esquezas pasar polo PADLET; terás estas cousas xuntas e algunha outra nova.


Actividades 227 a 233.

venres, 8 de maio de 2020

🌊🌎UN OSO polo mar abaixo...🌎🌊

Benvid@s a unha visita polo mar abaixo...
 Nesta semana estivemos a ver moitos animáis diferentes, pero xa fai tempo que coñecíamos a mooitos máis. Lémbraste destas mascotas?


Qué tiñan en común? Sí, vivían nos P-O-L-O-S  e tamén no mar ou moi preto. Nadaban de marabilla tod@s!! Empecemos polo O-S-O  P-O-LAR, xa que estamos coa semana da -O- Fíxate ben porque esta ficha é INTERACTIVA!!! Eso quere dicir que podes completala dentro do ordenador, tablet ou móbil no que esteas lendo esta entrada. E unha chulada!!!
Os sons só se escoitan nos navegadores Chrome ou Safari. Cando remates podes darlle a corrixir e  pon NOTA ou enviarme a min para que vea o ben que a fixeches. Terás que poñer cadrado19@gmail.com




Por se a queres facer en papel aquí deixo outra adaptada a esas circunstancias. Por se queres coller o lápiz:
Por detrás podes debuxar máis cousas que comen os O-S-O  P-O-LARES.Ou se lembras qué amig@s estaban nese equipo... Tenta poñerlle o nome embaixo, o mellor que poidas. Que non te lembras moito? Pois nada, bótalle unha ollada de novo ao PADLET PLANETA ANIMAL
Atoparás moitos dos recursos e vídeos que xa vimos na escola...
Como a tod@s nós encántanos os animais, vos propoño estas superactividades para repasar números e tentar xogar coas letras. Iso sí, no fondo do mar...


Seguro que lembras esta canción, e que baixo o mar pasa cada cousa...


 Pois cunhas cantas letras máis xa saberás cómo se poñen os nomes de moitísimos animais.


Aproveitamos que o tes fresquiño e que che parece se cubres esta ficha? Colle lápiz, colores,uns dados🎲🎲 e.. BOA SORTE!!🍀



Antes de que te vaias, vouche deixar un xogo que é unha TONTERÍA!!!
Que non mo cres? Pos preme embaixo e verás...



Non esquezas pasar polo PADLET que verás algunha cousiña máis...

domingo, 9 de febreiro de 2020

Vivindo nos POLOS...

Cambiamos de trimestre e cambiamos de Ecosistema. Deixamos atrás nosa fabulosas Fragas para adentrarnos nos xeados POLOS na procura doutros animais e outros habitantes do noso Planeta. Escollemos unha mascota por equipo: BALEAS, OSOS e PINGÜÍNS. A que vos gustan?



 Cambio de encargad@s e de escenario; novas chapas e novas aventuras...



De seguro imos averiguar moitísimas cousas no noso proxecto...  A cousa promete


A decoración está comezando... 


Pero que non falte a diversión!!!


Invitámosvos a que disfrutedes connosco a aventura do PLANETA ANIMAL, o proxecto deste ano. Premede nas letras para botarlle un ollo ao PADLET colaborativo. Tamén podedes acceder a el no lateral do BLOGUE ou premendo na imaxe  de abaixo.