domingo, 25 de marzo de 2012

CUMPLES, VISITAS, ARTE...SEMANA COMPLETA

Unha semana moi completiña esta. 
Tivemos moitas cousas a destacar na aula.
O noso traballo de Andy Warhol, que vai vento en popa... 

( podedes ver os progresos na lapela 

As visitas máis esperadas da semana foron as da Profe Asun, e a do polbo CRISTOVO. 



A mascota da Biblio veu acompañada por a profe ISA, ¿queredes ver cómo nos saudou a tod@s?




Tamén veu, pero para se quedar moito tempo, a PRIMAVERA, a adornar a nosa árbore de aula:



Nesta semana tivemos cumpleanos por partida dobre: Arianna e Miriam xa forman parte de clube de 6 anos.
 Vede que festiña chocolateada nos prepararon. 
¡¡Para chupar os dedos!! 



@s encargados nesta semana primaveral foron IÑAKI, BRAIS, MARTA e DANI.


E o día da foto a Axudante era JULIA, que posa así de sorrinte amosando que xa ten un dente menos.


E agora a prepararse para a vindeira semana, que vai ser como unha viaxe no tempo. 
¡Non volo perdades!

xoves, 15 de marzo de 2012

TEMOS NOVIDADES

¡¡TEMOS NOVIDADES!!
¡ Preparad@s, list@s...XA !



E agora xa podemos entrar para velo, ¿vos apetece?

Nesta semana tamén tivemos un cumple: 
O de LUIZ, que posou así para as fotos:




Non nos esquecemos de colocar aos responsables do bo funcionamento da semana: os traballadores
NEREA, JULIA, ALBA e THEO.




No día da foto o Axudante foi JAIRO, que estaba moi contento como sempre que recae nel esta responsabilidade.





Se queredes saber máis da semana, xa podedes visitar a lapela de SOMOS ARTISTAS, que está chea de imaxes nosas...




Antes de nos despedir, ¿queredes escoitar un conto?
Este conto clásico, Hansel e Gretel dos irmáns Grimm, nolo trouxo a profe Isa na hora da Biblioteca:


Na páxina da Biblio tedes un xogo moi gracioso baseado neste conto. 
Ide velo facendo clic na palabra BIBLIOTECA.
¡¡Pasádeo moi ben!!


domingo, 11 de marzo de 2012

O QUE DE SÍ DA UNHA PAMELA

Nesta semana tan soleada estivemos traballando en moitas cousas, pero do que máis orgullosos nos sentimos é do ben que fixemos a noso traballo da cancionciña popular " Una señora muy gorda"





Foi un traballiño ben completo...




Se queredes ver cómo as páxinas do libro con pictogramas, aquí está...tamén tedes os xestos feitos por nós.
( Coidade de lle dar no centro para abrir o documento. Se lle queredes quitar a "banda sonora" o podedes facer cando comece.)

                 
              More cadrados

Non vos perdades a nosa actuación estelar en "directo". Vede, vede...



Traballamos con uns encargados moi experimentados e ben amigos:
JORGE, HUGO, JAIRO E ALEX.


A axudante o día da foto era MIRIAM, que tivo bastante traballiño, pero o fixo estupendo...


E, para rematar, e en primicia escolar, subimos unhas fotos de PAULA, que foi galardonada cun premio no concurso de disfraces neste Entroido 
2012.

¡¡¡Estaba XENIAL!!!




domingo, 4 de marzo de 2012

SOMOS UNS ARTISTAS

Na primeira semana de Marzo xa o temos claro. ¡Somos uns artistas!
Xa o amosamos coa profe COVA en Inglés:

Podedes ver o vídeo no blogue CRA in English

Traballamos a letra M e temos recursos novos que poderedes ver no blogue de TiCs e aprendimos unha canción sobre unha PAMELA que xa é un clásico. Estamos empezando a facer o libriño, vede cómo queda a portada:


 Tivemos, ademáis un agasallo especial de Miriam e Ariana para traballar as consoantes que xa coñecemos. 
Trouxéronnos MIMOSAS, que son fermosísimas e fan que a aula ula fenomenal.


Tamén fixemos artistadas coa profe María na clase de Música. Vede qué emocionante foi a preparación da canción e do baile.







E non foi para menos, vede o vídeo no que bailamos e cantamos. A ver se descobrides as melodías coñecidas que nel hai ( de Mario Bros, Pipi Calzaslargas ...)


Tamén nos trouxo un FRANELOGRAMA para aprender as nosas primeiras notas musicales. 
É moi chulo e seguro oiredes falar  moito del nos próximos días.


Na clase de PEL ( Proxecto de Estimulación da Linguaxe) fixemos cousas moi divertidas, védeo no blogue de AL da profe Dolores que ten un vídeo e todo!!!


Non podía rematar a semana sen contos. 
Nesta ocasión a profe Isa nos trouxo uns moi chulos.






Non vos podedes perder a última entrada do Blogue da Biblioteca no que descubriredes o que nos aconteceu neste entroido na biblioteca do CRA. É moi especial.



Por fin presentamos aos Encargados que nesta ocasión traballaron dóus días  máis, pero aínda así o fixeron ESTUPENDAMENTE.
Foron CARLA, MIRIAM, PAULA e LUIZ


O axudante o día da foto foi BRAIS, que estaba moi contento como podedes ver 


¡¡E preparádevos para a semana próxima, que imos move-lo esquelete...!!