Na primeira semana de Marzo xa o temos claro. ¡Somos uns artistas!
Xa o amosamos coa profe COVA en Inglés:
Podedes ver o vídeo no blogue CRA in English
Traballamos a letra M e temos recursos novos que poderedes ver no blogue de TiCs e aprendimos unha canción sobre unha PAMELA que xa é un clásico. Estamos empezando a facer o libriño, vede cómo queda a portada:
Tivemos, ademáis un agasallo especial de Miriam e Ariana para traballar as consoantes que xa coñecemos.
Trouxéronnos MIMOSAS, que son fermosísimas e fan que a aula ula fenomenal.
Trouxéronnos MIMOSAS, que son fermosísimas e fan que a aula ula fenomenal.
Tamén fixemos artistadas coa profe María na clase de Música. Vede qué emocionante foi a preparación da canción e do baile.
E non foi para menos, vede o vídeo no que bailamos e cantamos. A ver se descobrides as melodías coñecidas que nel hai ( de Mario Bros, Pipi Calzaslargas ...)
Tamén nos trouxo un FRANELOGRAMA para aprender as nosas primeiras notas musicales.
É moi chulo e seguro oiredes falar moito del nos próximos días.
Na clase de PEL ( Proxecto de Estimulación da Linguaxe) fixemos cousas moi divertidas, védeo no blogue de AL da profe Dolores que ten un vídeo e todo!!!
Non podía rematar a semana sen contos.
Nesta ocasión a profe Isa nos trouxo uns moi chulos.
Non vos podedes perder a última entrada do Blogue da Biblioteca no que descubriredes o que nos aconteceu neste entroido na biblioteca do CRA. É moi especial.
Por fin presentamos aos Encargados que nesta ocasión traballaron dóus días máis, pero aínda así o fixeron ESTUPENDAMENTE.
Foron CARLA, MIRIAM, PAULA e LUIZ
O axudante o día da foto foi BRAIS, que estaba moi contento como podedes ver
¡¡E preparádevos para a semana próxima, que imos move-lo esquelete...!!
Noraboa Sivia e cadradiños, non parades de traballar e aprender e xa estamos todas as profes moito mais contentas co voso progreso.Seguide así. Bicos e ata o luns.
ResponderEliminarPois si que en razón a english teacher, están traballando moi ben, grazas profe Silvia e noraboa a tod@s!!!
ResponderEliminarEncántame todo o que facedes!! Esas mimosas que ulen tan ben...deixaron en Carrio un olor boísimo!!Bicos e noraboa a todos/as, que o facedes moi ben!!
ResponderEliminar