Nesta ocasión vai parecer que é mércores de maxia. Non o ides crer.
Dígoche de verdade, non vas saber se a cousa vai ou ven. É moi divertido e ten que ver coa FÍSICA.É cuestión de ÓPTICA.
Esas frechas semella que veñen e van.
Para este experimento non precisas casi nada. Auga, un vaso ou xerra e un debuxo que ti queiras, pero pequeno, eh?
Pero que ocorre coa frecha de abaixo? Non eran as dúas iguais antes de poñer auga? Como é que ocorriu isto? Aquí cho explican usando ademáis UNHA BALEA!!
Por se che quedan dúbidas...
O importante é atopar a distancia na que podas velo ben. Cada vaso ou xerra precisa dunha distancia diferente. Tes que atopar a túa.
Aquí che deixo os que usamos para probar o experimento. Algúns dos debuxos xa os ceñeces... Tes que cortar as tiras verticais para que che quede unha por riba do nivel da auga e outra por baixo.
Hai unha chea de variantes con este experimento óptico. A min este pareceme xenial. Podes pintalo con rotus. Se premes na imaxe de abaixo levaráte ata o blogue onde o explican. Está en inglés pero podes cambiar o idima para que cho traduza o navegador.
Pois agora que xa sabes tanto. Mans á ciencia!!! Quedan aquí as follas de rexistro do experimento:
e a baleira, por se te animas, xa sabes...
Que foi o que máis che gustou do experiemento? Fixeches o debux das frechas? E chulísimo ver cómo viran!! Serás que de darte conta agora de cal está para cada lado? Non perdas ollo. Que ademáis hai moito que contar. Ahí vai...
Apetecete xogar un anaquiño, verdade? Pois a ver se eres quen de atopar as parellas destas frechas que veñen e van.
Se ainda quere un pouquiño máis preme nesta imaxe e che levará cara outro xogo de atención.
Con este tempo revolto toca quedar na casa. O tempo pasa un pouco aburrido, ás veces semella que sentamos no sofá e este tira de nós para que non nos levantemos!!
Parece que tivera un imán!!
Pois diso nada. A poñerse en marcha: comeza a festa do MAGNETISMO.
Comezamos por un crebacabezas, quizais? Pois claro, marchando!!
Imos ver que é iso do MAGNETISMO, que seguro que xa te está a intrigar...
Nesta ocasión imos experimentar con imáns. Seguro que tes algún pola casa adiante. Na neveira, na pizarra do teu cuarto... Pide consello ós maiores, porque non debes achegar os imáns ós móbiles, brúxulas, tablets, DVDs ou aparatos de música.
Lembra que os imáns teñen un POLO NORTE MAGNÉTICO e unPOLO SUR MAGNÉTICO. Teñen uns campos de atracción moi fortes. No medio apenas teñen forza de atraer ou repeler cousa algunha. É a liña neutra.
E ti, tes algún a man? Colleo e mírao ben. Igual é redondo e entón ten unha cara norte e outra sur. Non perdas o seguinte vídeo para saber algo máis. É un pouco difícil, pero seguro que aprenderás cousas.
Cantas cousas pensas que hai na túa casa que levan imáns? O da neveira xa cho din no vídeo, pero, onde mais? Busca e pregunta na casa. De seguro levas máis dunha agradable sorpresa.
Depende dos que teñas podes facer diferentes experimentos. Podes escoller un ou todos. E inventar os que ti queras!!
1️⃣🧲 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲OS TAPÓNS MÁIS LISTOS DO MUNDO🧲🧲
Para este experimento precisamos só de IMÁNS iguais e 9 tapóns de botellas. Un barreño ou recipiente con auga. Redondo, cadrado ou como ti teñas. Aproveitamos para reutilizar os tapóns, que iso das 3Rs xa o sabemos facer!!
Pegamos nos tapóns os imáns, con coidadiño de que estéan todos co polo norte cara o mesmo lado. (É sinxelo de ver, porque se poñen en filiña un enriba doutro, se atraen.)
Se tes imáns como estes da foto xa o podes facer directamente. Ollo, que teslle que dar a volta!! Serán como barquiños...
Logo tes que soltalos amodiño, un a un na tina de auga. Verás qué ocorre. Non queres esperar? Pois mira o video.
Parece MAXIA!! Pero xa sabemos que é ciencia, verdade? Agora, cando realices teu experimento podes recoller a información nesta folla. Nesta ocasión a ficha é un pouco distinta das outras. Terás que recoller os DATOS como número de tapóns, nº de imáns, tipo de recipiente...UAUUU! Cantas cousas.
Se escolleches un recipiente rectangular ou cadradiño, usa esta ficha para rexistrar as formas que fixeron os tapóns ao flotar na auga...
Detrás debuxa con quen o fixeches e todo o que che pareza importante para lembrar deste experimento.
Se usaches unha tina circular emprega mellor esta outra folla para rexistrar os resultados:
Que tal se investigas as pequenas cousas que tes pola casa para ver se os imáns as atraen ou non? Busca cousas pequenas como algodón, porquetas, clips, moedas, bonecos, imperdibles,chaves, cunchas...
Aquí ves imaxes de diversos mateirais que podes usar.
Para ser un/ha b@ científic@ primeiro tes que facer unha HIPÓTESE: é dicir, intentar "adiviñar" o que vai pasar baseándote no que xa sabes. Lembras cando falabamos no terceiro experimento de se a auga era máis ou menos densa que o aceite? Pois eso.
REMUIÑOS DE AUGA!! Mércores da Ciencia 3º Experimento
Pensa que pasará con cada unha das cousas que vas a poñer preto de teu imán. E ponte máns á obra para comprobar se o que pensabas é o que en realidade ocorre.
Apunta os resultados nesta folla de rexistro. A ver se atopas alo menos 5 de cada!! Deixote un exemplo en cada lado.
3️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲XOGANDO na auga con IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲
Hora de Xogar!!
Os AXOUXERES interactuando con imáns son superdivertidos. Podes metelos nunha botella de plástico transparente e achegarlles o imán para que sucede. Obedecen ó movemento do imán? E soan?
Neste caso precisas de 2 imáns. Mellor pega un imán a un pau, culler de pau, etc, porque precisas que se poida mover lonxe da túa man. Necesitas tamén un prato de cartón ou cartulina. Debuxa o teu propio espazo exterior. Bótalle un ollo ó PADLET: "A ESCOLA DAS GALAXIAS" do ano pasado se queres ideas. E non esquezas debuxar a nave espacial e pegarlle o outro imán!!
Seguro que a tí se che ocorren outras paisaxes: Unha selva e os seus animais? Unha estrada e un coche/tractor? Un mar con icebergs e unha balea? Hai milleiros de posibilidades!
Aínda tes tempo para outra variante de imáns?
5️⃣🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲ARTE CON IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲
Que che parece se experimentas a ARTE axudad@ polo imáns? Podes facer as variantes que ti queiras. Aquí che propoñen usar todos estes recursos. Ou os que ti teñas:
A páxina está en Inglés, pero vemos en calquer idioma, non sí?
Podes utilizar o mesmo imán con pau da actividade anterior, ou facer un novo. Tamén metelo dentro dunha lata para que a imante enteira e poder "pegar" máis cousas.
Verás que DIVERTIDÍSIMAS cousas che saen.
Preme nas imaxes para ir á páxina.
Podes usar a ficha do apartado 3️⃣ para debuxar os teus resultados.
E tí, cantos dos experimentos vas probar? E cantos inventarás?
Non te vaias sen escoitar a canción dos imáns.
E se lle damos unha alegría á profe Cova e o vemos tamén en English? Why not? Vai ser ben divertido.
No PADLET agárdate algunha cousa máis. Non esquezas botarlle unha ollada. da 346 á 352
Aproveitando o que xa vai bo tempo e que a semana pasada falabamos de BURBULLASIRROMPIBLES!!
imos continuar coas nosas experiencias con Coa tensión superficial e as moleculas. Agora que xa sabemos facer burbullas máis resistentes aumentando a "forza" das súas paredes, que vos parece se facemos unha nas que case, case caibades vós dentro?
Isto vai ser unhaINVASIÓNdeBURBULLAS XIGANTES
Empezamos polo primeiro. Un crebacabezas para entrenar a mente 😉
Hai moitas "receitas" ou fórmulas neste caso. Algunhas levan azucre ou siropes e queda todo moi pegañento. Noutras usan cervexa... Así que nós eleximos esta con estes INGREDIENTES tan normaliños:
Sinxeliña a cousa, verdade. As cantidades aproximadas para a FÓRMULA MÁXICA son:
12 tazas de AUGA
1 taza de LAVALOUZAS,
1 taza de ALMIDÓN DE MILLO (Maizena).
2 culleriñasde GLICERINA,
2 culleriñas de LÉVEDO
O procedimento é moi sinxelo:
1. Nun recipiente, desolve o almidón ou fécula de millo na agua e remexe ben.
2. Añade o resto dos ingredientes e mestura suavemente.
3. Deixa reposar durante una hora remexendo a modiño de cando en vez para que a fécula non afunda.
Xa tes lista a FÓRMULA MÁXICA DE BURBULLAS!!
Lembra non facer moita escuma ó remexer. Canta máis espuma haxa, manos burbullas che sairán despois...
Pero se preferes ver nun en vídeo cómo se fai, aquí cho amosan. E incluso cómo facer un "POMPERO" de pompas xigantes.
E que claro, precisaremos "POMPEIROS" axeitados para semellante tamaño de burbullas. Queres ver máis posibilidades? Neste vídeo temos un feito reutilizando unha botella de plástico. Interesante, non? e tamén a versión só con corda e porquetas.
Mira cantas posibilidades de tes. E todas as que podedes inventar!!
Pero espera. Para ser b@ científico tes que recoller os datos nunha folla de rexistro. Non esquezas cubrir unha das dúas versións. Debuxa popla parte te atrás con quen o fixeches e os seus nomes e cómo se desenvolvíu todo.
e para @s máis valentes:
Podes proveitar para aprender esta canción "oficial" das burbullas e cantala mentres xogas. É todo un hit!!🎵😉 E ti, cal vas facer? Tésnolo que contar!! Como mañá é o día Internacional do xogo o podes celebrar cunha INVASIÓNdeBURBULLAS XIGANTES Non esquezas mandar fotos🌈📸
Se tes un anaquiño pásate polo PADLET da 307 ata a 313
Benvid@s a un novo MÉRCORES DA CIENCIA!! Vai ser redondo e brillante⚪✨
Nesta ocasion imos facer un experimento que mestura dúas das cousas científicas das que xa falabamos en anteriores experimentos: as moléculas e a tensión superficial. Imos facer:
BURBULLASIRROMPIBLES!!
Ou case, porque se as apretas moito...Xa imaxinas.
O ser humano leva facendo burbullas dende fai séculos, para xogar e disfrutar do incríblemente bonitas que son. Se resolves este crebacabezas verás un cuadro superantíguo é do século XVII. Vaite sorprender o que está a facer o home.
Incrible, verdade? Xa choveu dende entón, pero a nós gústanos facer burbullas tamén. Cos anos a cousa foi mellorando e aquí imos aprender unha fórmula xenial para facer burbullas que se poden coller sen estalar.
Imos aló. Como sempre, o primeiro: os INGREDIENTES. Desta volta sólo son tres. Pouca cousa para tanta diversión, xa verás.
O truco vai estar en remexer amodiño sen que saia escume. Remexe mooooi coidadosamente e sen bater, para que non levante ningunha escuma.
Agarda que no vídeo cho explican divinamente:
Pero non notas nada raro? Sí, ese rapaz leva guantes!! E porque o fará se vai calor? Pois ese é o truco, digo a ciencia do experimento. Espera que este científico cho explica e máis cousas aínda:
Como podes ver para facer as burbullas podes usar unha palliña, un "pompero" ou ata un funil dado a volta se e que tes unha tina grande dabondo para facela mestura. Na imaxe de abaixo hai moita máis información. Pica e che levará á páxina.
Se te animas a dar o paso científico, aquí quedan as fichas de rexistro: a chea e a baleira. Escolle a que máis che apeteza. Non esquezas de usar a parte de atrás para facer o debuxo de cómo resultou e con quen a fixeches. Con tooodos os nomes que poidas, que cada vez han ser máis.
Agora que tes o lápiz na man non o soltes. Facemos unhas contas? Pos aló van dúas fichas de burbullas. Na primeira conta, repasa e rodea a solución correcta:
Nesta terás que ter máis ollo e memoria. Conta cantas burbullas hai, repasa e rodea o número SEGUINTE á que contaches, é dicir UNHA MÁIS. Mira atent@ ó exemplo.
Detrás non esquezas aproveitar para facer máis exercicios mentais. Che parece tirar uns dados e debuxar tantas burbullas como che saia en cada tirada?🎲🎲 Tira a lo menos tres veces 😉😉
Unha canción despois de tanto esforzo matemático non viría nada mal, verdade? Esta é ben pegadiza. Xa verás como en nada a cantas...
E cómo vas de memoria? Teño aquí un reto. Este MEMORY de burbullas é ben difícil. Atentíiiisim@!!
Antes de irte propóñote un xogo on line. Porque non sempre temos o tempo bo, nin o material para facer as burbullas, pero sí un anaquiñño para estoupar estas. Hai que estoupalas por colores. Verás que guai! Cantas poderás dunha soa tirada?
Axudando ó Pegaso
O esquío e seus amigos
Non esquezas o PADLET. Ten algunhas cousas máis. de 269 a 275