martes, 11 de xuño de 2013

PROTEXID@S QUEDAMOS.

Co gallo das Xornadas de Prevención de Riscos e Autoprotección,
 as mulleres e homes de Protección Civil de Bergondo, viñeronnos visitar á Escola de Guísamo.
Trouxéronnos moita información e estivemos moi, moi atent@s ao que nos contaron.
Vede o ben que o fixemos, tan ben, tan ben,  que nos deixaron xogar coas mangueiras e mesmo nos prestaron cascos e a roupas de verdadeir@ "protector/@ civil".


Para non esquecer este momento fixemos esta ficha onde debuxamos os nosos momentos favoritos da visita dest@s voluntari@s.



Pero se queres aprender máis, ou non esquecer o que xa sabes, preme nesta imaxe: levarate a unhas actividades moi chulas para xogar cun maior.



Pertence a SECCIÓN INFANTIL da páxina da
Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias.

Podes entrar nela premendo na imaxe.

Ten un recanto dos nenos.
Xa sabes, preme na imaxe.



A ficha para colorear é esta:

Os Riscos non só están no cole ou na rúa. Nas casas acontecen unha porcentaxe moi alta de accidentes que se poderían evitar.
Dende a Aula dos Cadrados convidámoste a ver as aventuras dun rebumbio de gato que sempre está a se meter en problemas e remata doente.



Preme no gatiño para descobrir a súas aventuras...
E tí lembra teres moitiiiiiiiiiisimo coidado, non fagas como este gato toleirón.


Se queres consultar a páxina das mulleres e homes de 
Protección Civil de Bergondo,
non o dubides, preme na imaxe.


E NON ESQUEZAS QUE PARA AS EMERXENCIAS HAS CHAMAR A