Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

🧡💛🌈🖤💙Eu teño ALGUÉN NO MEU 💜💚🌈🤎💗

Queridísim@s Cadradiñ@s, este é o último día de cole na casa deste curso tan diferente. E unha das cousas que máis nos aprendeu a tod@s nós esta corentena é a darnos conta de verdade da boa, do que levamos no noso 💗, do que realmente queremos.


E sabedes que?
Pois que @s profes do CRA sabemos moi ben o que levamos nos nosos 💗💛💚💙💜🤎🖤🤍💗 Sí, como dí a canción de María Fumaça. E que será?

Mira este vídeo tan chulo prepararon Eva e Bieto e o sabrás.


 Pois claro!!! A quen levamos nos noso corazón? Sí, sí, a vós, Cadradiñ@s!!👏🏿👏🏾👏🏼👏🏽👏

E vós, a quen levades nos vosos 💗ademáis da familia e d@s profes? Seguro que máis dunha e dun nolo conta no seguinte vídeo. Da gusto ter un corazón tan grande onde cabe tanta cousa!! Grazas por compartilo connosco.


Pero que maiores estades e que ben o fixéchedes todo este tempo, chic@s!! Non me quero despedir deste curso se un último crebacabezas. É o máis difícil de todos, pero seguro que che sae se o intentas con coidado. 
Pasade un VERÁN MARABILLOSO e non esquezades que podedes consultar os blogues e os PADLET tantas veces como queirades, que el@s non se van de vacacións,
do 439 ata o 432 

Tamén nos podedes deixar comentarios ou saudiños se de cando en vez pasades por aquí.
Estamos desexando vervos!!

🌞🌈⭐🧡


venres, 15 de maio de 2020

🖍📕💟 R-R-RICARDO CARVALHO CALERO💟📕🖍

Hoxe temos que falar de un home moi especial e dun día moi importante no ano.
Ese día é o DIA DAS LETRAS GALEGAS; e o home era RICARDO CARVALHO CALERO, todo un escritor, profe, avogado e filólogo.
E aquí volo presento, listo para que o coñezades:


Para lembrarte ben podes facer este crebacabezas. Ten pouca pezas, pero está un pouco deslabazado. Seguro que tí o amañas nun pis pas.




RICARDO naceu en FERROL. na provincia de A CORUÑA, moi preto de BERGONDO, onde está a nosa escola,  o podedes ver no mapa. E morreu de moi velliño an SANTIAGO DE COMPOSTELA , que tamén está na provincia de  A CORUÑA. Seguro que fuches a moitos deses sitios.



Se queres aprender cousas sobre él , podes premer nas fotos de abaixo e levarante ata uns LIM  con moitas actividades. O primeiro é máis doado. Anísmaste a facer os dous?




 Tes moitas máis cousas neste enlace. Chulísimo.

Propóñoche que mires  esta poesía de  RICARDO CARVALHO CALERO
Presta moita atencion que saen os nomes de moitos animais. Serás que de resolver a ficha?
Xa sabes, a podes facer online ou a podes imprimir e resolvela. Detrás poderías debuxar os animais que salen na Alborada. 😉

Alborada das pitas, an interactive worksheet by cadrado19 
liveworksheets.com

Agora que xa sabes tanto fai algo de memoria.😉📕🌈


Porfa, TES QUE IR á entrada da BIBLIOTECA.
Tod@s @s profes do CRA vos deixamos un agasallo para escoitar. Ogallá te guste.


Non esquezas pasar polo PADLET.



FELIZ 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!


martes, 12 de maio de 2020

🐶🐱🐮🐷De visita pola GRANXA 🐣🐇🐓🐴

Esta entrada vai por tod@s vos, Cadradiñ@s!!💪🌈✨
 Estádelo a facer moi, pero que moi ben e temos un montón de fotos e vídeos que o proban. 
Queredes ver algúns?


Dentro duns días poderedes ver todos os vídeos e fotos xuntos. Aínda estás a tempo de mandalos.
Só temos que agardar un pouquiño máis.

Pero antes de nada imos de festa, xa que esta semana tivemos Aniversario!! E xa son 5 anos, como 5 soletes!!! 
🌞🌞🌞🌞🌞


Por suposto non pode faltar a canción que poñemos na clase, verdade?
Vai por tí, chica maior 💖🍰🎂🥧🧁


Que ganas de celebralo xunt@s tod@s, verdade? Pois ánimo que xa falta menos!! Namentres agardamos  a reunirnos, moitos ides mandando traballiños escritos, como Carmen, Martina, ou Candela e Laura mesmo que sacaron un 10!! na ficha do oso...


Aproveitando o ben que vos quedaron esas fichas , vos propoño esta na que usamos o superdibuxo de Martina. Nela están debuxados 4 cadradiñ@s. Teñen o nome para que o leades, pero podedes tratar de recoñecelo sen o ler. O intentades? Por detrás podedes poñer a vosa propia versión d@s cadradiñ@s con -O- ou se xa o fixechedes podedes debuxar a Martina 😉 ...


Pois xa que estades traballando un pouquiño, vos propoño unhas fichas interactivas. Repasamos o -O- e ademáis as podedes mandar directamente ó buzón ó rematalas. Veña, que esta é supersixeliña... e do noso amigo o OSO. Tamén a podes imprimir sen mais e facela "analóxicamente".

https://es.liveworksheets.com/do432374lo

Nesta podes buscar as letras que lle faltan a estes animais no móbil/tablet ou ordenador...ou imprimila, xa sabes e cubrir os ocos a man. Une os animais ó seu nome.


Pero espera, non marches sen xogar un pouco...e contar unhas Ovelliñas

  
 

Na seguinte granxa falta unha pouca de orde. Nas primeiras tes que colocar os obxectos diante ou detrás segundo parezan na foto. Pero tes moito traballiño: son máis de 20 cousas que facer.


Se che sobraron folgos, pásate pola granxa de MacDonald que che trae Cova ata o seu blogue:



E non esquezas o PADLET.  Atoparás todo isto e algo máis! Do 234 ao 241



luns, 11 de maio de 2020

🐼🐻🤍Que bonita é a FAMILIA!!🤍🐻🐼

Por fin chega unha nova semana, na que, se temos sorte, poderemos ir visitar ás nosas familias. Con sentidiño, iso sí. E por iso esta entrada vai de familias. De familias de O-S-O-S. Son moi distintos entre eles, eso ás veces nos pasa ós humáns, pero eso fai que sexamos aínda máis especiais:
Coñeces os seus nomes, claro. Pero, sabes escribilios? De seguro que o O-S-O-  P-O-LAR sí. E os demáis?
Resolve o crebacabezas e che dará pistas de cómo facelo.



Se prestas atención á imaxe interactiva de abaixo atoparás máis información de cómo se escriben e cómo soan o nomes de cada un destes O-S-O-S:



A familia dos osos, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Mi madriña como gruñe!!! E por quenon te animas a escribilo por tí mesm@. Ánimo e colle un pouquiño  o lápiz, que esto vai ser suuuuperdoado. Xa xoñeces todas as letras que teñen aínda uqe igual  poucas veces as escribiches. Non te preocupes, é moi sinxelo. Primeiro téntao tí so/@. Pon a boca amodiño intentando dicir cada letra. E se non che sae...só tes que fixarte ben no cartel de arriba e copialas 😉

Listo!! Pois agora a xogar un anaquiñoa atopar as parellas. Anímate, que son poucas. Aproveita para decir seu nome e apelido en alto: O-S-O- PANDA, O-S-O- PARDO E O-S-O-POLAR. E se te lembras dío tamén en English!!


 Pero bueno, bueno. A nós nos encantan os animais casi tanto como a música. Que che parece se soltas o lápiz un anaco e escoitas esta canción? Resulta que hai unha serie que é destes tres O-S-O-S!! Pero eso ti xa o sabías, verdade? Ah, bueno, sendo así... 


A que está chula? Vouvos deixar no PADLET unha versión curtiña para que repasedes se e que vos pasades por ahí. Xa me contaredes. 
E falando de contar...que tal unha de contar O-S-O-S? Fácil non é pero sí divertida: bótalle ganas e cores e sairache PERFECTA.



E por último, apetécenche un último XOGOS de O-S-O-S?
 Tes que recoñecer seu "APELIDO": polar, panda e pardo. Por cada vez que falles caerálle un pétalo á flor, pero... seguro que o fas se case fallar. E se non, á próxima irá mellor, claro que sí. Titúlase " E tí de quen ves sendo"
Ánimo e Moita 🍀💖


Non esquezas pasar polo PADLET; terás estas cousas xuntas e algunha outra nova.


Actividades 227 a 233.

venres, 8 de maio de 2020

🌊🌎UN OSO polo mar abaixo...🌎🌊

Benvid@s a unha visita polo mar abaixo...
 Nesta semana estivemos a ver moitos animáis diferentes, pero xa fai tempo que coñecíamos a mooitos máis. Lémbraste destas mascotas?


Qué tiñan en común? Sí, vivían nos P-O-L-O-S  e tamén no mar ou moi preto. Nadaban de marabilla tod@s!! Empecemos polo O-S-O  P-O-LAR, xa que estamos coa semana da -O- Fíxate ben porque esta ficha é INTERACTIVA!!! Eso quere dicir que podes completala dentro do ordenador, tablet ou móbil no que esteas lendo esta entrada. E unha chulada!!!
Os sons só se escoitan nos navegadores Chrome ou Safari. Cando remates podes darlle a corrixir e  pon NOTA ou enviarme a min para que vea o ben que a fixeches. Terás que poñer cadrado19@gmail.com




Por se a queres facer en papel aquí deixo outra adaptada a esas circunstancias. Por se queres coller o lápiz:
Por detrás podes debuxar máis cousas que comen os O-S-O  P-O-LARES.Ou se lembras qué amig@s estaban nese equipo... Tenta poñerlle o nome embaixo, o mellor que poidas. Que non te lembras moito? Pois nada, bótalle unha ollada de novo ao PADLET PLANETA ANIMAL
Atoparás moitos dos recursos e vídeos que xa vimos na escola...
Como a tod@s nós encántanos os animais, vos propoño estas superactividades para repasar números e tentar xogar coas letras. Iso sí, no fondo do mar...


Seguro que lembras esta canción, e que baixo o mar pasa cada cousa...


 Pois cunhas cantas letras máis xa saberás cómo se poñen os nomes de moitísimos animais.


Aproveitamos que o tes fresquiño e que che parece se cubres esta ficha? Colle lápiz, colores,uns dados🎲🎲 e.. BOA SORTE!!🍀



Antes de que te vaias, vouche deixar un xogo que é unha TONTERÍA!!!
Que non mo cres? Pos preme embaixo e verás...



Non esquezas pasar polo PADLET que verás algunha cousiña máis...

xoves, 7 de maio de 2020

🐟🐠 🌈PEIXE ARCOIRIS🌈🐠🐟


Que tal che foi o experimento de onte? Quedouche un fermoso 🌈ARCO DA VELLA 🌈?Ás veces non sae ben á primeira, pero podemos tentalo de novo. Hoxe imos traballar cun conto que ten moito que ver co 🌈ARCO DA VELLA 🌈 ou ARCOIRIS como se di en castelán. E tamén cun pez moooi especial. É o conto favorito dun de vos, e a min encánteme. Que pistas vos podería dar?


O coñecedes? Ah, sí!! Que non? Este crebacabezas ten a solución...



Temos probas de que vos gusta!!

Che parece que empezamos a contar o conto? Aquí está o vídeo:



Por se queres lelo ó teu ritmo...



Lembras os PICTOGRAMAS? Pois a próxima vez que queras escoitar o conto, proba con este vídeo. Podes ver o conto e case lelo á vez!!!


 Que cousas pasan no fondo do mar, non sí? Hai millóns de animais nos mares, incribles todos eles.
Ainda que tamén podemos atopar peixes en peceiras. Queres axudarnos a contar cántos hai de cada nesta? Está feita  dunha ficha que atopei na rede, pero está "personalizada". Seguro que che sae fetén!! Conta, conta...
 Unha máis antes de ir cara augas máis profundas. Usa uns códigos de cor para facer esta ficha. Se non tes as mesmas cores podes cambialas por outras, pero non esquezas usar a mesma cor cando atopes o mesmonúmero.




 Hoxe poderíamos tentar facer unha aventura marina sen usar unha pinga de auga. Che parece que fagamos uns animais? Primeiro unha  pequena quenlla (BABY SHARK), que nos encantan... É moi sinxela de facer cunha cartolina cortada en redondo ou un plato de cartón, pero se queredes instruccións, premede na imaxe e vos levará ata o BABY SHARK...
 Peixes variadísimos:


Queres ver cómo se fan?


Peixiños pequenos, como o azul do conto :


Guapiiiisim@s, non sí? Pois preme na imaxe para que che leve ó blogue onde se atopan as instruccións...in English, pero ben se ven  😉🤣


Nos que da o Polbo, e xa o temos todo, ou non?  É superguai para aprender a recortar con tesoiras, que aínda nos ocsta un pouquiño. Iso sí, en lugar de pacelo en papel podes usar os rolos de papel hixiénico e cortaalo ata a liña que che poñan na vasa marcada. É máis duro, pero tí podes con todo!! E así che ha durar máis o polbiño. Podes pintalo antes para que che sexa máis doado. Preme na imaxe para ver máis cousas de recortar.

E o noso protagonista para cando? Pois aquí quedan un montón de actividades para facer co conto. Hai milleiros!!

actividades-pez-arcoiris


Recomendadísima a de facer un peixe de refugallo con botellas de plástico. pero vos teñen que axudar moito as familias, porque é un pouquiño peliaguda e está en ENGLISH . A ver vos que opinades...
Escollede as que queirades, e se vos ocorre algunha diferente...Compartide!! .



A profe COVA xa traballou moitas cousas dos peixes nestes días , pasade polo blogue de ENGLISH . Está cheo de recursos.




E por último unha aportación da profe María, xa que estamos a falar do ARCOIRIS🌈 achéganos este vídeo da canción. É moi bonita, e ainda que non coñezamo ós nenos paga a pena...É de Pirilampo

Se vos queda anaquiño, non vos esquezades de pasar polo PADLET!!


Recoméndote as actividades 213 ata a 219

martes, 5 de maio de 2020

🌿🌻🌷 MAIO LONGO🌷🌻🌿

Ahí ven o MAIO de flores cuberto...Nun plis-plas temos mes novo!! Faciliño. De poucas letras, xa as coñecemos todas. Cantas dis que son? Sí, 4!! E ademáis leva o -O- Mooola!!


Neste mes temos tantas cousas por ver: a semana das letras galegas, o día do Internet, os Maios e a súa celebración...

Animate a facer o crebacabezas do mes para ir practicando ten unha ducia de pezas. Pacencia, meu!! 



Pensa que xa podes facer o xogo de ordear as letras do mes? Pois animo!! Verás que ben che sae...Tes as pistas dos sons na esquiniña gris que leva un i. Non esquezas poñer de primeiro o debuxo e darlle ao ✅ para comprobar




Queres escoitar a canción Especial de MAIO ?
 E dun poema de Curros Enriquez? e titúlase "O MAIO". E lentiña, pero paga a pena, que as paisaxes son PRECIOSAS!! Nos este ao tamén temos un Maio un pouco diferente e menos de sair  que o  doutros anos, pero axiña pasará 🌈🌷





Non esquezas pasar polo PADLET , tes moitas cousas con e sen -O- para aproveitar!! Hoxe van da actividade 198 ata a 204 e toodas as demáis que che apetezan.
Tes unhas fichiñas e varios xogos. Anímate!!
🌈💪🌈

xoves, 30 de abril de 2020

✨🌼 Oooh!! 🌼✨ Que bonita letra🐶!

Paseniño, paseniño imos avanzando co repaso das letras. Nestes días tócalle á letra -O- que nos encanta. Redondiña como é ela, sinxeliña de debuxar e de recoñecer. Non ten confusión!! Bueno, sí, un pouquiño co número 0, pero así aprendemos a trazar dúas cousas á vez, verdade?

 Para que lembres ben como é fai, resolve este crebacabezas. E doado de facer, a que sí?




Cantos nomes de compañeir@s de clase coñeces que teñan a letra -O- ? Ainda hai alguns, verdade? 
Pois podes intentar debuxar es@s compañeir@s na parte de detrás desta ficha. Iso sí, xa sabes cómo dicimos:
PUNTA no PUNTO para saber onde comezar a repasar


Nesta fíxate ben, tes que completar os ocos e logo copiar.
Queres escoitar unha canción da o bastante divertida? Pois prepárate que esta farate bailar....


Un repasiño de todas, que che parecería?
Esta canción é de C-O- L-O- MBIA, un pais que como ves leva moitos -O- 


Tamén a palabra C-O-NT-O leva moitas . Éste é un dos meus favoritos, non somentes porque o nome do seu protagonista leva o -O-, senon porque ao pobre lle pasa unha cousa moi curiosa. 
E o marabilloso e único can N-O-N!!, bueno, N-O-, porque está en castelán. É de Marta Altés.


Leer más publicaciones en Calaméo

Meu pobre🤦‍♀️🐶 Que é o que realmente esta a facer N-O-N!? Esta facendoo tan ben como cre? Por que pensa que se chama así? Cres que hai xente que lle sucede ó que a N-O-N!, que pensan que o que fan está ben pero os demáis o ven doutro xeito diferente? Como poderías resolver algo así?
Puff, cantas preguntas saen dun libro, pero a máis importante é...Gustouche?
Pois se é así anímate a completar esta ficha:


No Blogue da BIBLI-O-TECA podes atopar unha entrada moi chula sobre este C-O-NT-O.
 Se premes en BIEIT-O,  xa che leva el mesmo.



E non esquezas pasar polo PADLET para atopar máis suxestións para este día. Deixamos alí uns xogos para disfrutar coas letras:


Son as actividades dende a 191 ata a 197 😉🌈