lunes, 24 de diciembre de 2012

¡¡BO NADAL DENDE OS CADRADOS!!

Cargadiños de bos desexos rematamos o ano 2012. Con múltiples visitas, traballos, festas e sorpresas.
Estivemos moitos días
 CREANDO NADAL...


¿Queres ver cómo o fixemos? Aquí deixamos unha mostra...
ou fai doble clic na pantalla cando abra 




Xunto cos compañeiros da Aula dos Círculos e baixo a dirección da profe Julia realizamos o OBRADOIRO de COCIÑA. 
¡DELICIOSO!


Cando xa estabamos emocionados chegounos unha sorpresa INCRIBLE ao correo dos CADRADOS:
¡¡UN VÍDEO DOS REIS MAGOS PARA NÓS!!

Se o queres ver facede clic na imaxe, pero ten paciencia que tarda un pouquiño en cargar...



Ese momento tan especial no que os Reis nos falaban está recollido no seguinte vídeo. 
¡¡Non te perdas as nosas caras!!



Prometimos portarnos ben e así o estivemos facendo. Entre adornos, traballos e diversión chegou o último día de clase cunha 
VISITREAL





Grazas a TOD@S as familias 
pola vosa colaboración na festa de NADAL. 
Mención especial a Patry, nai de Estela, que trouxo unha xerra xigante de chocolate quentiño para convidar a tod@s.
E por último, antes da despedida ata o ano que ven, unha nova entrega do 
FALADOIRO dos CADRADOS:
A pregunta era ¿quen veu de visita? 
Non perdas as respostas!!




AVISO AS FAMILIAS DOS CADRADOS
Con tanta festa e emoción olvidóuseme meter as carpetas de ENGLISH que deixara preparadas a profe COVA con tanto cariño. 
Se queredes pasar a buscalas durante os días non festivos a GARDERÍA vai estar aberta, e as profes da mesma faranme o favor de volas dar.
Sorry, COVA!!



Non esquezades visitar os demáis blogues nestas datas. No de TICS atoparedes xogos moi divertido e axeitados para vós.
¡¡¡¡ Bo Nadal a tod@s!!!!

viernes, 14 de diciembre de 2012

E andando, andando, Decembro foi chegando...

Estamos dándolle os retoques finais á nosa visita por INDIA, aló fixemos unha amiga con SARI e todo.
Se fas clic no debuxo poderás facer o puzzle.

Aprendimos unha chea de cousas sobre ese país, cousas moi chulas sobre as xentes, a cultura, as festas, os animais...
Vede como decoramos a caraouta de elefante no 
Día do Elefante...




Tamén os vermes de seda cos que se fan as teas para os SARIS ocuparon o noso tempo. 





Podes ver o libriño que fixemos para coñecer aos vermes e o proceso da seda no lateral dereito, onde dí:
os CADRADOS publicamos
ou aquí mesmo premendo na imaxe..
Pola INDIA tamén viaxou Mónica, a mamá de LOLA, unha compañeira da Escola de Carrio
Veunos a amosar moitísimas cousas sobor dese país. 
Cousas tan chulas como estas que ides ver nesta reportaxe ...



Os SARIS xa estaban de moda nos CADRADOS:  fixeramos unha moza india ataviada con este popular traxe.
Vede que xeitosiña quedou:



Como non todo vai ser traballar vos amosamos @s distint@s ENCARGAD@S destas semanas. 
Vede canta responsabilidade e seriedade amosan nesas caras:





e os seguintes igualiños de formais...





A piques de rematar o Outono sacamos o mural da entrada da Escola e os Ourizos que tiñamos nel. Axiña os levaremos para casa...



Nesta pasada semana quedou un amigo pasar uns días connosco. ¿Sabedes quen? 
O polbo Cristovo
E claro trouxonos unha chea de contos. 



A nosa mascota tiña un tentáculo un pouco desfarrapado e nos CADRADOS xurdíu unha inquedanza e dela unha nova "sección" de conversas dos Cadradiños.
Vaise chamar o
FALADOIRO dos CADRADOS 
e aquí poderedes ver a primeira entrega.
 Titúlase:
¿Que lle acontece a Cristovo?



Menos mal que quedou claro que a Cristovo non se lle come ninguén, non sí? E que o de ser galego ás veces fai dificil compatibilizar a comida coas mascotas...



Aínda que falemos moito non nos esquecemos das cousas importantes que nos acontecen neste primeiro ano de cole.
 E é que se deu unha casualidade numérica estupenda:
 foi o 12 do 12 (decembro) do 12 ( 2012), e ás 12 e 12 da mañá saímos todos ao patio do medio a celebrar tan DOCE ocasión.

 
 

 Cun caramelo brandiño, claro está.
¡¡¡Vede qué "momento histórico"!!!


Antes de rematar non esquecemos o último conto que nos contou Cristovo xa de cara ao NADAL.
Creamos esta "cabeceira" como as dos programas da TV para presentalo, ¿ a queredes ver?



E este é o conto co que traballamos que está moi, moi divertido..



E a próxima entrada 
¿será xa a de Nadal?