miércoles, 21 de diciembre de 2011

FELICITACIÓN DOS CADRADOS

Antes de rematar as clases de este ano 2011 os nenos e nenas da aula dos cadrados, e as súas familias e profes, quérenvos felicitar o 
NADAL.
Para iso creamos este vídeo que esperamos vos guste moitíiiisimo...


            Grazas a todos pola colaboración.
              Vémonos á volta, o 9 de Xaneiro.
                            ¡¡¡Bo Nadal!!!

sábado, 17 de diciembre de 2011

VISITAS, CUMPLES, SORPRESAS E MÁIS VISITAS...

Nesta semaniña houbo moito traballo, moitas visitas e moita actividade.
Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.



Tivemos a visita dos MONKEYS outra vez, pero vestidiños de Papá Noel. 
Vede qué guapos estaban:




A profe COVA tamén nos trouxo uns contos moi, moi chulos aos que atenderon ata os nosos moniños favoritos.
Fixádevos a ver se os vedes na foto:






Tivemos un cumple moi desexado, o penúltimo de 5 anos, o de THEO...


¡¡¡As magdalenas de choco e crema estaban 
es-pec-ta-cu-la-res!!!


Antes de que se nos esqueza colocamos a foto dos encargados da semana: DANI, ALEX, CARLA e JORGE.



E no día da foto LUIZ fixo de axudante...



Traballamos moito para adornar a clase, pero aínda queremos facer máis...




A nosa árbore de bonecos de neve está feita coas pegadas dos nosos polgares e índices:




E case ao final da semana recibimos unha carta moi especial: 
¡¡Incrible, os Reis magos querían falar connosco!!




E cando semellaba que xa non podían ocorrrer máis cousas emocionantes...Chegou Asunnos visitar.
Bótanos de menos e veu a desexarnos un BO NADAL.



¡Vaia sorpresa máis estupenda!, pero no foi a última...
Dende as montañas do Courel apareceu cheo de sorpresas a agasallos da Natureza o PANDINGUEIRO.
Vede qué ben o pasamos aprendendo hábitos saudables e de convivencia co contorno e a natureza...




Por último, un aviso:
Vos lembramos ás familias que aínda estades en tempo de enviar as fotos da vosa árbore de Nadal para a felicitación dixital da aula. Animádevos:
 ¡¡Xa nos chegaron algunhas e están estupendas!!

jueves, 15 de diciembre de 2011

AVISO URXENTE DOS REIS


AVISO URXENTE DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS AOS NENOS DOS CADRADOS
¡¡¡¡IMPORTANTÍSIMO!!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

MINISEMANA FESTIVA

Nesta minisemana tivemos algúns acontecementos destacados:

A visita da FAMILIA MONKEY caseque ao completo:


E semellaban sentirse como na casa...



A profe COVA amosounos un conto moi especial, que contou deste xeito tan navideño!!


 E así de atentos estabamos...

Podedes ver máis cousas sobre os Monkeys e sobre English no blogue CRAinENGLISH 

Coa profe MARISOL, de Relixión, algúns de nós fixemos traballos moi chulos e ata puidemos xogar co pesebre que está no BLOGUE DE TICS 





Como o día 6 é o do Aniversario da Constitución @s cativ@s levaron a súa propia onde constan tres dos dereitos fundamentais:








Para saber máis da Constitución para os cativos podedes ver esta publicación tan chula que aparece no Blogue do CEE Terra de Ferrol ,
en formato libro


ou en formato vídeo






A nós non nos deu tempo de moito máis agás de desfrutar dun recreo moi, moi, moi especial. Mesmo parece un agasallo de Nadal adiantado . 
¿ O vemos ?

viernes, 2 de diciembre de 2011

CONTOS CON CHOCOLATE

Nesta semana tivemos novedades moi especiais, xa o veredes:
Os encargados fixeron un bo equipo, e así nolo amosan nesta foto tan chula.

El@s son JULIA, IÑAKI, MARTA e JAIRO.

O axudante o día da foto foi DANI que sempre se amosa entusiasmado cando lle toca:



A semana transcurría con traballos variados moitos deles xa están agora nas casas, seguro que alguns xa os vistes:



Pero no medio da semana ocorreron moitas cousas:
Cambiou o mes, colocáronnos as cortinas novas, comezamos a decoración de Nadal e...apareceu unha merenda riquísima da man da nai de Carla. 
Trouxeron estas cousas ricas feitas por elas para compartir con tod@s.


e como agradecemento lles adicamos este recitado:


tamén tivemos outro invitado moi especial: Anxo Moure, un contacontos solidario do que podedes ver máis cousas no blogue da BIBLIOTECA. Veu ata Guísamo en PAZ-TINETE dende o Courel e contóunos un montón de contos; vede que atentos e divertidos estaban...







A profe Isa tróuxonos moitos contos. Un deles é sobre un personaxe tradicional chamado o Apalpador,

no blogue dos peques de Carrio 
podedes atopar a súa historia e outras máis.


E para remata un baile coa profe María, a panxoliña escenificada.
¿ Querédelo ver? 
Tamén está no blogue de Música "Son do CRA"