xoves, 27 de febreiro de 2020

MusiCRA maestr@s!!! Mércores de experiencias musicais.

Nesta ocasión a o experimento tornouse experiencia musical. Coa profe María Rivera fixemos unha experiencia musical no exterior. Un MUSICOGRAMA con "performance" incluída. A música activa encántanos!!!.


Utilizamos diferentes materiais da natureza: paus e pedras tamén dous instrumentos musicais: GÜIROS e AXÓUXERES.


Misturando todo isto, realizamos un MUSICOGRAMA  no patio que por terceiro mércores consecutivo estaba con  🌞🌄!!!

Esta experiencia  a compartimos  c@s amig@s da aula do Círculos e con Europa enteira!
Como sabedes estamos participando dun proxecto eTwinning con diversos países europeos. Buscamos integrar o patio e a natureza da contorna na aula. Neste caso xogando facendo música activa tamén. 
Estámolo a pasar XENIAL!!🎵🎶


Queredes disfrutar da experiencia completa? Ollade o vídeo entón...



Ata a vindeira entrada!!
🎶🌿🍃🌞

domingo, 16 de febreiro de 2020

⛄🌨❄Neve no CRA!!! ❄🌨⛄ Mércores da Ciencia 2ª Capítulo.

 Cómo nos gustou o novo experimento deste mércores!!!!💖.
O tempo🌞 acompañou a experiencia puidemos saír ao xardín e xuntarmonos c@s demáis cienctífic@s que hai en Guísamo.



O primeiro foi escoitar un conto que nos emprestaron na Gardería. E é que é sobre cueiros, pañais e nos deso xa non temos, verdade??  Pero alguns sí temos o conto.  Este conto superchulísimo é
"PUEDO MIRAR TU PAÑAL?" de GUIDO VAN GENECHTEN


Encantounos!!! Queredes ver cómo é? pois ollade o vídeo...



E despois comezamos a parte divertida. Con todos eses cueiros que xa non usan os animaliños do conto fixemos:

O SEGUNDO EXPERIMENTO

 Nesta ocasión fixemos NEVE ☃☃☃ coa axuda do Poliacrilato de sodio  do que están recheos os pañais dehechables. Sabías que se inventaron para os astronautas?? Nin mais nin menos.

 Así de ben resultou todo...



Chulísimo a que si?
Vistosos resultados, estamos desexando repetir en breve.




luns, 10 de febreiro de 2020

💧🌊❄Aprendemos dos ICEBERGS❄🌊💧MÉRCORES DA CIENCIA 1º ENTREGA

Esta semana comezamos un novo reto na Escola. Imos adicarlle os mércores á ciencia e ós expermentos científicos. A que soa ben??


Nesta ocasión o excperimento deixounos XEAD@S!!!
E que o tema era os ICEBERGS ...


Falamos un pouquichiño de Arquímedes e os seus principios. 


E de que pasa cando o xeo se derrete :


Atentisim@s á PDI !!!
E xa sentadas as bases...imos a experimetar no xardín aproveitando o escaso sol de Febreiro.
Precisamos: Barreño con AUGA, vaso reutilizable, marcapáxinas/remexedor/QR-todo-en-un, rotulador permanente, XEO, SAL e colorante alimentario.


Enchemos de auga, medimos e marcamos. Despois engadimos sal e voltamos a comprobar as medicións...


Un pouquiño de azul e remexemos para observar a luz ao seu través...


Amarelo con azul? Non ten fallo!!


Inesquecible experiencia. No vídeo está o proceso  CASI completo. 
Olla que ben o pasamos e aprendemos!!


Mércores da Ciencia. ❤️ Experimentos!!! from Silvia Montes on Vimeo.

Convidámosvos a ver canto avanzamos no noso PADLET  "PLANETA ANIMAL". Podedes engadir información curiosa dos nosos Ecosistemas e os seus habitantes...

domingo, 9 de febreiro de 2020

Vivindo nos POLOS...

Cambiamos de trimestre e cambiamos de Ecosistema. Deixamos atrás nosa fabulosas Fragas para adentrarnos nos xeados POLOS na procura doutros animais e outros habitantes do noso Planeta. Escollemos unha mascota por equipo: BALEAS, OSOS e PINGÜÍNS. A que vos gustan?



 Cambio de encargad@s e de escenario; novas chapas e novas aventuras...



De seguro imos averiguar moitísimas cousas no noso proxecto...  A cousa promete


A decoración está comezando... 


Pero que non falte a diversión!!!


Invitámosvos a que disfrutedes connosco a aventura do PLANETA ANIMAL, o proxecto deste ano. Premede nas letras para botarlle un ollo ao PADLET colaborativo. Tamén podedes acceder a el no lateral do BLOGUE ou premendo na imaxe  de abaixo.