Nesta ocasión a o experimento tornouse experiencia musical. Coa profe María Rivera fixemos unha experiencia musical no exterior. Un MUSICOGRAMA con "performance" incluída. A música activa encántanos!!!.
Utilizamos diferentes materiais da natureza: paus e pedras tamén dous instrumentos musicais: GÜIROS e AXÓUXERES.
Misturando todo isto, realizamos un MUSICOGRAMA no patio que por terceiro mércores consecutivo estaba con 🌞🌄!!!
Esta experiencia a compartimos c@s amig@s da aula do Círculos e con Europa enteira!
Como sabedes estamos participando dun proxecto eTwinning con diversos países europeos. Buscamos integrar o patio e a natureza da contorna na aula. Neste caso xogando facendo música activa tamén.
Estámolo a pasar XENIAL!!🎵🎶
Queredes disfrutar da experiencia completa? Ollade o vídeo entón...
Ata a vindeira entrada!!
🎶🌿🍃🌞
Ningún comentario:
Publicar un comentario