Nesta ocasión o experimento falou de densidades e remuiños. Pasámolo estupendamente xerando hipóteses acerca do que acontecería mesturando dous líquidos diferentes. Mesturaránse? Separaránse? Cal subirá? E é que a ciencia da para moito pensar!!
Pero imos amodiño explicando a experiencia. Estes son os ingredientes, todos eles sinxeliños de atopar ...
Nos pensabamos que os dous líquidos NON se ían mesturar e ACERTAMOS, pero a segunda hipótese foi que a auga ía ser máis lixeira e flotaría enriba do Aceite. Descubrimos que non era así en canto lle bortamos auga ao aceite e vimos que este flotaba!!
E agora comeza a mestura con colorante alimentario.
Forma unha especie de boliñas e logo se mergulla na auga. Non flota. Preciosoooo!!
Cando a pastilla efervescente entra en acción... Unha revolución de burbullas e cores estoupa nos noso vasos!!!!
Resultou fabuloso!!
Se queredes ver o proceso enteiro, podedelo apreciar neste vimeo:
Antes de nos ir podedes disfrutar do vídeo que vimos tras rematar o experimento e que levaron no QR de información...
É moi chulo e se pode facer na casa.
Animádevos!
Vémonos na próxima entrada!!
👏👏👏😍😍
ResponderEliminar