Boas a tod@s!!
Hoxe é mércores e nesta ocasión non podemos estar na escola facendo o experimento. É un experimento sinxelo e con poucos ingredientes. Vos animades a facelo na casa cos maiores??
É unha bolsa ANTIFUGAS!!
Se o facedes con coidado vai ser un ÉXITAZO, pero se non...molla un pouco!!
O máis importante é que os lápices estean BEN AFIADOS e sexan REDONDOS!! E que este experimento vai de SUPERMOLÉCULAS E POLÍMEROS. Cousa de maxia, perece, pero xa sabedes que é ciencia. As SUPERMOLÉCULAS non se rompen, se separan e tentan xuntarse outra vez.
Imos a experimentar, vale? Pide axuda a un maior antes de nada.
Queres ver como se fai?
PREME NESTA MOLÉCULA PARA QUE CHO EXPLIQUEN MELLOR |
Imos a experimentar, vale? Pide axuda a un maior antes de nada.
Queres ver como se fai?
Preparade a bañeira ou a tina e mans á obra!!
Neste vídeo volo explican máis curtiño
Cando rematedes podedes probar a quitar os lápices amodiño para regar as macetas ou as plantas do xardín se é o caso. 🌿🌻🌿🌱
Tamén podedes investigar pola vosa conta: paliños de brochetas, pauiños de comida chinesa, poñerlle colorante, purpurina, peixes ou pequenos animais de plástico. A onde vos leve a imaxinación...
E logo A RECOLLER E SECAR TODO!⚗🧪💧🌊!
Que tal se quitades fotos para compartilas connosco?
Mandadeas ao correo cadrado19@gmail.com e as subiremos.
Aquí queda a ficha para apuntar o que fixemos. Non esquezas debuxar diante o que pasou na bolsa. Detrás debuxa o que fixeches e con quen. Estamos desexando velo!!
Aquí queda a ficha para apuntar o que fixemos. Non esquezas debuxar diante o que pasou na bolsa. Detrás debuxa o que fixeches e con quen. Estamos desexando velo!!
Xa podemos ver as fotos dos experiementos que mandáchedes. Mirade que ben lle saíron a Sabela e a Aroa.
CHULÍSIMO!!
Son todas unhas CIENTÍFICAS !⚗🔬🧡
Vede que ben lle quedou a Mario. Cantísimos bolis!! A bolsa case que parece un ourizo...
Non vos esquezades de pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO.
Desta volta a cor do día é AMARELO, a cor preferida de moitos da clase, a que xa o sabías?
GRAZAS POLO COMENTARIO no blogue, AROA!🤗💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario