xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES EN PRIMAVERA!! 🌞🌻🌿🌱

Un minutiño...Xa é xoves? 
E con sol?🌞 Incríble!
Hoxe temos unha chea de recursos que compartir. Comezamos?


O primeiro felicitarvos a tod@s os que fixeches onte o experimento


Sairon moi guai!!Grazas por compartilas!!💖

Se queredes velas máis paseniñamente podedes premer nelas. Levarante ata a entrada do experimento⚗💧 que é onde están metidas.

Tamén podedes ver o experimento con Pementa que fixeron na casa de Sabela. Está total!!
Preme na foto
Hoxe falamos da Primavera, lembramos o saúdo ao sol que coñecíamos. VISITAMOS OS BLOGUES de Orientación, Audición e Linguaxe e Biblioteca. Así que podes ler uns contos, facer unha ficha e  xogar online coas estacións.
 Casi nada!!

Para facer todo iso tedes que pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é LILA 
Esta é a flor que se chama LILA

a cor que ás veces confundimos coa VIOLETA
Esta flor chámase VIOLETA
A que xa o sabías?




Ningún comentario:

Publicar un comentario