Chegou o Luns cargadiño de cousas divertidas.
E que así é PRIMAVERA, rebuldeira e divertida.
Vede que preciosa nola debuxou Mario G. É Un artistazo!! Cómo se nota que é d@s Cadradiñ@s!!
Preme nas flores e verás que SORPRESA !!! |
Neste LUNS as propostas son moi primaverais e variadas: laberintos, contos, bailes e matemáticas. Ah, e xogos, claro está! Atoparás todo recollido no PADLET.
Hoxe a cor e BRANCA, como as follas de papel antes de enchelas de cousas interesantes.
A que che lembra ao conto do punto😉que vimos o venres?
Neste tempo no que non podemos ir visitar @s av@s e en case tódolos puntos do planeta temos que QUEDAR na casa, escollemos esta versión do conto das FABAS MÁXICAS. Tenta achegarnos un chisquiño a tod@ a xente de preto e de lonxe que está coma nós, e tamén @s nos@s maiores.
(Este é o conto da actividade 60 do PADLET)
Se queredes pintar podedes ir cara a páxina onde teñes debuxos para colorear premendo na imaxe en blanco e negro.
preme na imaxe |
Falando de FABAS, hoxe imos plantar unha semente no BLOGUE, unha nova LAPELA (pestana) na cabeceira.
Está adicada á nova experiencia con FABAS
que queremos levar a cabo contigo. Vai quedar sempre na parte de arriba así que se queres consultar as novidades só tes que premer nela.
Está adicada á nova experiencia con FABAS
que queremos levar a cabo contigo. Vai quedar sempre na parte de arriba así que se queres consultar as novidades só tes que premer nela.
Preme no debuxo para ir á páxina. |
Leva dentro unha ficha de rexistro da experiencia. Queremos ir completándoas coa túa axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario