mércores, 16 de outubro de 2019

Novas mascotas n@s CADRADIÑ@s !!!

Neste curso imos aprender moito sobre o noso PLANETA ANIMAL

E qué mellor xeito que comezar polos animais que máis preto viven de nos: os da contorna do Bosque atlántico.
Saberedes atopar quen anda  por ahí?
Buscamos ás nosas tres mascotas que viven pola Fraga de Cecebre. De seguro que se temos paciencia as vemos asomar tralas matogueiras, bións e vimbieiras e demáis plantas do rio.


Xa as atopaches? Nós tamén!!

Estaban a xogar con nós ás agochadas. E é que non é doado ver a alguns animais na Natureza, por que son tímidos e teñen medo dos humáns.

De entre os animais que viven preto de nos escollimos unha mascota para cada equipo: a mascota que viva na terra será o RAPOSO, a que viva preto da auga o PINTAFONTES e  a que sabe ir polo ar será a BUBELA.


Cada encargado de equipo xa leva oficialmente durante a semana a insignia da mascota do equipo.
Unha honra para @s cadradiñ@s!!



Vede que cheos posaron para a foto oficial:


E é que levar a chapa do noso equipo é unha responsabilidade moi especial!!

luns, 16 de setembro de 2019

XA CHEGAMOS!!

Ola,  @s Cadradiñ@s  xa estamos de volta!! 

Voltamo desexando ver @s amig@s, aprender moito e pasalo moi ben...
Cambiamos moitas cousas na clase asi que entramos con moitíiiisima EMOCIÓN...





Esto da para moito:
Contamos as cousas que nos aconteceron no verán, e escoitamos as cousas novas nas que imos mergullarnos neste curso.


Que tal se vemos cómo se está nas novas mesas? Vexámos cómo estamos de práctica...




Despois de tanto esforza, tamén temos que repoñer forzas. Non hai como un mantel e unha boa "merenda" para encarar o tempo que queda.  


A xogar todo o mundo...que temos moito que experimentar, aprender e compartir nestes momentos de lecer. 

Aproveitando que o sol aínda nos brinda momentos de caloriña e de herba seca...gozamos do patio.








Así de felices estabamos!!


E a partires de agora, aínda mellor.
Comeza xa a aventura deste novo curso. 
Quedades convidadas e convidados a participar connosco.  
 Animádesvos?

mércores, 4 de setembro de 2019

CADRADIÑ@S, BENVID@S ao NOVO CURSO 2019-2020

Este mesmo venres temos a reunión de Principio de Curso. 
Vémonos tod@s as que poidades ás 12:30 horas na aula d@s Cadrad@s.


Ánimo que xa empezamos!!!