jueves, 14 de febrero de 2013

Paz para tod@s, Amig@s

Xa era tempo dunha nova entrada. Tempo de Paz, de xogos e de estrea de moitas cousas na nosa Aula:
Tivemos ocasión de viaxar ata Italia co conto de MADLENKA. E coñecimos un pouco da historia da nosa cultura...

(A ver se atopas ao mociño vestido de gondoleiro italiano)

Neste mes chegou o Inverno ata os Cadrados...




E déunos tempo a aprender xogando..





A xogar aprendendo...




A comprender as diferenzas e valoralas positivamente... a través do noso novo amigo ELMER.



A coñecer Italia (cos nosos compañeiros dos círculos)  a través do seu conto máis famoso: PINOCHO.


A ver animais perigosos pero moi saborosos, da man de MªJosé, nai de Lorena Otero.
Unha quenlla que chegou ata a nosa aula para amosarnos a vida no mar.



Neste Xaneiro deunos tempo de celebrar xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do CRA o Día da Paz. Na Senra todos xuntos fixemos uns xogos moi animados e pacíficos e asistimos a un contacontos moi, moi divertido. Podedes velo tooodo aquí mesmo:





Cáseque no tempo de desconto do mes de Xaneiro tivemos o primeiro cumple do ano, o de
 Lorena Otero
que xa ten 4 anos. 
Vede que ben o pasamos co convite na aula...



E tan cansadiñ@s estabamos que así acabamos a entrada, shhhh...

Ata a próxima, meus.