Xa era tempo dunha nova entrada. Tempo de Paz, de xogos e de estrea de moitas cousas na nosa Aula:
Tivemos ocasión de viaxar ata Italia co conto de MADLENKA. E coñecimos un pouco da historia da nosa cultura...
(A ver se atopas ao mociño vestido de gondoleiro italiano)
Neste mes chegou o Inverno ata os Cadrados...
E déunos tempo a aprender xogando..
A xogar aprendendo...
A comprender as diferenzas e valoralas positivamente... a través do noso novo amigo ELMER.
A coñecer Italia (cos nosos compañeiros dos círculos) a través do seu conto máis famoso: PINOCHO.
A ver animais perigosos pero moi saborosos, da man de MªJosé, nai de Lorena Otero.
Neste Xaneiro deunos tempo de celebrar xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do CRA o Día da Paz. Na Senra todos xuntos fixemos uns xogos moi animados e pacíficos e asistimos a un contacontos moi, moi divertido. Podedes velo tooodo aquí mesmo:
Cáseque no tempo de desconto do mes de Xaneiro tivemos o primeiro cumple do ano, o de
Lorena Otero,
que xa ten 4 anos.
Vede que ben o pasamos co convite na aula...
Lorena Otero,
que xa ten 4 anos.
Vede que ben o pasamos co convite na aula...
E tan cansadiñ@s estabamos que así acabamos a entrada, shhhh...
Ata a próxima, meus.
Puffff, menudo mes de cousas chulas que tivemos, verdade?Isto é un no parar, cadradiños, xa seguiremos, biquiños e ata mañá....noraboa por tanto esforzo!!!!!
ResponderEliminarNoraboa Little squares! Cantas cousas fixestes! Moi ben o pasamos no día da "peace", non si? Big hugs from Monkey and Cova!
ResponderEliminar