Amosando publicacións coa etiqueta CORES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORES. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2020

💡📀🌈🌞As cores da LUZ 🌞📀🌈💡Mércores da ciencia 16


 Este é o último MÉRCORES DA CIENCIA deste curso, e imos celebralo ó grande. Falaremos de algo que ven de fora do noso planeta. A LUZ !!
 Veremos cales son as súas cores cun experimento chulo e supersinxelo.
Asi que 3, 2, 1 e a resolver o crebacabezas para ir entrenando a mente...


Imoslle pedir axuda e información ó CSIC: Consello Superior de investigaciones científicas do MINISTERIO DE CIENCIA, INNOVACIÓN E UNIVERSIDADES. Que son os que máis saben de ciencia no pais.
Vannos contar unha historia sobre a luz blanca. Nos sabemos que coa cor branca non podemos pintar casi nada e coa cor negra cubrimos todas as demáis. Non podemos facer cor branca con rotus, pero podemos conseguir negra se pintamos con todos, Uis, entón é a branca unha cor? E de que cor é a luz branca? Si? Segur@? Atende, atende...


UAUU!! Que curioso, verdade? Se queres ver o experimento de NEWTON na  realidade, é este. Se esperas ata o final verás cómo separan cada unha das cores.


 Moi sinxelo de ver é a través deste prisma



Queres probalo tí mesm@?  Se tes un priema na casa ou unha lágrima dunha lámpara podes facelo cando dea o sol. Pero outro xeito de facelo é cun disco. Como? Propoñoche crear este DISCDE NEWTON caseiro




Como podeches ver,  ó contrario que cos rotuladores de cores, cando falamos da luz, a cor branca está formada polas sete cores do arco da vella e a cor negra é a ausencia de tódalas cores. Se  xiramos o CD a moita velocidade as cores confúndense, xa que as imaxes van a moitísima velocidade para o ollo humano. Así que vemos o disco branco. Animaste a facelo teu?

Para facer o teu propio DISCO DE NEWTON podes imprimir este

ou imprimir e colorear estoutro...


A min encántame este xeito de usar o DISCDE NEWTON a modo de TAUMÁTROPO. O vídeo está sinxelo de entender, só mirade que chulo queda. É doado de facer, pero precisamos de adult@s que piquen os furados se non temos punzóns na casa. O certo e que así comezaron as películas, con imaxes pintadas ou fotos que se movían a moitísima velocidade,


A ver que tal che quedou? Non esquezas apuntar recoller o que fixeches nesta folla de rexistro ou outra semellante:
E xa que estamos descompoñendo a luz, vos propoño descompoñela a través dun CD ou DVD vello que teñan as familias na casa. Estes CD e DVD sempre semellan ter dentro un arco da vella . Sabes por qué? 


Por un fenómeno que se chama DIFRACCION. Os discos teñen unhas miniminiminiperforacións ou furadiños que apenas vemos. Pero se lles da a luz,esta rebota nos furados e cambia de dirección, Así que volta a formarse un arco da vella de cores. 
Podes comprobalo tí mesm@ poñendoo ó sol  como aquí, ou enfocándoo cunha lanterna.


Xa postos, que che parece se preparas unhas "trampas" para a luz e deixas que só se freflicta unha parte? Mira qué sinxelo de facer é  premendo na foto.
https://buggyandbuddy.com/rainbow-science-create-light-patterns-with-a-cd/
Agarda, antes de que sigas a experimentar, proba a facer esta ficha interactiva. Preme nos  nomes para lelos se non es quen de facelo aínda tí.



Agora que viches tantas cores, non che apetece poñerte en modo artista? Propoñote copiar teu propio arco de vella usando un cd ou DVD. Debes poñelo de tal xeito que reflexe contra a parede ou papel onde vaias a pintar e tentes copiar cor a cor xusto onde se ve. Que tal? Anímaste?


Lembras en que máis cousas aparecen os arcos da vella ás veces? Douche unha pista son redondiñas e estalan... Que son? Claro, as burbullas de Xabón!! 


O podes ver polo miudo neste MEMORY que estaba no experimento das burbullas
Xa o coñeces, pero podes volver xogar premendo na foto.

 Tamén se crea esa irisación cando a luz branca do sol atravesa a auga da mangueira ao regar...so hai que ter un pouco de sol e a paciencia de buscar o ángulo onde este se vexa.
.

Que maís cousas se che ocorren onde poda sair ? 
Preme na foto de enriba e mira se os que alí están coinciden cos que tí pensaches.Incribleo que sabes xa sobre a luz e os Arcos da vella. Serás quen de atopar os que son igual co modelo? 




Queres colorear a NEWTON?


Este exame é para nen@s máis maiores, pero por se o queredes facer xuntos, queda aquí o enlace. Hai que ler as preguntas, pero de seguro que sabes moitas das respostas.


Un arco da vella xa o sabes facer, verdade? Pero que che parecen esta variedade tan chula deles? Se premes na imaxe levarache ata a páxina do blogue.

Pero tes máis propostas para crear arcos da vella aquí. (Non lles mandedes correos)



Non esquezas pasar polo PADLET: 
da 415 at a 421



venres, 3 de abril de 2020

🌈💖SEMANA SUPERADA💖🌈

 Fixéstelo!!
Pasou a semana a toda cor. Como Arco da Vella  que mandou Mario G para animarnos a tod@s un pouco!!

Veña, veña que xa é venres!! Temos moitas cousiñas por que nos estamos preparando para deixarvos diversión en vacacións. Pero antes. Cómo vai o noso 

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6?

Temos novas recentes do experimento do OVO SALTÓN. Hoxe teríades que quitalo do frasco os que o puxestes o mércores. Os demáis aínda estades en tempo 😉.Polo de pronto aquí está a primeira achega notificada:

Se queres saber máis preme na foto.
 Non esquezades enviar os resultados dos vosos!!
E que tal van as FABAS de 🌿🌱SEMENTANDO🌱🌿?
 Algúns xa as puxeron na ventana o mesmo día. Qué tal medrarían?
 
preme nas fabas e verás as fotos novas Abaixo

Pois, veña, mans á obra. P
ropoñémosvos profundizar nas vosas emocións nestas datas. Xa sabedes que os demáis prefeiren que esteamos contentos, pero non semre pode ser así, claro. Temos unha chea de emocións no noso corpo:


Como no PADLET non cabía todo aquí quedan algúns recursos máis. Empezamos polo conto para que non teñas que ir buscalo de cada vez😉




No PADLET tes moitos recursos colgados para que podas pasar varios días xogando e divertíndote mentras aprendes a descubrir que sentes ti e os demáis da casa. E cómo podes facer para sentirte mellor.  


Non esquezas facer de cando en vez unha ficha, que precisamos ter a man entrenada para poder crear o que nos gusta. Deixovos algunha para non perder os bos costumes. 
Marchando  unhas de mates de monstros confusos:


 A estes mellor ponlle tí as cores. Sabes cal é cal?



Animaste a xogar con este dado de emocións? Podes descargalo e imprimilo ou pegarlle tí os mostros a un que xa teñas feito.
A este lle podes por tí a cor

 Quedan aquí os debuxos para poder imprimilos e pegar no dado ou onde queras.

Antes de deixarvos ir tranquiliñ@s de vacacións, unhas recomendacións. Ademáis de para bicar, apertar, e mimar a tódolos que vos arrodean...Aproveitade para botarlle unha ollada ós  outros blogues do CRA, teñen cousas moi chulas tamén. Pero sobre todo...Desfrutade!!!!
Á volta, con sorte, algúns xa teredes unha chea de desexos nos botes, unhas fabas medrando e o recordo dos ovos saltaríns. Compartide connosco o que queirades...

Moitísimos bicos virtuais  !!
🌈🤗💖✨🧡💛💚💙💜🤎🖤






xoves, 2 de abril de 2020

ADIANTE, QUE XA ESCAMPARÁ!!🌦🌈🌞

Que chova!!🌦
Nunca choveu que non escampara é un dito moi noso. E ademáis é certo, xa o levan dicindo @s avo@s denden vai séculos. Así é PRIMAVERA, moi de chover e moi de arcos da vella 🌈. E moi de ovos de Pascua tamén. Por certo, sabedes que puxo un Ovo?
PREME na imaxe. Seguro que hai o que ti cres.

Pos sí, a mesma. Lembrades o conto?  Pois ahí vai por se acaso.


Chulísimo, verdade?
Olla cantas actividades tes para lembrar o conto:
 Podes lelo en castelán ( presta atención a ver se notas qué é diferente nesta versión)


Sii, 🤣🤣🤣 teñen outros nomes. Marjorie nesta chámase...Macarena, pero e o pitiño?
🐣

Podes descargar o conto para colorealo premendo na imaxe de abaixo:


Xogar co LIM


E facer estes xogos interactivos. Se premes na esquina con frechas vermellas abrirache en grande e o verás mellor.




Este de LETRAS é todo un reto:



Aínda queda outro máis. Atréveste? Uhna sopa de letras. SUPERDIFÍCIL, asi qeu se non podes, non pasa nada. Pide axuda.

Non te vaias sen lle botar unha ollada ao  PADLET NON PERDAS O RITMO.
 Temos moitas máis cousas alí. 
Hoxe escollémola cor do día como  LILA  igual que o xoves pasado, a que sí?


xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES EN PRIMAVERA!! 🌞🌻🌿🌱

Un minutiño...Xa é xoves? 
E con sol?🌞 Incríble!
Hoxe temos unha chea de recursos que compartir. Comezamos?


O primeiro felicitarvos a tod@s os que fixeches onte o experimento


Sairon moi guai!!Grazas por compartilas!!💖

Se queredes velas máis paseniñamente podedes premer nelas. Levarante ata a entrada do experimento⚗💧 que é onde están metidas.

Tamén podedes ver o experimento con Pementa que fixeron na casa de Sabela. Está total!!
Preme na foto
Hoxe falamos da Primavera, lembramos o saúdo ao sol que coñecíamos. VISITAMOS OS BLOGUES de Orientación, Audición e Linguaxe e Biblioteca. Así que podes ler uns contos, facer unha ficha e  xogar online coas estacións.
 Casi nada!!

Para facer todo iso tedes que pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é LILA 
Esta é a flor que se chama LILA

a cor que ás veces confundimos coa VIOLETA
Esta flor chámase VIOLETA
A que xa o sabías?