domingo, 27 de maio de 2012

PREMIOS E AGASALLOS

Tanto traballiño da resultados, claro que sí.
Por iso esta semana recollemos este premio ao noso blogue:

E tamén un que xa levamos para casa.
 Un  premio  moi especial polo traballo realizado cos nosos marcapáxinas para o concurso das letras galegas, recollido das mans da nosa alcaldesa Alejandra, e da nosa mascota Cristovo:


Non todo ía a ser festa así que pasamos unha mañá caseque enteira plantando a nosa horta.
 As plantas, sementes e terra as trouxeron os propios nenos e nenas das aulas, e de saíres todo,  teremos unha horta espectacular, vede, vede…





Os encargados desta semana, e dos tres días da anterior, foron
NEREA, JULIA, ALBA e ANTÓN.
e a AXUDANTE o día da foto foi CARLA, que xa posa como unha profesional dos medios.


Por último lembramos o conto co que pechamos a semana e que nos trouxo a profe ISA dende a BIBLIOTECA do CRA: 
Moncho e a Mancha de KIKO da Silva 
e que  os nenos do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra), rapearon. Vede qué chulísimo lles quedou!!!









domingo, 13 de maio de 2012

¡¡ESTAMOS NAS NUBES!!

Comezamos a semana rematando a nosa 
para colaborar no día das Letras Galegas cos Coles de toda Galicia.
 E nos quedou así de chula:


Tan satisfeitos quedamos que non dubidamos es poñela como fondo de escritorio do ordenador da aula, e luce xeitosísimo na PDI.


Tamén rematamos as SPACESHIPS que xa están voando polas nosas casas e das que poderedes saber máis vendo o blogue de CRA in English.


Durante a semana as nubes seguiron connosco e o tempo estivo revolto varios días así que fixemos uns recitais espontáneos onde tod@s tiveron ocasión de participar:


Tamén nos deu tempo a facer un novo concurso de letras e debuxos entre grupos. A verdade que foi do máis divertido ...



 para tod@s


Depois dunha longa e axitada semana chegou ahora de Biblioteca.
Nesta ocasión entre os libros escollidos destacamos un ilustrado por 
O neno que robou a lúa.

Veredes como entre nubes rematamos tamén a semana.

domingo, 6 de maio de 2012

NAI SO HAI UNHA...

Nesta semana rematamos varios traballiños:

Un novo MARCAPÁXINAS nesta ocasión para comemorar o día das letras galegas que está a piques de chegar...


Podedes saber máis del consultando no 


Unha viaxe moi especial foi a que fixo THEO. Atopouse cun artista digno de aparecer no blogue PINTUREIRO. De certo que non é un artista corrente, é Pablo, un paxaro pintor. Vede a obra mestra que nos trouxo Theo.



María, a profe de Música  presentounos  un novo amigo moi divertido co que tocamos o piano. 
¿ Non o credes?
 É o Bemol Pispante, védelo aquí.




Rematamos toooodas as Cápsulas do tempo.
 Xa está listas para se encher:


A profe ISA, trouxo da Biblioteca un conto moi, pero que moi especial. Trata sobre unha persoa única para cada un de nós:


E a esas persoas especiais vai adicado este vídeo:


Os encargados da boa orde da semana foron:
LUIZ, JAIRO, THEO e HUGO .


E a axudante o día da foto foi Nerea, que posou así de relaxada:


martes, 1 de maio de 2012

VINDEIRA ESTACIÓN: AULA DOS CADRADOS

A risco de parecer unha aula de larpeiriñ@s, atrevémonos a dicir que o máis destacado da semana para tod@s nós  chegou o luns en tren.
 Cun xefe de estación propio
HUGO


Para ver qué cousa máis chula de tarta e celebración vede este vídeo de aniversario que lle preparamos ao noso compañeiro...


O día 23 tamén foi un día culturalmente importante no cole. Foi o día do libro e o celebramos facendo un "Punto de libro" ou marcapáxinas coa forma do seu nome: un punto. A verdade e que quedou ben gracioso, ¿non sí?


O tempo non acompañou moito, e só houbo un día de recreo na herba. 
Veredes o que atopamos...O refrán podería cambiar e ser: 
En Abril, cogomelos mil.


Seguimos a traballar para a nosa CÁPSULA do TEMPO, xa lle estamos a dar os últimos recortes para empezar a enchela de lembranzas do curso.



Da boa marcha da clase encargáronse nesta ocasión:
CARLA, MIRIAM, PAULA e ANTÓN.
Así de serios e formais posaron para as fotos.


O AXUDANTE o día da foto foi DANIEL que estaba coa cabeza noutra parte, a verdade era esa, pero cumpríu moi ben coas súas obrigas ata o momento de se ir voando de viaxe...


¡Boa semana, chic@s!