Tanto traballiño da resultados, claro que sí.
Por iso esta semana recollemos este premio ao noso blogue:
E tamén un que xa levamos para casa.
Un
premio moi especial polo traballo realizado cos nosos marcapáxinas para o concurso das letras galegas, recollido das mans da nosa alcaldesa Alejandra, e da nosa mascota Cristovo:
Non todo ía a ser festa así que pasamos unha mañá caseque enteira plantando a nosa horta.
As plantas, sementes e terra as trouxeron os propios nenos e nenas das aulas, e de saíres todo, teremos unha horta espectacular, vede, vede…
Os encargados desta semana, e dos tres días da anterior, foron
NEREA, JULIA, ALBA e ANTÓN.
e a AXUDANTE o día da foto foi CARLA, que xa posa como unha profesional dos medios.
Por último lembramos o conto co que pechamos a semana e que nos trouxo a profe ISA dende a BIBLIOTECA do CRA:
Moncho e a Mancha de KIKO da Silva
e que os nenos do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra), rapearon. Vede qué chulísimo lles quedou!!!
¡¡Noraboa polo premio cadradiños!! Traballéchedes moito esta semana ¿eh? Alégrame que esa hortiña vosa vaia collendo corpo xa e axiña poidamos ver como nacen todas esas sementes. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminarCongratulation!!!Good work!!Estou desexando que esa hortiña dea froitos. Eu apúntome a colleitar convosco. Biquiños e ata thursday!
ResponderEliminarDende logo que estes chic@s traballan moito e por iso logo levan premios, que ben, noraboa!!!!
ResponderEliminarNoraboa a estes nen@s e mestras xardineiras!!!
ResponderEliminarPero qué traballadoriños sodes!! Ides ter unha producción do máis variada! Por certo...ese rap do conto de Moncho e a mancha...é total!! Parabens por todo!!
ResponderEliminarA ver que sale desa horta, hai que compartir....Co traballiño que deu ir a plantar, verdade profe? Biquiños.
ResponderEliminar