A risco de parecer unha aula de larpeiriñ@s, atrevémonos a dicir que o máis destacado da semana para tod@s nós chegou o luns en tren.
Cun xefe de estación propio
HUGO
Cun xefe de estación propio
HUGO
Para ver qué cousa máis chula de tarta e celebración vede este vídeo de aniversario que lle preparamos ao noso compañeiro...
O día 23 tamén foi un día culturalmente importante no cole. Foi o día do libro e o celebramos facendo un "Punto de libro" ou marcapáxinas coa forma do seu nome: un punto. A verdade e que quedou ben gracioso, ¿non sí?
O tempo non acompañou moito, e só houbo un día de recreo na herba.
Veredes o que atopamos...O refrán podería cambiar e ser:
En Abril, cogomelos mil.
Seguimos a traballar para a nosa CÁPSULA do TEMPO, xa lle estamos a dar os últimos recortes para empezar a enchela de lembranzas do curso.
Da boa marcha da clase encargáronse nesta ocasión:
CARLA, MIRIAM, PAULA e ANTÓN.
Así de serios e formais posaron para as fotos.
O AXUDANTE o día da foto foi DANIEL que estaba coa cabeza noutra parte, a verdade era esa, pero cumpríu moi ben coas súas obrigas ata o momento de se ir voando de viaxe...
¡Boa semana, chic@s!
Desde que Cheeky Monkey leu no voso blogue o da cápsula do tempo, non para de lle dar voltas á cabeciña "little head" e dis que se vai meter el en cada unha. Non sei como fará. Kisses.
ResponderEliminarAqui @s cadradiñ@s pensamos que Cheeky merece a súa propia cápsula do tempo.Non queremos encerrar a Cheeky na cápsula, chegaríanos cunha foto!!!Biquiños aos dous.
EliminarMenuda semana pasada máis axetreada, verdade?
ResponderEliminarO certo é que traballan moito e moi ben estes cadrados, en breve prométovos o traballiño musical para a vosa cápsula do tempo, biquiños!
¡Gústame moito coma vos quedaron os marcapáxinas! E polo que vexo as cápsulas do tempo xa van collendo xeito ¿non si? ¡Unha aperta cadradiños e vémonos mañá!
ResponderEliminar