domingo, 22 de abril de 2012

PANCAKES, RETRATOS E BOLBORETAS.

Din que en "ABRIL AUGAS MIL", e neste vai ser que é certo...
Pero tamén é o comezo do ciclo das Bolboretas...


Para celebralo fixemos o baile das bolboretas que a profe María nos aprendeu na clase de música.
¡O facemos estupendamente ben!



Seguimos co noso traballo de Arte e non nos olvidamos do noso propio retrato, eso si, "Warholeado".
Vede que chulos quedaron:


Pronto poderedes ver máis cousas dos traballos de Warhol no apartado SOMOS ARTISTAS.

Sin os encargados a clase non funcionaría.
 Nesta ocasión os que fixeron esta laboura foron, como diría a profe Cova, un "girl team":
ARIANNA, ALBA, NEREA e JULIA,
que o pasaron así de ben...



E o Axudante o día da foto foi LUIZ, que xa é un profesional do cargo:


Pero do que máis contentos quedaron nesta semana foi da visita de María, a nai de Dani, que nos veu facer unha sobremesa ou postre
 ¡¡¡ en directo !!!
Unhas fabulosas tortitas ou pancakes, como ben nos contou ela. 
O primeiro é a receita que nos preparou...


E despois o vídeo da elaboración e degustación do manxar... 
(Poñédevos cómod@s que dura un bo anaco.)




Dende os Cadrados lle queremos dar as grazas por  todo: a súa  paciencia, o enfoque pedagóxico do obradoiro, toda a preparación na casa, e todo traballiño que lle levou.
¡¡¡Grazas, María!!!




Por último, se queredes ver o vídeo da canción PANCAKES de Charity and the JAMband, que acompañou o vídeo das tortitas, aquí o tedes, non o perdades, que está ben gracioso...



8 comentarios:

  1. Teño que decir que eu estiven presente pero non probei as tortitas, debían estar tan ricas que non deixaron nin as migas. A mamá de Dani unha profe de cociña 10, o fixo como se fose unha experta e amoldándose perfectamente aos nenos, foi xenial...

    ResponderEliminar
  2. Xenial ese video da canción, claro que vos acompaño no baile, todo un pracer facelo, abofé que sí....biquiños e noraboa polos vosos retratos e traballos da semana!!!!

    ResponderEliminar
  3. Bonitos retratos, e warholeados e todo!! E esas tortitas... mmmmm quen as pillara pero, polo que se ve, non quedaron nin as migas. Biquiños dos silvosiños!!

    ResponderEliminar
  4. Que ben o pasáchedes e canto aprendéchedes no obradoiro de cociña grazas á nai de Dani ¿verdade?. E os vosos retratos, que xa vin en directo o outro día, quedáronvos moi bonitos. ¡¡Unha aperta cadradiños!!

    ResponderEliminar
  5. Cheeky Monkey está emocionado cos vosos retratos warholeados, vaivos preguntar mañá como fixestes.Por certo, despois de ver o vídeo dos "pancakes" fíxome cociñarse uns a min na casa. Que larpeiriño é! Bicos cadradiñ@s, see you!

    ResponderEliminar
  6. Qué chulada de retratos warholianos!!! E que podo dicir das riquísimas tortitas?!!!??? Noraboa cadradiños! Aprendedes moito e iso nótase ben!

    ResponderEliminar
  7. Encántanme os vosos retratos sodes uns artistas!!!
    Moitas grazas por todo cadradiñ@s!!!!E tamén a Silvia e a Eva....a verdade e que o outro día paseino XENIAL!!!!
    Unha aperta moi grande

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por as tortitas o sirope e o comentario. Invitámosche a voltar cando queiras.Aquí pensamos que María é moi guapa e divertida. ( Por aclamación popular!!!)

      Eliminar